Antón Fortes Torres
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Sarria, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, profesor de ensino secundario |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego Compromiso por Galicia |
Antón Fortes Torres, nado en Sarria en 1957, é un escritor, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coímbra e Lisboa. Pertenceu ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Isidro Novo e Lois Diéguez. Colabora habitualmente na revista Xistral.
Actualmente forma parte do Grupo Poético das Lupercais (Lugo).
Carreira política
[editar | editar a fonte]Foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999,[1] e quinto nas listas desa formación en 2003.[2] Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia,[3] e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia.[4] En novembro de 2014, foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015,[5] sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Figuras masculinas de meio-corpo, 1997, Espiral Maior. Premio Legais no 2001. 2ª ed., Chan da Pólvora, 2020.
- Sexto Fetiche, 2001, edición de autor.
- Gris cinza, 2005, eDixital.
- Ansia (Balbúceos), 2010, eDixital.
- Ofelia sen dó, 2019, Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo (eds.).
- Gris cinza / Barbárie, crisântemos e um Urbano Lugrís, 2022, Através Editora.
- Trânsito, 2024, Chan da Pólvora.
Prosa
[editar | editar a fonte]- Caderno de animalista, 2008, Oqo Editora.[6]
- Fume, 2008, Oqo Editora.[7]
- Á sombra dos anacardios, 2010, Oqo Editora.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A cabra boba, de Pep Bruno, 2006, Oqo Editora.
- Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic, 2006, Oqo Editora.
- A boneca e a castañeira, de Roberto Aliaga, 2008, Oqo Editora.
- A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano, a partir do conto tradicional, 2009, Oqo Editora.
- Os mil brancos dos esquimós, de Isabel Minhós Martins, 2009, Oqo Editora.
- A sopa queima, de Pablo Albo, 2009, Oqo Editora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O segredo da lanterna verde, 2009, Xunta de Galicia. Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Xelís de Toro.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Legais no 2001 por Figuras masculinas de meio-corpo.
- II Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2008 (Ministerio de Cultura) por Caderno de animalista.
- Premio The White Raven 2009 por Fume.
- V Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2016 por Ofelia sen dó.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El BNG está satisfecho de que Fortes se posicione al margen del partido" El Progreso, 14 de abril de 2011
- ↑ ""O BNG sarriao incorpora a varios independentes" La Voz de Galicia, 7 de abril de 2003". Arquivado dende o orixinal o 22/04/2015. Consultado o 10/04/2015.
- ↑ "Independientes de Galicia da el golpe en Sarria, La Voz de Galicia, 12 de abril de 2011
- ↑ "El portavoz de IG invita a Fortes a abandonar el grupo" El Progreso, 23 de setembro de 2013
- ↑ ""Antón Fortes, único candidato nas primarias abertas de Compromiso por Galicia en Sarria", Compromiso por Galicia". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ "Taccuino di un animalista". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Humo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ asociacionescritoras-es (14 de decembro de 2016). "Danse a coñecer as obras gañadoras do V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 12 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antom Fortes Torres na páxina web da Biblioteca Virtual Galega (BVG).