Illa Sur, Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Sur
Te Waipounamu
LocationNewZealand.png
Localización da illa
South Island 2007-12-07.jpg
Situación
País Nova Zelandia Nova Zelandia
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 43°59′S 170°27′L / -43.983, -170.450
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 150.437 km²
Longura máxima 840 km.
Perímetro 5.842
Punto máis alto 3.754 m. Monte Cook
Demografía
Capital Christchurch (pob. 389.700 hab.)
Poboación 1.096.200 hab. (xuño 2016)
Densidade 7´2 hab./km²


Illa Sur de Nova Zelandia

A Illa Sur[Cómpre referencia] ou Illa do Sur[1] é a maior das dúas principais illas de Nova Zelandia. Atópase separada da Illa Norte polo Estreito de Cook. O nome maorí para esta illa é Te Wai Pounamu.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Estreito de Cook, ao oeste co Mar de Tasmania, ao sur e ao leste co Océano Pacífico. Ten unha área de 151.215 km², ocupando o posto número 12 dentro das maiores illas do mundo. Atravésaa en dirección nordés a suroeste unha cadea montañosa chamada Alpes Meridionais, sendo o Monte Cook o seu pico máis alto con 3.754 metros. Hai dezaoito picos de máis de 3.000 metros. No lado este de a illa están as chairas de Canterbury, mentres que o a costa oeste é famosa polas súas costas escarpadas, grandes bosques, e os glaciares Fox e Franz Josef. A espectacular paisaxe da Illa Sur converteuse nun lugar popular para a produción de varias películas, incluíndo a triloxía Triloxía do Señor dos Aneis e a as Crónicas de Narnia: o león, a bruxa e o armario . Está influenciada por un clima tépedo.

A Illa Sur é ás veces chamada o "continente". A pesar de que ten unha masa 33% maior que a Illa Norte, só o 24% dos 4´4 millóns de habitantes de Nova Zelandia vive na Illa Sur. Nas primeiras etapas dos asentamentos europeos (Pākehā) no país, a illa sur tiña a maioría da poboación europea e da riqueza debido á febre do ouro da década de 1860. A poboación da Illa Norte superou á do Sur no século 20, co 56% da poboación vivindo no Norte en 1911, e a deriva das persoas e empresas ó norte continuou ao longo do século.

Provincias históricas da Illa Sur[editar | editar a fonte]

Cidades[editar | editar a fonte]

Entre as cidades que se atopan nesta illa están as seguintes:

Principais lagos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.