Isaak Babel
Isaak Babel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de xuño de 1894, 13 de xullo de 1894 e 12 de xullo de 1894 |
Lugar de nacemento | Odesa |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1940 |
Lugar de falecemento | Butyrka prison |
Causa | ferida por arma de fogo |
Soterrado | Donskoe cemetery |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Etnia | Ukrainian Jews |
Alma máter | Kyiv National Economic University named after Vadym Hetman |
Ocupación | tradutor, xornalista, guionista, dramaturgo, escritor, prosista, editor colaborador, correspondente de guerra, militar e director de cinema |
Cónxuxe | Antonina Pirožkova |
Coñecido por | Red Cavalry |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isaak Emmanuilovich Babel, en ruso Исаак Бабель, nado en Odesa en 1894 e finado en 1940, foi un xornalista e escritor ruso.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado no seo dunha familia xudía, sobreviviu ao pogrom de 1905 grazas á axuda dos seus veciños cristiáns que agocharon á súa familia, malia iso o seu avó foi un dos 300 xudeus mortos.
Debido á influencia dos seus profesores de francés, Babel descubriu a Flaubert e Guy de Maupassant e mesmo escribiu os seus primeiros relatos en francés. En 1915 trasladouse a San Petersburgo onde coñece a Gorky, quen lle publica algúns dos seus relatos na revista literaria Летопись (Letopis), aínda que os censores consideraron pornográfica unha das súas historias, polo que o acusaron de violar o artigo 1001 do código penal.
En 1920 durante a guerra civil rusa foi asignado como xornalista ao exército de Semyon Budyonny, e foi testemuña da fracasada campaña por levar o comunismo fóra de Rusia, o Exército Vermello chegou ata Varsovia, pero axiña tivo que se retirar. Esta experiencia está na base de Cabalería vermella (1924), a descrición das brutalidades da guerra, lonxe do romanticismo revolucionario e que o levou a enfrontarse con sectores do Partido Comunista. De volta a Odesa escribe historias onde describe a vida do gueto xudeu da cidade, antes e despois da revolución. En 1930 Babel percorre Ucraína, onde queda impresionado pola brutalidade da colectivización. En 1939 as autoridades soviéticas detéñeno acusado de espionaxe, e o 27 de xaneiro de 1940 foi axustizado na prisión de Butyrka.
Logo da morte de Stalin, Babel foi exonerado de todos os cargos contra el.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isaak Babel |