Saltar ao contido

Illa Ragged, Bahamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Ragged, Bahamas

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°13′N 75°44′O / 22.22, -75.73Coordenadas: 22°13′N 75°44′O / 22.22, -75.73
Reinos da CommonwealthBahamas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación70 (2010) Editar o valor em Wikidata (3,04 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie23 km² Editar o valor em Wikidata
Medición2,9 (ancho) × 7 (lonxitude) km
Bañado porMar Caribe Editar o valor em Wikidata
Altitude25 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BS-RI Editar o valor em Wikidata

Illa Ragged é unha illa pequena (23 quilómetros cadrados) e un distrito nas Bahamas meridionais. O distrito posúe un total de 36 quilómetros cadrados.

Ata hai pouco tempo tiña unha industria de sal activa, as charcas de sal que foron descubertas no século XIX por Sr. Duncan Taylor dan orixe ao nome da cidade de Duncan, o único asentamento.

A illa foi afectada gravemente polo furacan Donna e houbo unha emigración gradual as illas máis prósperas tales como Nova Providencia. A poboación de Illa Ragged no censo do ano 2000 era apenas de 72 habitantes.

Os pescadores din que a mellor pesca pódese atopar nesta illa.

A illa Ragged é parte dos caios Jumentos e da cadea das illas Ragged. Tamén esta cadea inclúe os caios coñecidos como Racoon Cay, Pig Cay e Double-Breasted Cay.

A cidade de Duncan é a única da cadea enteira e sitúase dentro dunha baía de auga pouco profundas. A illa posúe un "Mail Boat" para o transporte cara ás illas principais e para realizar comercio con outras illas. A illa contén un porto.

A maior parte dos habitantes son os descendentes directos dos colonos orixinais e levan os seus nomes de familia orixinais tales como Curling, Lockhart, Maycock, Moxey, Munroe, Wallace, e Wilson. A herdanza familiar e o seu afastamento deron lugar ás illas o nome de "family islands".

Aínda que a illa está afastada e escasamente poboada, moitos dos seus descendentes tomaron papeis importantes dentro da política, do atletismo, da hostalería e negocios.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2005, foi asinado un contrato con TYCO internacional para despregar un cable submarino de fibra óptica, conectando 14 illas das Bahamas; a saber, Nova Providencia, Andros, Eleuthera, Exuma, Long Island, Illa Ragged, Inagua, Mayaguana, San Salvador, Rum Cay, Cat Island, Illas Ábaco, Crooked Island e Gran Bahama nun custo de 60 $ millóns.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Aeroporto - as melloras en Illa Ragged en canto á creación dun aeroporto na cidade de Duncan (financiada pola Unión Europea) nun custo de 650.000 $ foron comezadas en 2006.

Peirao/Dragado - o dragado e o peirao na illa comezaron en 2006 custando tres millóns e medio de dólares.