A vila orixinal de Cathair na Mart existiu nalgún lugar arredor do que agora é a fachada Leste de Westport House. Tiña unha poboación en torno aos 700 habitantes e foi trasladada á súa localización actual arredor de 1780 pola familia Browne de Westport House, que renomeou a vila como Westport. Este traslado da localización orixinal estivo planificado polo arquitecto James Wyatt.
Westport atópase na costa occidental de Irlanda, ao sueste de Clew Bay a uns 80 metros sobre o nivel do mar. Preto da vila, a 10km ao Oeste, cerca das vilas de Murrisk e Lecanvey, se atopa Croagh Patrick, un monte de 764 m de altitude e que é un importante punto de peregrinación, este monte é coñecido localmente como the Reek.
Matt Molloy de The Chieftains ten un pub en Bridge Street no centro da vila, onde se pode desfrutar de música folk en directo.
As xentes de Westport son coñecidas tradicionalmente como Coveys. Hai unhas décadas existía un dialecto chamado Covey que era inintelixible para os forasteiros.