Estreito de Cook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°13′46″S 174°28′59″L / -41.229444444444, 174.48305555556

Nova Zelandia.

O estreito de Cook é un paso marítimo que separa o mar de Tasmania (ao oeste) do océano Pacífico sur (ao leste). Ademais divide as dúas principais illas de Nova Zelandia, denominadas segundo a súa localización xeográfica como Illa Norte e Illa Sur.

Características[editar | editar a fonte]

O estreito de Cook oriéntase en dirección noroeste-sueste, e ten unha distancia de 22 quilómetros no seu punto máis estreito.[1] Está considerado un dos lugares máis perigosos e de augas máis impredicibles do mundo, con fortes ventos e correntes e mareas cambiantes.[2][3]

Recibe o seu nome polo mariño inglés James Cook, primeiro europeo en comandar a súa nave polo estreito,en 1770.[4] En lingua maorí é coñecido como Raukawa ou Te Moana-o-Raukawa ("O mar de Raukawa"),[5], significando Raukawa "follas amargas".

Na beira norte do estreito está a capital de Nova Zelandia, Wellington.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McLintock, A H, Ed. (1966) "Cook Strait", en An Encyclopaedia of New Zealand, 18 de setembro de 2007. Esta é a distancia entre a Illa Norte e a Illa Arapaoa; outras fontes dan unha distancia maior, arredor de 24,5 km, entre a Illa Norte e a Illa Sur.
  2. McLauchlan, Gordon (Ed.) (1987) New Zealand encyclopedia, Bateman, P. 121. ISBN 978-0-908610-21-1.
  3. "Earth from Space: Cook Strait, New Zealand". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-09. 
  4. Reed, A.W. (2002): The Reed dictionary of New Zealand place names. Auckland: Reed Books. ISBN 0-790-00761-4. p 99.
  5. "Te Moana-o-Raukawa". Wellington City Libraries (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2017. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.