Hrivna
Hrivna | |
---|---|
українська гривня hrivna ucraína | |
Código: | UAH |
Ámbito: | Ucraína |
Símbolo: | грн, ₴ |
Fracción: | 100 kópeks |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 25, 50 kópeks e 1 hrivna |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 hrivnas |
Emisor: | Banco Nacional de Ucraína |
Taxa de troco: 26-02-2014 | 1 EUR = 13,3366 UAH 1 USD = 9,705 UAH |
A hrivnia[1] ou hrivna[2] é a moeda de curso legal de Ucraína. Divídese en 100 kópeka (en ucraíno: копійка, kópica). En 1996 circulou xunto aos billetes de karbóvanets (en ucraíno: карбованець, karbóvanets, plural: карбованці, karbóvantsi) até que este foi totalmene substituído. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é UAH, e a súa abreviatura oficial hrn (грн). Porén, no ano 2004 o Banco Nacional de Ucraína obtivo a normalización dun símbolo novo, ₴, que en Unicode se escribe U+20B4.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da divisa provén da antiga moeda utilizada na Rus de Kíiv no século XI. A palabra deriva da forma eslava grivia, que significa "crinas, cabelos". Pénsase que este termo facía referencia a algo de valor, normalmente fabricado en ouro ou prata, que se colocaba ao redor do colo. De feito, en idiomas como o búlgaro ou o serbio, grivnia significa "brazalete" ou "pulseira". Máis tarde a palabra empregouse para medir lingotes de ouro ou prata de certas características.
O termo en idioma ucraíno pronúnciase como hryvnia (гривня). Porén, moita xente o pronuncia en idioma ruso como "grivnia" (en idioma ruso Г equivale á nosa letra G). En cambio a transliteración a idiomas como o castelán, o catalán ou o francés do idioma oficial de Ucraína (ucraíno) da letra Г é H e non G, xa que cando en ucraíno se quere expresar a letra G úsase unha letra distinta, que está representada polo símbolo Ґ (г é distinto a ґ).
Símbolo da grivnia
[editar | editar a fonte]O símbolo da divisa deriva da letra G do alfabeto cirílico (Г) na súa versión minúscula e cursiva: г.
Componse da letra cun duplo trazo horizontal, que simboliza a estabilidade, parecido ao utilizado noutras divisas, como no ien (¥) ou o euro (€).
O símbolo da hrivna, que aínda non se visualiza en todos os buscadores, propúxose en 2003 a través dunha votación popular organizada polo Banco Nacional de Ucraína e, en marzo de 2004, implantouse.
Tan pronto como o símbolo foi anunciado ao público, propúxose a súa codificación en Unicode 4.1, a cal se implantou en 2005 (U+20B4).
Historia
[editar | editar a fonte]No século XI utilizouse unha moeda chamada "grivnia" na Rus de Kíiv. Iván Kuzmin Kondrátiev (1870 – 1904) no libro "Remota antigüidade de Moscova" escribe:[3]
Os rublos eran partes de grivnia ou anacos de prata con marcas que indicaban o seu peso. Cada grivnia dividíase en catro partes; o nome rublo precede da palabra "рубить" (cortar), porque a variña de prata cun peso dunha grivnia se cortaba en catro partes, que se denominaban rublos.
Porén, segundo a Grande Enciclopedia Soviética, a grivnia se cortaba pola metade e a cada metade se denominaba rublo.
En 1917, tras a proclamación da República Popular de Ucraína introduciuse unha nova moeda para substituír o rublo chamada grivnia.
A grivnia substituíu os karbóvanets en setembro de 1996 debido á hiperinflación que sufriu Ucraína tras a caída da URSS en 1990. A taxa de troco fixouse en 100.000 UAK = 1 grivnia.
Porén, a introdución da grivnia mantívose en segredo. Finalmente, introduciuse de acordo ao decreto asinado polo Presidente de Ucraína o 26 de agosto de 1996 e publicado o 29 de agosto. Durante o período de transición, entre o 2 e o 16 de setembro, a grivnia e o karbóvanets circularon xuntos, aínda que os comerciantes estaban obrigados a dar o cambio en grivnais. Todas as contas bancarias convertéronse a grivnias automaticamente. Durante este período de transición, o 97 % dos billetes con denominacións en karbovánets deixaron de circular, e durante os primeiros cinco días da reforma monetaria, xa o 56 %. Despois do 16 de setembro só podían cambiarse os karbóvanets a grivnas nos bancos.
A grivnia introduciuse cando o que sería despois presidente do país Viktor Yushchenko ostentaba o cargo de gobernador do Banco Nacional de Ucraína. Porén, todos os billetes levaban a sinatura do anterior gobernador, Vadym Hetman, quen deixou o cargo en 1993. Isto debeuse a que os primeiros billetes denominados en grivnias imprimíranse a comezos de 1992 a cargo da Canadian Bank Note Company, pero decidiise pospoñer a súa circulación até controlar os niveis de hiperinflación.
Inicialmente, a taxa de troco era de 1 UAH = 1 USD. Tras da crise financeira rusa de 1998, a moeda devaluose até 5,60 UAH por dólar en febreiro de 2000. Máis tarde, o troco mantívose relativamente estábel, ao redor de 5,40 UAH por dólar desde o 21 de abril de 2005 até o 21 de maio de 2008. A mediados de outubro de 2008 a grivnia devaluouse un 38,40 %, pasando de 4,85 UAH por dólar o 23 de setembro de 2008 a 7,88 UAH por dólar o 19 de decembro de 2008.
Moedas
[editar | editar a fonte]As primeiras cuñaxes da grivnia realizáronse en 1992 para a creación dunha nova moeda, pero non se introduciron até 1996, cando se controlou un pouco a inflación que sufría o país.
As primeiras moedas cuñáronse na Luhansk Cartridge Factory e na Zecca dello Stato italiana.
As características das moedas en circulación detallánse na seguiente táboa.
Denominación | Emisión | Metal | Canto | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 Kópek | 1992- | Aceiro | Liso | 16,00 | 1,50 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 1 КОПІЙКА |
2 Kópeks | 1992-1996 | Aluminio | Liso | 17,30 | 0,60 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 2 КОПІЙКН |
2 Kópeks | 1997- | Aceiro | Liso | 17,30 | 1,80 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 2 КОПІЙКН |
5 Kópeks | 1992- | Aceiro | Estriado | 24,00 | 4,30 | 1,50 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 5 КОПІЙКОК |
10 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado | 16,30 | 1,70 | 1,25 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 10 КОПІЙКОК |
25 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado descontinuo |
20,80 | 2,90 | 1,35 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 25 КОПІЙКОК |
50 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado descontinuo |
23,00 | 4,20 | 1,55 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 50 КОПІЙКОК |
1 Grivnia | 1992- | Cu+Ni+Zn | Liso ОДНА ГРИВНЯ |
26,00 | 7,10 | 1,85 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 1 ГРИВНЯ - Acios de uvas |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1996, púxose en circulación a primeira serie de billetes denominados en grivnias a cargo do Banco Nacional de Ucraína. Están datados en 1992 e as súas denominacións son de 1, 2, 5, 10 e 20 grivnias. Os billetes de 1 grivnia imprimíronse na Canadian Bank Note Company en 1992, e os demais dous anos máis tarde. Porén, até a introdución da grivnia en 1996 os billetes permaneceron almacenados no Canadá. Existen denominacións de 50 e 100 grivnais da primeira serie, aínda que nunca chegaron a circular.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Grivnia | 135 x 70 mm | Verde | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
2 Grivnias | 135 x 70 mm | Marrón | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
5 Grivnias | 135 x 70 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
10 Grivnais | 135 x 70 mm | Violeta | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
20 Grivnias | 135 x 70 mm | Amarelo | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
En 1996 tamén se introduciu unha segunda serie composta por denominacións de 1, 50 e 100 grivnias, datados en 1994. Os billetes foron encargados á compañía británica De La Rue. Desde a creación da ceca ucraína en 1994 en colaboración coa imprenta De La Rue, todos os billetes imprimíronse en Ucraína. Máis tarde, engadiuse un billete de 200 grivnias en 2001.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Grivna | 133 x 66 mm | Verde/Marrón | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
2 Grivnias | 133 x 66 mm | Marrón | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
5 Grivnias | 133 x 66 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
10 Grivnias | 133 x 66 mm | Violeta | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteir das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
20 Grivnias | 133 x 66 mm | Amarelo | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
50 Grivnias | 133 x 66 mm | Amarelo/Violeta | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mikhailo Hrushevskii - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
100 Grivnias | 133 x 66 mm | Rosa/Verde | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
200 Grivnias | 133 x 66 mm | Azul | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
A terceira serie chegaría en 2006, e está composta por denominacións de 1 a 500 grivnias. Todos os billetes emitidos continúan sendo de curso legal, pero en 2008 xa era raro encontrar algún billete das primeiras series.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Grivnia | 118 x 63 mm | Gris | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
1 Grivnia | 118 x 63 mm | Amarelo/Azul | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
2 Grivnias | 118 x 63 mm | Marrón/Vermello | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Yaroslav I o Sabio - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
5 Grivnias | 118 x 63 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
10 Grivnias | 124 x 66 mm | Vermello | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
20 Grivnias | 130 x 69 mm | Verde | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
50 Grivnias | 136 x 72 mm | Violeta | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mkhailo Hrushevskii - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
100 Grivnias | 142 x 75 mm | Amarelo | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Paisaxe de Cherkasi - Neno guiando a un kobzar - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
200 Grivnias | 148 x 75 mm | Rosa | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
500 Grivnias | 154 x 75 mm | Beixe | 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Hrihorii Skovoroda - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Academia Kiiv-Mohila - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "hrivnia". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2104. ISBN 9788482893600.
- ↑ Кондратьев И. К. Седая старина Москвы. М., 1893.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hrivna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krause, Chester L. e Clifford Mishler (2008): Standard Catalog of World Coins: (1901–2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7.
- Pick, Albert (2009): Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Colin R. Bruce II & Neil Shafer (editors). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.