Hippolyte Cloquet
Hippolyte Cloquet | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Joseph-Hippolyte Cloquet |
Nacemento | 10 de marzo de 1787 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 3 de marzo de 1840 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | Complicacións do alcoholismo |
Nacionalidade | francesa |
Alma máter | Universidade de París |
Ocupación | médico, anatomista, zoólogo |
Pai | Jean-Baptiste-Antoine Cloquet |
Nai | Claude Lajude |
Irmáns | Jules Cloquet Lise Cloquet |
Estudos | Doutor en Medicina |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hippolyte Cloquet, nado en París o 10 de marzo de 1787, e finado na mesma cidade o 3 de marzo de 1840 foi un médico, anatomista e zoólogo francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Joseph-Hippolyte Cloquet era fillo do deseñador Jean-Baptiste-Antoine Cloquet e Claude Lajude. Era o irmán máis vello do tamén médico e anatomista Jules Cloquet.
Recibido no internado dos Hospitais de París en 1809, foi premiado en 1810 cun premio de anatomía e fisioloxía. Tivo como profesor de anatomía a André Marie Constant Duméril, quen o empregou como secretario nas súas quendas de xurados médicos de 1812 a 1816, e que lle pediu que tratara aos seus fillos nas súas doenzas.[1]
Obtivo o título de doutor en Medicina na Facultade de Medicina da Universidade de París en febreiro de 1815 tras a lectura da súa tese sobre os olores, e os sentido e os órganos do olfacto.[1]
Despois pasou a ser asistente clínico interno, logo profesor na Facultade e, finalmente, profesor titular de anatomía.
En 1823, foi nomeado membro da Académie national de médecine.
Cloquet foi un pioneiro no campo da rinoloxía (parte da medicina que se ocupa do estudo do nariz, as súas doenzas e o tratamento delas)[2] e, en 1821, publicou Osphrésiologie, ou traité des odeurs, que era un amplo tratado que sobre o olfacto, as enfermidades do nariz, as desviacións do tabique nasal, a rinoplastia, etc.
Tamén foi autor do Traité d'anatomie descriptive, un influente texto sobre anatomía en seis volumes. A cuarta edición desta obra foi traducida ao inglés polo anatomista Robert Knox (1791-1862).
Ademais da medicina, Cloquet foi un estudoso da Historia Natural, sobre todo da zooloxía, especialmente da ictioloxía e da entomoloxía.
Morreu o 3 de marzo de 1840 por complicacións relacionadas co seu alcoholismo.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Mémoires en réponse à l'une des questions proposées au concours pour la place du chef des travaux anatomiques de la Faculté de médecine de Paris, par messieurs Beauchêne, Rullier, Cloquet, Béclard (1812).
- Dictionnaire des sciences naturelles (en 60 volumes) (1816-1830).
- Para a Encyclopédie, completou a parte dedicada a Mamíferos e aves, comezada por Félix Vicq d'Azir (1819).
- Osphrésiologie, ou, Traité des odeurs, du sens et des organes de l'olfaction: avec l'histoire détailée des maladies du nez et des fosses nasales, et des opérations qui leur conviennent (1821).
- Dictionnaire raisonné des termes d'anatomie et de physiologie (1823).
- Reptiles, poissons, mollusques, crustacés, annélides, arachnides, insectes, radiaires (1830).
- Faune des médecins, ou Histoire des animaux et de leurs produits considérés sous le rapport de la bromatologie et de l'hygiène en général, de la thérapeutique, de la pharmacologie et de la toxicologie (1822-1828).
- Participou no Nouveau dictionnaire de médecine, chirurgie, pharmacie, physique, chimie, histoire naturelle, etc. de Mathieu Orfila (1821-1822).
- Traité complet de l'anatomie de l'homme comparée dans ses points les plus importans à celle des animaux (1826).
Algúns taxons descritos por Cloquet[editar | editar a fonte]
Abreviaturas[editar | editar a fonte]
- A abreviatura Cloquet emprégase para recoñecer a Hippolyte Cloquet como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[6]
- A abreviatura Cloquet emprégase para recoñecer a Hippolyte Cloquet como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Cloquet (famille). Jean Baptiste Cloquet, son épouse, leurs deux fils (Hippolyte et Jules) et leurs familles en correspondancefamiliale.ehess.fr.
- ↑ rinoloxía no Dicionario da RAG.
- ↑ Bagre Cloquet, 1816 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Gaidropsarus vulgaris (Cloquet, 1824) (especie descrita como Mustela vulgaris) no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Mustelus asterias Cloquet, 1821 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Cloquet, Hippolyte (fl. 1822) no IPNI.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hippolyte Cloquet |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hippolyte Cloquet |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Olivier Walusinski: Joseph Hippolyte Cloquet (1787-1840). Portrait d’un pionnier de la physiologie de l’odorat.
- Obras de Hippolyte Cloquet na openlibrary.org.