Illa Crooked

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Crooked Island")
Crooked Island
Vista da illa
Datos
Capital Coronel Hill
País Bahamas
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Bahamas
Linguas
Poboación (2000) 350 hab.
Superficie 240 km²
Densidade
Coordenadas 22°45′N 74°13′O / 22.750, -74.217
Maior Altura
Localización
Localización da illa

Illa Crooked é unha illa e Distrito de Bahamas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illa Crooked atópase ao sueste das Bahamas, e unha das tres illas principais da lagoa chamada Baía Acklins (as outras son Acklins e Long Cay). A superficie da illa é de 240 km², segundo o Goberno das Bahamas, pero de 282´1 km² segundo o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente.

Demografía[editar | editar a fonte]

No censo de 2000 ,Illa Crooked tiña 350 habitantes.

O pobo principal da illa é Coronel Hill.

Economía[editar | editar a fonte]

Os habitantes viven principalmente da pesca e a agricultura.

Illa Crooked ten un aeroporto.

Historia[editar | editar a fonte]

Illa Crooked foi colonizada a finais da década de 1780 polos leais estadounidenses que estableceron plantacións de algodón, que empregaban a máis de mil escravos. Logo da abolición da escravitude no Imperio Británico, as plantacións foron substituídas pola colleita de esponxas.