Actor pornográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
As actrices porno Sophia Rossi, esquerda, e Jenna Jameson.

Un actor pornográfico ou actor porno, é un actor ou actriz de cine porno que actúa en películas de temática pornográfica.

Industria[editar | editar a fonte]

A industria pornográfica dos Estados Unidos é a primeira en desenvolver Star system, especialmente por razóns comerciais. Noutros países, por exemplo Alemaña, non se atopa ese fenómeno debido a que a maioría son actores afeccionados; a industria actual e recente europea extraeu moitos dos seus grandes actores e actrices pornográficos de países do denominado bloque do leste (Romanía, República Checa, Eslovaquia, Hungría etc.). Entre as pornostars francesas pódese citar, a Katsuni ou a máis recente Yasmine. No caso de España, fixéronse famosos, nos últimos anos, pornostars tanto masculinos (Nacho Vidal) como femininos: Celia Blanco, e recentemente, Rebeca Linares ou Fayna Vergara.

Historia[editar | editar a fonte]

A xeralmente recoñecida primeira estrela porno cun nome (escénico) específico e recoñecido foi Linda Lovelace dos Estados Unidos, a cal estelarizou a presentación de 1972 Deep Throat (Garganta Profunda). O éxito desta película, a cal recadou centos de millóns de dólares mundialmente, e xerou unha avalancha doutras películas e estrelas pornográficas tales como Marilyn Chambers (Detrás da porta verde), Gloria Leonard (The Opening of Misty Beethoven), Georgina Spelvin (O diaño e a Srta. Jones), e Bambi Woods (Debbie Does Dallas).

Esta éra foi chamada por algúns como A Época de Ouro do Porno cando as películas porno eran proxectadas en salas cinematográficas públicas e, xa que logo aceptadas, para o seu consumo público ou polo menos toleradas como tales. Este período durou ata finais dos setenta, principios dos oitenta, mentres que estes filmes tiñan argumentos específicos e orzamentos promocionais e os seus intérpretes volvéronse notorios. Tales actores lendarios desa época inclúen a John Holmes, Ginger Lynn, Veronica Hart, Nina Hartley, Seka, e Amber Lynn, quen se volveron ben coñecidos entón.

A posibilidade de que a xente vexa películas para adultos na privacidade dos seus propios fogares, débese á popularidade do VHS (e logo o DVD) que crearon un novo mercado para adultos que excedeu o alcance da época previa, centrada en salas de exhibición. Adicionalmente, o predominio da Internet serviu como catalizador do incremento na venda de pornografía. A finais dos noventa, Jenna Jameson, Juli Ashton, Ashlyn Gere, Asia Carreira, Racquel Darrian, Tera Patrick, Briana Banks, Stacy Valentine, Jill Kelly, e Silvia Saint xurdiron como a nova onda de estrelas porno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]