Ilona Staller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilona Staller
Ilona Staller, 2009 (cropped).jpg
Nome completoAnna Ilona Staller
AlcumeCicciolina
Nacemento26 de novembro de 1951
 Budapest
NacionalidadeHungría e Italia
Ocupaciónactriz porno, política, cantante, modelo, actriz de cinema, directora de cine, artista discográfico e locutor de radio
CónxuxeJeff Koons
editar datos en Wikidata ]

Ilona Staller, pseudónimo de Elena Anna Staller, nada en Budapest o 26 de novembro de 1951, é unha política, cantante e actriz pornográfica húngara nacionalizada italiana.

Coñecida co apelativo de Cicciolina, é famosa por ser a primeira actriz de cinema para adultos en todo o mundo que foi elixida deputada da Cámara de Deputados pola lista do Partido Radical.

Traballou tamén na radio, na televisión e na música.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Ilona naceu no distrito de Pest, en Budapest (Hungría). O seu pai era un funcionario do Ministerio do Interior húngaro e a súa nai unha comadroa chamada Ilona.[1] Na súa autobiografía afirmou que sufrira abusos sexuais aos 10 anos e que fora violada por un mozo aos 14.[2] Á idade de 13 anos comezou a traballar na axencia de modelos húngara M.T.I.[3]

Máis adiante, segundo as súas memorias, mentres traballaba como camareira nun hotel de Budapest, os servizos secretos húngaros captárona para que espiase empresarios e políticos estadounidenses aloxados no hotel.[4] «Debía ir aos seus cuartos, facerlles falar e fotografar os documentos que atopaba na súa equipaxe», dixo nunha entrevista.[5]

Pornografía e mundo do espectáculo[editar | editar a fonte]

Aos vinte e cinco anos, casou cun cliente italiano do hotel, chamado Salvatore Martini, adquirindo a cidadanía italiana e establecéndose en Roma.[4] Alí coñeceu o produtor de cinema erótico Riccardo Schicchi[6] co que presentou en 1973 un programa de radio chamado Voulez-vous coucher avec moi? ("Queres deitarte comigo?") na emisora privada Radio Luna. Tratábase dun programa cun erotismo espontáneo e explícito, unha idea revolucionaria nese momento, con chamadas telefónicas dos ouvintes. Unha voz feminina interactuaba con eles aos que denominaba «cicciolini» e «ciccioline». A voz era a de Elena Anna, que empregaba o pseudónimo de Ilona Staller, nome coa que sería coñecida en diante. De alí naceu o alcume de «cicciolina», un diminutivo afectuoso que significa en italiano coloquial «querida» ou «queridísima, dito dende a tenrura, dende o fondo do corazón».[7][8]

Comezou a aparecer en filmes dende 1974 baixo o pseudónimo de Elena Mercury. A partir do filme A liceale (1975), dirixida por Michele Massimo Tarantini, foi acreditada como Ilona Staller. Nese filme interpretaba o papel de Mónica, unha alumna lesbiana que se namora da protagonista (interpretada por Gloria Guida). Tamén obtivo papeis en dous filmes de autor, dirixidos por Alberto Lattuada e Miklós Jancsó. En 1976 introduciu por primeira vez en Italia o espido integral nun lugar público, unha discoteca.[9] En 1979 chegou á televisión, participando en C'era due volte, programa da Rai 2 conducido por Enzo Trapani,[6] onde bailaba e cantaba só cuberta con veos. Os seus seos foron os primeiros en ser expostos en vivo na televisión italiana.[7]

Staller apareceu no seu primeiro filme de porno duro, Telefono rosso en 1983, producido por Diva Futura, compañía que fundou con Schicchi. Esta foi a primeira axencia de casting e produción en Italia especializada en pornografía e que lanzou á fama actrices como Moana Pozzi, Jessica Rizzo, Éva Henger e Barbarella, entre outras.[10] En 1985, realizou o primeiro espido integral feminino na televisión española, na gala de fin de ano ¡Viva 86!.[11]

En 1986, aparece en Cicciolina Number One,[12] filme controvertido que posteriormente lle causou problemas. «(...) En moitas páxinas dicíase que eu tivera sexo cun cabalo. Iso é completamente falso, é unha barbaridade. Fixen un filme que todo o mundo pode ver en internet (...). Ao fondo hai outra actriz tendo sexo cun cabalo, pero non son eu, evidentemente».[8] A actriz á que alude Staller era a actriz porno Denise Dior, que aparece realizando unha felación a un cabalo.

As súas memorias foron publicadas no libro Confessioni erotiche dei Cicciolina en 1987. Ese mesmo ano apareceu en Carne bollente, coprotagonizado por John Holmes. O filme causou máis tarde un gran rebumbio cando se revelou que Holmes dera positivo na proba do VIH antes de aparecer nel.[13] O seu último filme pornográfico foi Passione indecente (Luna Park dell'amore), rodado en 1991.

Staller apareceu espida nas edicións de Playboy de varios países. A primeira foi na Arxentina en marzo de 1988. Outras aparicións para a revista foron nos Estados Unidos (setembro de 1990), Hungría (xuño de 2005), Serbia (xullo de 2005) e México (setembro de 2005).

Tralo abandono do xénero pornográfico, en 1994 interpretou o papel dunha stripper en Replikator e dous anos máis tarde, en 1996, participou nalgúns episodios da telenovela brasileira Xica da Silva, interpretando unha cortesá italiana que se facía pasar por unha princesa que recollía fondos para construír un convento, aínda que a súa intención era estafar.[3] En 2008, concursou na versión arxentina de Strictly Come Dancing, chamada Bailando por un sueño,[14] programa que tivo que abandonar tras sufrir unha fractura de costela.[15]

Procesos xudiciais[editar | editar a fonte]

En 1991, casou co artista estadounidense Jeff Koons. Xuntos tiveron un fillo, Ludwig, en 1992. Ese mesmo ano separáronse e divorciáronse en 1994 en Nova York[16][17] e catro anos máis tarde, en 1998, o seu divorcio foi confirmado por un tribunal italiano.[18] Koons recibiu a custodia de Ludwig. Un xuíz ordenou que o neno permanecese en Nova York, mais en xuño de 1994 Staller evadiu os gardas de seguridade de Koons e fuxiu a Italia co neno.[17]

A actriz emprendeu unha batalla legal para asegurar a custodia do fillo da parella, litixio que finalmente foi asignado a un tribunal italiano. Con todo, Staller foi sentenciada a oito meses de prisión por secuestrar o seu fillo nos Estados Unidos e levalo a Italia. Para este caso, presentouse unha demanda contra Ilona Staller por danos morais, promovida por Koons, que solicitou seis millóns de dólares en 2008.[6]

Posteriormente, Staller encargou a súa defensa ao avogado Luca Dei Carlo, que se fixo famoso co apelativo «Avvocato do Diavolo» ("avogado do diaño"),[19][20][21][22][23] contra o exército de avogados do seu exmarido. Dei Carlo conseguiu a vitoria no histórico xuízo do dereito penal internacional de Ilona Staller, que tamén foi absolta polo Tribunal de Apelación de Roma das acusacións de impedir ao exmarido reunirse co seu fillo, e tivo a vitoria tamén sobre a demanda millonaria de indemnización promovida por Jeff Koons en 2008,[24][25] pechando definitivamente a histórica batalla xurídica internacional polo secuestro internacional de menores nos Estados Unidos.[23]

En 2009, Staller interpuxo unha demanda de indemnización de 30 millóns de euros contra Sky Cinema polo uso ilegal da personaxe de Cicciolina na miniserie Moana.[26]

En 2014, a actriz sufriu en Roma o roubo de toda a súa colección privada de material histórico e artístico a partir de 1974 referido a Staller, á personaxe de Cicciolina e tamén co artista Jeff Koons, Moana Pozzi e varias outras personaxes.[27]

En 2015, Staller decidiu iniciar un proceso contra o Parlamento italiano, que tiña por obxecto a súa indemnización parlamentaria. Tras unha sentenza estadounidense da Corte Suprema de Nova York, vinculada ao estadounidense Jeff Koons, estableceuse en Italia un recurso para conxelar a indemnización parlamentaria da actriz Staller. Con todo, o avogado de Staller conseguiu anular as accións orixinadas pola sentenza do Tribunal Supremo de Nova York, polo que solicitou á Cámara de Deputados, á Mesa da Presidencia da Cámara de Deputados, á Secretaría Xeral da Cámara de Deputados e ao Parlamento que devolvesen a indemnización a Staller.[28]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Staller ocupouse en varias ocasións da política, falando sobre temas de actualidade en entrevistas e nos espazos radiofónicos. En 1979, Staller foi presentada como candidata ao Parlamento italiano pola Lista del Sole, o primeiro partido verde de Italia, pero non logrou resultados significativos.

En 1985, cambiou ao Partido Radical, loitando contra a enerxía nuclear e a pertenza á OTAN, así como polos dereitos humanos. Foi elixida deputada na décima lexislatura do Parlamento italiano en 1987, con preto de 20000 votos, resultando segunda nas listas do Partido Radical.[6] Mentres ocupaba o cargo, e antes de que comezase a guerra do Golfo, ofreceuse a ter relacións sexuais co líder iraquí Saddam Husayn a cambio da paz na rexión.[29] «Era algo innovador: ninguén pensaba así do amor, do sexo, da natureza. Ninguén facía política co corpo», lembrou nunha entrevista en 2017.[8]

Ilona Staller na manifestación do Partido Radical en Roma contra as prohibicións (1989)

En 1991, Staller, xunto coa actriz porno Moana Pozzi, foi candidata polo Partito dell' Amore ("Partido do amor"), fundado por Riccardo Schicchi e Mauro Biuzzi, mais desta vez non foi elixida.[30][31] A pesar diso, continuou a súa actividade política loitando pola liberdade sexual dos presos, contra todas as formas de violencia e censura, contra o uso indiscriminado de animais para experimentos científicos, pola despenalización das drogas e, finalmente, pola promoción da educación sexual nas escolas e campañas de información sobre os perigos da SIDA, así como pola paz no mundo.[32]

En xaneiro de 2002, presentouse ás eleccións ao Parlamento húngaro como deputada independente polo distrito industrial de Kőbánya en Budapest, mais obtivo moi poucos votos.

En 2004, anunciou que tiña plans para presentarse á alcaldía de Milán e de facer deste un «lugar interesante», convertendo o Castelo Sforzesco nun casino.[33][34] En abril de 2006 fixo a Osama bin Laden a mesma oferta que no seu momento fixera a Saddam Husseín: «Estou disposta a facer un trato. El pode terme a cambio de rematar coa súa tiranía».[35]

O 27 de setembro de 2011 anunciou que quería presentarse á alcaldía de Monza cunha proposta similar, fundando un partido «optimista e futurista». Prometeu facer, no caso de que gañase, a cidade «máis emocionante», así como transformar a villa real nun casino;[36] con todo, a chamada lista Libertari non alcanzou o éxito esperado.[1]

En setembro de 2011, revelouse que Staller tiña dereito a percibir unha pensión anual de 39 000 euros do Estado italiano polos seus cinco anos no parlamento do país.[37] En resposta á polémica exposta pola noticia, STaller, que comezou a recibir a pensión en novembro de 2011, cando cumpriu 60 anos, declarou: «Gañeina e estou orgullosa dela». Afirmou que durante os seus cinco anos no Parlamento presentara doce proxectos de lei que incluían medidas para introducir a educación sexual nas escolas, realizar visitas conxugais aos reclusos e prohibir a vivisección.[37]

En 2012, Staller fundou o partido Democrazia, Natura, Amore (DNA). Os seus obxectivos incluían a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a reapertura de antigos bordeis («casas pechadas»), un salario mínimo garantido para a xuventude, melloras no poder xudicial e a eliminación dos privilexios da rica «caste» política.[38][39]

Tamén foi nomeada, a proposta do escritor e bloguero Luca Bagatin, ás eleccións administrativas en Roma os días 26 e 27 de maio de 2013 pola lista dos Republicanos e Liberais. A lista dos Liberais non conseguiu un gran consenso, obtendo só o 0,08 % dos votos e non logrando así entrar no concello de Roma.[40]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Staller gravou varias cancións, na súa maioría de presentacións en vivo, con letras case sempre enfocadas no sexo e cantadas cunha melodía simple, tendo como obxectivo transgredir as normas morais. A súa canción máis famosa é "Muscolo rosso", unha canción enteiramente dedicada a il cazzo («o pene», en italiano). Debido ao seu uso extensivo de blasfemias, a canción non puido ser lanzada en Italia, mais converteuse nun éxito noutros países, especialmente en Francia. A canción gañou unha gran popularidade na era de internet, cando moitos italianos puideron escoitala por primeira vez.

Varias cancións inéditas foron gravadas durante o seu período na RCA e o período da axencia Diva Futura. Algunhas destas cancións inéditas foron empregadas posteriormente durante os seus programas de televisión, actuacións en vivo ou como bandas sonoras nos seus filmes pornográficos.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

A banda británica Pop Will Eat Itself lanzou unha canción titulada Touched by the Hand of Cicciolina ("Tocado pola man de Cicciolina")[41] como tema non oficial da Copa Mundial de 1990. A canción acadou o número 28 nas listas de sinxelos do Reino Unido. Tamén a banda de pop industrial dos noventa Machines of Loving Grace, rendeu homenaxe á Cicciolina no seu primeiro álbum e puxo o seu nome a unha canción.[42]

En 2013, a supermodelo Miranda Kerr protagonizou unha sesión de fotos para a revista V caracterizada como Cicciolina.[43]

O grupo chileno Los Peores de Chile, no seu disco homónimo de 1994, lanzaron unha canción titulada "Cicciolina".

En 2020, a cantante finlandesa Erika Vikman participou no concurso Uuden Musik Kiilpaliu 2020 cunha canción chamada "Cicciolina". Finalizou en segundo lugar e non logrou a clasificación para o Festival de Eurovisión 2020.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1979 - Ilona Staller
  • 1988 - Muscolo rosso
  • 1988 - Sonhos Eróticos
  • 1989 - Kebelbarátság
  • C'era due volte
  • Diamante
  • Fantasy
  • San Francisco Dance

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ilona Staller, Cicciolina amore nostro". MYmovies (en italiano). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  2. "Ilona Staller Biography". Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "CICCIOLINA, ACTRIZ DE TELENOVELA". El País. Reuters. 26 de maio de 1997. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Gilioli, Alessandro (19 de abril de 2007). "Cicciolina forever". L'Espresso (en italiano). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  5. "La actriz Cicciolina vuelve al cine porno a los 64 años". 20 minutos. 21 de xuño de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Casiraghi, Claudia (23 de setembro de 2014). "Biografia di Ilona Staller". Cinquantamila.it (en italiano). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "Ex-porn star La Cicciolina and the divorce from hell". BelfastTelegraph.co.uk (en inglés). 29 de maio de 2008. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Urraca, Sabina (18 de xaneiro de 2017). "¿Qué fue de Cicciolina? Hablamos con la ex actriz porno y política de 65 años". El País (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  9. Fernando Fratarcangeli, 100 dischi d'oro. Piccola storia della musica pop attraverso i cento 45 giri più rari della discografia italiana, Roma, Coniglio editore, 2003.
  10. "Murió el "emperador" de la pornografía". Infobae.com (en castelán). 10 de decembro de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  11. Goñi, Ana. "Los hitos". El Mundo (España). Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  12. "Cicciolina Number One - Horsepower". The European Girls Adult Film Database (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  13. Holden, Stephen (12 de xaneiro de 2001). "FILM REVIEW; One Actor's Particular, Um, Talent". The New York Times. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  14. "La Cicciolina calentó la pista". Clarín.com. 16 de abril de 2008. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  15. "Cicciolina deja 'Mira quién baila', tras romperse las costillas". El País. 23 de abril de 2008. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  16. Anthony, Andrew (15 de outubro de 2011). "The Koons show". the Guardian (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  17. 17,0 17,1 "Ilona Staller sues ex-husband". The Berkshire Eagle (en inglés). 28 de marzo de 2008. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  18. Editorial, Reuters (26 de marzo de 2008). "Artist sued for overdue child support". reuters.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  19. "Ilona Staller chiede 100 mln dollari risarcimento a ex marito". Agenzia Giornalistica Italia (en italiano). 24 de xuño de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  20. "Cicciolina scenderà in campo per le politiche del 2013 con un nuovo "partito dell'amore"". Il Sole 24 Ore (en italiano). 3 de abril de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  21. "Cicciolina: "Mi candido alle politiche del 2013"". Quotidiano Net (en italiano). 3 de abril de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  22. "Cicciolina si candiderà per le elezioni politiche 2013". Blitz quotidiano (en italiano). 3 de abril de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  23. 23,0 23,1 "Usa, Di Carlo (Avvocato): Ilona Staller vende Ciccolina alla Walt Disney". Agenparl (en italiano). 9 de novembro de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  24. "Assolta Ilona Staller: non impedì all’ex marito di vedere il figlio". Blitz quotidiano (en italiano). 13 de abril de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  25. "Cicciolina". claudioraccagni.name (en italiano). Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  26. "Tv: Ilona contro Sky, chiede 30 mln". La Gazzetta del Mezzogiorno (en italiano). 20 de outubro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  27. "Chi ha rubato i porno ricordi di Cicciolina?". RomagnaNOI (en italiano). 23 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  28. Marini, Carlo (21 de nayo de 2015). "Cicciolina fa causa alla Camera: Voglio gli arretrati sul vitalizio". Secolo d'Italia (en italiano). Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  29. "Pop Artist Says Marriage To Ex-porn Queen Is Over". Orlando Sentinel (en inglés). 28 de febreiro de 1992. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  30. Acta constitutiva del Partido del Amor Arquivado 15 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no seu sitio oficial.
  31. Ghosh, Palash (27 de febreiro de 2013). "A Star Is Porn: Whatever Became Of Italy’s Cicciolina?". ibtimes.com (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  32. "Mi offro a Bin Laden per la pace". Tgcom (en italiano). 12 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  33. "Cicciolina: Mi candido a sindaco di Milano". Corriere della Sera (en italiano). 4 de agosto de 2004. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  34. "Ex estrella porno Cicciolina" aspira a alcaldía de Milán". EMOL. 4 de agosto de 2004. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  35. "Cicciolina propone noche de placer a Bin Laden para que renuncie al terrorismo". EMOL. 13 de abril de 2006. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  36. "Cicciolina: Torno in politica. Diventerò sindaco di Monza". oggi.it (en italiano). 27 de setembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  37. 37,0 37,1 Hooper, John (19 de setembro de 2011). "Italy row over ex-porn star's pension rights". The Guardian (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  38. ""Democrazia, natura, amore", il ritorno in politica di Cicciolina". La Repubblica (en italiano). 29 de setembro de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  39. "Cicciolina presenta il suo partito. Ma si è tutta rifatta!". oggi.it (en italiano). 7 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  40. "Elezioni Comunali 2013". La Repubblica (en italiano). Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  41. "Pop Will Eat Itself – Touched By The Hand Of Cicciolina". discogs (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  42. "Machines Of Loving Grace – Machines Of Loving Grace". Discogs (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  43. "Miranda as Cicciolina". V Magazine (en inglés). 26 de agosto de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Filippucci, Lucio; Giovanni Romanini; Ubaldi (1989). Les aventures de Cicciolina. Francia: Média 1000.  Novela gráfica sobre a súa vida (en francés)
  • Staller, Ilona; Schicchi, Riccardo (1992). Cicciolina. Taschen. ISBN 3-8228-9761-2. 
  • Barbano, Nicolas (1999). Verdens 25 hotteste pornostjerner (en dinamarqués). Denmark: Rosinante. ISBN 87-7357-961-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]