Saltar ao contido

Igael Iadin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgael Iadin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) יגאל ידין Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1917 Editar o valor en Wikidata
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonte Herzl Editar o valor en Wikidata
Membro de Knesset
10 de marzo de 1981 – 20 de xullo de 1981
Membro de Knesset
14 de setembro de 1978 – 10 de marzo de 1981
Viceprimeiro ministro de Israel
20 de xuño de 1977 – 5 de agosto de 1981
Membro de Knesset
13 de xuño de 1977 – 14 de setembro de 1978
Chefe do Estado-Maior Geral (Israel) (pt) Traducir
9 de novembro de 1949 – 7 de decembro de 1952
← Yaakov Dori (pt) TraducirMordechai Maklef (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén
Escola Hebrea Rehaviah Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, militar, político, arqueólogo, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata - 7 de decembro de 1952 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Hebrea de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocratic Movement for Change (en) Traducir
Democratic Movement (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeIsrael Editar o valor en Wikidata
Rama militarHaganah Editar o valor en Wikidata
Rango militarRav Aluf (en) Traducir
maior xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolta árabe de 1936-1939 (pt) Traducir
segunda guerra mundial
Guerra árabe-israelí de 1948 Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoYoram Tsafrir (en) Traducir e David Ussishkin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisEleazar Sukenik Editar o valor en Wikidata  e Hasya Sukenik Editar o valor en Wikidata
IrmánsYossi Yadin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1152572

Igael Iadin (en hebreo: יגאל ידין, nado baixo o nome de Igal Sukenik en Xerusalén o 20 de marzo de 1917 e finado na mesma cidade o 28 de xuño de 1984, foi un arqueólogo, político e militar israelí, que chegou a ser o segundo comandante en xefe na historia das Forzas de Defensa Israelís entre os anos 1949 e 1952. Foi tamén, xunto a William F. Albright, un dos máximos expoñentes da arqueoloxía bíblica, coñecido pola escavación da fortaleza de Masada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mocidade e carreira militar

[editar | editar a fonte]

Nado en 1917 en Xerusalén, era fillo do notorio arqueólogo Eleazar Sukenik e a educadora e activista dos dereitos da muller Hasya Feynsod Sukenik. Incorporouse á Haganá aos quince anos en 1933 e converteuse nunha figura chave do liderado da organización. En 1946, con todo, abandonou a Haganá por mor dunha discusión co seu comandante Isaac Sadeh pola inclusión dunha metralladora como parte do equipo estándar de escuadra. En 1947, pouco antes de que o Estado de Israel declarase a súa independencia, foi chamado de novo ao servizo activo por David Ben-Gurion cando daquela era estudante universitario. Foi designado xefe de operacións, e axudou a concibir e pór en práctica moitas das estratexias utilizadas durante a Guerra de Independencia de Israel en 1948. Formou parte do "Comité Asesor" creado por David Ben Gurión, canda outros altos cargos militares (Moxe Daian, Igal Allon, Isaac Sadeh...), onde puxeron as bases para a execución do Plan Dalet, guía mestra da eliminación sistemática de centos de asentamentos palestinos.

Trala creación do Estado de Israel, foi nomeado ramatcal das Forzas de Defensa Israelís o 9 de novembro de 1949, logo da dimisión de Xacob Dori, cargo que ocupou ata 1952. Durante o seu mandato, Iadin reorganizou o exército, o sistema de servizo militar obrigatorio, e o das reservas. Renunciou o 7 de decembro de 1952, por desacordos co daquela primeiro ministro e ministro de Defensa David Ben-Gurion, acerca dos recortes no orzamento militar. Aos trinta e cinco anos de idade, terminara a súa carreira militar.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Despois de deixar o exército, estudou arqueoloxía na Universidade Hebrea de Xerusalén, onde recibiu en 1956 o Premio Israel en estudos xudaicos pola súa tese doutoral sobre a tradución dos manuscritos do Mar Morto. Nos anos seguintes, continuou a súa investigación arqueolóxica nos sitios máis importantes da rexión, ao tempo que daba clases na universidade e publicaba estudos. En 1970 converteuse en xefe do Instituto de Arqueoloxía da Universidade Hebrea.

Iadin realizou importantes traballos nas décadas de 1950 e 1960, con escavacións en sitios, como Hazor, as covas do deserto de Xudea, Masada, e Meggido. O emprego de milleiros de voluntarios procedentes de Israel e do estranxeiro e a súa vastas escavacións arqueolóxicas ampliaron enormemente o coñecemento arqueolóxico do pasado de Israel. As súas conclusións botaron luz sobre diversos períodos do antigo Israel, como os períodos cananeo, do Primeiro Templo de Xerusalén, e Herodiano, así como a Revolta de Bar Kokhba. Quizais o seu máis famosa contribución foi a súa decodificación e a interpretación de varios pergameos do Mar Morto e do deserto de Xudea. Con todo, o seu propósito de xustificar a existencia de Israel a través das probas arqueolóxicas levouno a considerar as fortalezas de Meggido, Hazor e Gezer como exemplos da expansión dun reino unificado de Israel baixo Salomón. Porén, fragmentos de olería achados nesas cidades fortificadas apuntan a unha construción do século IX antes da nosa era, é dicir, unha centuria despois da existencia de Salomón[1]

Iadin tamén traballou para facer a arqueoloxía máis accesible e científica, e menos esotérica. A súa escritura é á vez académica e de interese para un público máis amplo. Esforzouse non só para documentar os seus achados arqueolóxicos, senón tamén para pólos nun contexto cultural e entendelos como unha vía para a historia da cultura.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

En 1967 foi asesor militar do primeiro ministro Levi Eshkol, e logo da Guerra do Yom Kippur formou parte da comisión Agranat que investigou os erros que permitiron os ataques por sorpresa dos árabes. En 1976 Iadin creou un novo partido político chamado Dash (Movemento para o Cambio Democrático), dedicado á reforma electoral. Nas eleccións de 1977, o partido obtivo 15 escanos na Knesset e uniuse ao goberno do Likud. A pesar de que o propio partido se escindiu dous anos máis tarde, con poucos progresos na reestruturación da distribución electoral, Iadin foi asesor do primeiro ministro entre 1977 e 1981, ano en que se retirou da vida política para regresar á investigación, ata a súa morte en 1984.


Predecesor:
Xacob Dori
 Comandante das Forzas de Defensa Israelís 
1949 - 1952
Sucesor:
Mordechai Maklef
  1. STAVRAKOUPOULOU, F., Did King David's Empire Exist?, in Bible's Buried Secrets, BBC, 2011.