Saltar ao contido

Eleuthera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleuthera
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   7.826 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1 mi Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   110 mi Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   518 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
200 pés
24 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
VIAF126692345 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03stgp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Eleuthera é unha das illas das Bahamas. Localízase no nordeste do arquipélago, a 80 quilómetros de Nassau, e ten unha forma alongada e estreita. Ten preto de 8 mil habitantes segundo o censo do ano 2000.

O nome Eleuthera deriva da palabra grega ελεύθερος (eleutheros), que significa Ceibe.

Os habitantes orixinais das illas, os taínos e os arawacos foron deportados polos colonizadores españois para traballa-las minas da illa A Española, onde se extinguiron ao redor do ano 1550. Crese que a illa estivo deshabitada até a colonización europea que se produciu polo ano 1648, cando arribaron os primeiros peregrinos puritanos dende as Bermudas, quen foron os que lle deron o actual nome á illa. Algúns cren que Cristovo Colón chegou primeiro a esta illa antes que a calquera outra das Indias.

A illa creceu prosperamente entre os anos 1950 e 1980, polos investimentos feitos polos industriais estadounisenses. No presente, a principal actividade económica é o turismo. Ten tres aeroportos: o North Eleuthera, Governor's Harbour Airport e Rock Sound Airport.