Polafías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Reigosa, coordinador do proxecto

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co propósito de recuperar e pór en valor a literatura galega de tradición oral. O proxecto está coordinado por Antonio Reigosa, vogal de literatura de tradición oral, e conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.

O termo polafía é un neoloxismo que pretende englbar os diferentes matices e acepcións de termos como polavilas, fías, fiadas, fiandóns ou seráns, referidos ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais. O proxecto válese de tecnoloxías como aparellos de gravación que favorecen o arquivo e estudo do recompilado e medios como Internet para darlle difusión.

O formato das polafías, duns 90 minutos, require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introduce e comenta as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Non obstante, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores etc., veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]