Gran Bahama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Bahama
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Bahamas
ArquipélagoArquipélago das Lucaias
MarOcéano Atlántico
Coordenadas26°39′N 78°19′O / 26.650, -78.317Coordenadas: 26°39′N 78°19′O / 26.650, -78.317
Xeografía
XeoloxíaCaio
Superficie1.373 km²
Longura máxima154 km.
Largura máxima27 km.
Punto máis alto12 m.
Demografía
CapitalFreeport
Poboación51.756[1] (2010)
Densidade37´70 hab./km²

Grand Bahama é a máis setentrional das illas Bahamas e a illa principal máis próxima aos Estados Unidos, atópase a 86 km. de Palm Beach nos Estados Unidos. É a cuarta illa máis grande da cadea de illas das Bahamas das aproximadamente 700 illas e 2.400 caios. A illa ten aproximadamente 153 km de longo de oeste a leste e 24 km no seu punto máis largo de norte a sur. Administrativamente, a illa consiste na Freeport Bonded Area e os distritos de East Grand Bahama e West Grand Bahama.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiro contacto español[editar | editar a fonte]

Parque Nacional Lucayan

Despois de que Cristovo Colón a descubrise en 1492 a Gran Bahama foi reclamada por España e déronlle o nome de "Gran Bajamar", do que logo derivaría o nome das illas Bahamas no seu conxunto. Con todo, o nome Lucayan (precolombiano) da illa era Bahama.[2] A existencia de Gran Bahama durante case dous séculos foi determinada en gran parte pola natureza destes "grandes baixios", os arrecifes coralinos que rodeaban a illa eran traizoeiros, e rexeitaron aos seus demandantes españois (que a deixaron á parte agás frecuentes paradas en ruta dos buques para aprovisionarse), mentres chegaron os piratas, que atraían os buques aos arrecifes onde encallaban para ser saqueados. Os españois deixaron de interesarse pola illa logo de escravizar aos habitantes nativos.[3]

Dominio británico[editar | editar a fonte]

As illas foron reclamadas polo Reino Unido en 1670. A piratería seguiu prosperando polo menos medio século logo da toma de posesión británica, aínda que o problema foi finalmente controlado.

Gran Bahama mantívose relativamente tranquila ata mediados do século XIX, con só ao redor de 200-400 habitantes regulares na capital, West End. En 1834, as poboacións de Pinder’s Point, Russell Town e Williams Town fundáronas escravos bahamenses despois de que a escravitude fose abolida no imperio británico. A illa permaneceu pouco desenvolvida ata o boom económico provocado pola Guerra Civil Americana, cando se converteu en base de operacións para os contrabandistas (sobre todo armas, azucre e algodón) dos Estados Confederados. Outro segundo boom económico chegou coa promulgación da Lei Seca en Estados Unidos.[4]

Acordo de Hawksbill Creek[editar | editar a fonte]

O Bazar internacional en Freeport

A mediados do século XX, a poboación de Gran Bahama ascendía a uns 500 habitantes e a illa era unha das illas menos desenvolvidas das Bahamas. Con todo, finalmente logrou unha fonte estable de ingresos cando en 1955 un financeiro de Virxinia, Wallace Groves, comezou co goberno das Bahamas a construír a cidade de Freeport, baixo o acordo de Hawksbill Creek e creou a Autoridade Portuaria de Gran Bahama. Pouco despois, o ambicioso Edward St. George, coa axuda financeira de Sir Jack Hayward, levou á compañía a novas fronteiras. Vendo o éxito de Cuba como un destino turístico para os estadounidenses ricos, St. George estaba ansioso por desenvolver Gran Bahama dunha maneira similar. A cidade creceu rapidamente, St. George engadiu un porto, un aeroporto pouco despois da fundación da cidade e o centro turístico de Port Lucaya en 1962. Gran Bahama converteuse na segunda illa máis poboada das Bahamas (máis de 50.000 en 2004).[5]

Rexións administrativas[editar | editar a fonte]

Gran Bahama divídese en tres Distritos e sete cidades para propósitos administrativos. Cada distrito está dirixido por un Conselleiro Xefe, e cada cidade ou municipio é dirixido por un Presidente. A partir da Lei de Goberno Local das Bahamas de 1996, Gran Bahama ten tres distritos.[6]

As eleccións celébranse cada 5 anos en Grand Bahama. Os dous partidos principais son o Partido Liberal Progresista e o Movemento Nacional Libre.

West End, a cidade máis occidental da illa foi o seu capital durante moito tempo.

McLeans Town atópase na cara oposta da illa e conéctase coa illa de Ábaco a través dunha liña de ferry que fai o traxecto en aproximadamente media hora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PRELIMINARY POPULATION AND HOUSING COUNT BY ISLAND AND SUPERVISORY DISTRICT, ALL BAHAMAS: CENSUS 2010" (PDF). Bahamas Department of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. Julius Granberry and Gary S. Vescelius. (2004) Languages of the Pre-Columbian Antilles. The University of Alabama Press. ISBN 0-8173-5123-X p. 83
  3. Os primeiros colonos, os indios Siboney http://www.grandbahamavacations.com/ about-the-island/history-of-grand-bahama-island/ Crese que tiñan unha avanzada estrutura política e social, e vivían en cidades ben organizadas.
  4. Gran Bretaña reclamou as illas das Bahamas en 1670, despois de que os colonos británicos abandonasen as Bermudas para a illa de Eleuthera http://www.grandbahamavacations.com/about-the-island/history-of-grand-bahama-island/ cando a historia finalmente atopouna de novo.
  5. En 1955, a segunda cidade máis poboada das Bahamas era pouco máis que un bosque de piñeiros. http://www.grandbahamavacations.com/about-the-island/history-of-grand-bahama-island/ 30 anos máis tardes, o resultado é unha comunidade completamente adaptada ao turismo, un paraíso premeditado que ofrece case toda clase de actividades de vacacións imaxinables.
  6. http://www.bahamas.gov.bs/bahamasweb2/home.nsf/vContentW/A5FB7665F3E4341306256F0000763055

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]