O Tratado de Waitangi (en inglés: the Treaty of Waitangi, en maorí: Te Tiriti o Waitangi) asinouse o 6 de febreiro de 1840 en Waitangi, na Baía das Illas, Nova Zelandia. Foi asinado por representantes da coroa británica, e xefes maorís da Illa Norte. O residente británico, James Busby, xa convencera a aproximadamente 35 destes xefes a que pretendesen a independencia baixo a denominación de "Confederación das Tribos de Nova Zelandia". O documento rubricado en Waitangi foi despois entregado a outras localidades do norte para obter firmas maorís adicionais.[1][2][3]
The Treaty (como o chaman frecuentemente os neozelandeses), xustificaba que os ingleses fixesen de Nova Zelandia unha colonia británica. Hoxe considérase o punto fundacional de Nova Zelandia como nación.
Mentres, o gran problema radica en que se asinaron dúas versións, unha en inglés e outra en maorí, e ambas teñen puntos discordantes. A versión maorí di que eles aceptan a permanencia dos británicos a costa da protección permanente por parte da coroa. A versión británica di que os maorís sométense á coroa a cambio da protección británica. Por exemplo, o uso da palabra kawanatanga, que aparece no Tratado para expresar o concepto da soberanía.
Os continuos disturbios e a acción legal da Declaración de independencia, levaron a que a Oficina Colonial enviase o capitán William Hobson a Nova Zelandia para reclamar a soberanía da Coroa británica e negociar un tratado cos maorís.
En 2008 sete Iwi, representando unhas 100.000 persoas, asinaron un tratado de compensación co estado polas inxustizas xurdidas do tratado de Waitangi. Segundo este, o estado entregará ás tribos unhas 176.000 hectáreas de terreos forestais, e os seus dereitos de explotación, evaluados nuns 316 millóns de US$. A licenza de explotación dos terreos estará a nome da empresa semiestatal CNI Isi Holdings Limited, cun 13,3% de participación estatal, e o 86,7% restante de participación maorí.[5]
↑"Treaty of Waitangi". Waitangi Tribunal. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2011.
↑C. Orange.The Treaty of Waitangi.Bridget Willians .1987.Appendices P 260
↑"In 1840 the document served its original purpose-to proclaim British sovereignty over the country and bring it into ...the British Empire". Nga Iwi O Te Motu .p35.Michael King.Reed. Auckland 2001.
12James Rutherford (2009). A. H. McLintock, ed. "Busby, James". Te Ara - Enciclopedia de Nova Zelandia(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.