Hidroxocobalamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidroxocobalamina
Datos clínicos
Sinónimosvitamina B12, vitamina B12a, hidroxicobalamina
MedlinePlusa605007
Código ATC
Datos farmacocinéticos
Unión a proteína plasmáticaMoi alta (90%)
MetabolismoPrincipalmente hepático; as cobalaminas absórbense no íleo e son almacenadas no fígado.
Semivida~6 días
Identificadores
Número CAS
Datos químicos e físicos
FórmulaC62H89CoN13O15P
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hidroxocobalamina, tamén chamada vitamina B12a e hidroxicobalamina, é unha vitamina que se encontra nos alimentos e en suplementos dietéticos.[1] Como suplemento utilízase para tratar a deficiencia de vitamina B12, incluíndo unha das súas consecuencias, a anemia perniciosa.[1][2] Outros usos son o tratamento do envelenamento por cianuro, a atrofia óptica de Leber e a ambliopía tóxica.[3][4] Adminístrase por vía intramuscular ou intravenosa.[2]

Xeralmente presenta poucos efectos secundarios.[2] Entre eles poden estar os seguintes: diarrea, potasio sanguíneo baixo, reaccións alérxicas e presión arterial alta.[2] As doses normais considéranse seguras durante o embarazo.[5] A hidroxocobalamina é a forma natural da vitamina B12 e un membro da familia de compostos da cobalamina.[6][7] A hidroxocobalamina, ou outras formas da vitamina B12, son necesarias para que o corpo poida producir ADN.[7]

A hidroxocobalamina illouse por primeira vez en 1949.[8] É unha das medicinas que está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde.[9] Está dispoñible como medicamento xenérico.[2] Fabrícase comercialmente utilizando varios tipos de bacterias.[10]

Usos médicos[editar | editar a fonte]

A hidroxocobalamina en condicións estándar é un composto sólido formado por cristais vermellos escuros.
O líquido da inxección de hidroxocobalamina USP (1000 μg/mL) é unha solución líquida vermella clara. Móstrase un preparado de 500 μg B-12 para inxección subcutánea.

Deficiencia de vitamina B12[editar | editar a fonte]

A terapia estándar para o tratamento da deficiencia de vitamina B12 é a inxección intramuscular ou intravenosa de hidroxocobalamina (OHCbl), xa que a maioría dos casos débense a unha mala absorción pola ruta entérica (intestinal).[11] Utilízase en pacientes pediátricos con enfermidades metabólicas da cobalamina intrínsecas, pacientes con dificiencia de vitamina B12 con ambliopía por tabaco que contén cianuro debida a envelenamento por cianuro e pacientes de anemia perniciosa que teñen neuropatía óptica.[12]

Envelenamento por cianuro[editar | editar a fonte]

A hidroxocobalamina é a terapia de primeira liña para casos de envelenamento por cianuro.[2] A hidroxocobalamina converte o cianuro no composto moito menos tóxco cianocobalamina. A cianocobalamina é eliminada polos riles. O uso de hidroxocobalamina converteuse no tratamento de regra debido ao seu perfil de baixo risco de efectos secundarios, a rapidez con que comeza a actuar e a facilidade de uso en instalacións prehospitalarias.[13]

Hidroxocobalamina inxectable[editar | editar a fonte]

A inxección de hidroxocobalamina utilízase para atallar as seguintes causas de deficiencia de viatamina B12: [14]

A anemia perniciosa é a consecuencia máis común da deficiencia de vitamina B12.[15] aínda que propiamente se refire á anemia causada especificamente pola deficiencia autoinmune de factor intrínseco, úsase frecuentemente para referirse de modo xeral á anemia deficiente en B12, sen importar a súa causa.

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Os datos da literatura sobre o perfil de toxicidade aguda da hidroxocobalamina mostran que xeralmente se considera segura con exposición local e sistémica. A capacidade da hidroxocobalamina de retirar rapidamente e detoxificar o cianuro por quelación motivou varios estudos en animais e humanos nos que se usou hidroxocobalamina sistémica a doses suprafarmacolóxicas de ata 140 mg/kg para estudar o seu uso como tratamento intravenoso da exposición ao cianuro.[16][17] A FDA norteamiericana a finais de 2006 aprobou o uso de hidroxocobalamina en inxección para o tratamento do envelenamento por cianuro.

Esta substancia causa unha coloración avermellada da urina (cromaturia), que pode parecer sangue na urina.[18]

Propiedades[editar | editar a fonte]

O acetato de hidroxicobalamina ten aspecto de cristais inodoros vermello escuros ortorrómbicos. As formulacións para inxección teñen un aspecto de solucións claras vermellas. Ten un coeficiencte de distrbución de 1,133 × 10-5 e un pKa de 7,65.

Mecanismos de acción[editar | editar a fonte]

Co termo vitamina B12 referímonos a un conxunto de compostos chamados cobalaminas que se encontran no corpo humano en diversas formas, na súa maioría interconvertibles. Xunto co folato, as cobalaminas son cofactores esenciais que cómpren para a síntese do ADN nas células onde están tendo lugar a replicación cromosómica e a división, maiormente na medula ósea e nas células mieloides. Como cofactores, as cobalaminas son fundamentais para dúas reaccións celulares:

As cobalaminas caracterízanse por ter un núcleo de corrina similar á porfirina que contén un só átomo de cobalto unido a un nucleótido bencimidazolil e un residuo ou grupo R variable. O rupo R variable dá lugar ás catro cobalaminas máis comúns: cianocobalamina (CNCbl), metilcobalamina, 5-desoxiadenosilcobalamina e hidroxocobalamina (OHCbl). No soro sanguíneo a hidroxocobalamina e a cianocobalmina crese que funcionan como formas de almacenamento ou transporte da molécula, mentres que a metilcobalamina e a 5-desoxiadenosilcobalamina son as formas activas do coencima necesario para o crecemento e replicación da célula.[19] A cianocobalamina adoita converterse en hidroxocobalamina no soro, mentres que a hidroxocobalamina se converte en metilcobalamina ou en 5-desoxiadenosil cobalamina. As cobalaminas circulan unidas a proteínas séricas chamadas transcobalaminas (TC) e haptocorrinas. A hidroxocobalamina ten unha maior afinidade pola proteína de transporte TC II que a cianocobalamina ou a 5-desoxiadenosilcobalamina. Desde un punto de vista bioquímico, hai dúas reaccións encimáticas esenciais requiren vitamina B12 (cobalamina).[19][20]

A vitamina B12 intracelular mantense en forma de dúas coencimas activas: metilcobalamina e 5-desoxiadenosilcobalamina. No caso de deficiencia de vitamina B12, a conversión de metilmalonil-CoA a succinil-CoA non pode ter lugar, o cal te como resultado a acumulación de metilmalonil-CoA e a síntese de ácidos graxos anormal. Noutras reaccións encimáticas, a metilcobalamina apoia a reacción da metionina sintase, que é esencial para o metabolismo normal do folato. A interacción folato-cobalamina é esencial para a síntese normal de purinas e pirimidinas, e a transferencia do grupo metilo á cobalamina é esencial para a subministración adecuada de tetrahidrofolato, o substrato para os pasos metabólicos que necesitan folato. Nun estado de deficiencia de vitamina B12, a célula responde redirixindo as vías metabólicas do folato para subministrar cantidades crecentes de metiltetrahidrofolato. Son frecuentes as concentracións elevadas resultantes de homocisteína e de ácido metilmalónico en pacientes con baixos niveis séricos de vitamina B12 e poden xeralmente baixarse cunha terapia de substitución de vitamina B12. Porén, as concentracións elevadas de ácido metilmalónico e de homocisteína poden persistir en pacientes con concentracións de cobalamina entre 200 e 350 pg/mL.[21] A suplementación con vitamina B12 durante condicións de deficiencia restaura o nivel intracelular de cobalamina e mantén un nivel suficiente dos dous coencimas activos: metilcobalamina e desoxiadenosilcobalamina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 World Health Organization (2009). Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. p. 251. ISBN 9789241547659. hdl:10665/44053. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Vitamin B12". The American Society of Health-System Pharmacists. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  3. MacLennan L, Moiemen N (febreiro de 2015). "Management of cyanide toxicity in patients with burns". Burns 41 (1): 18–24. PMID 24994676. doi:10.1016/j.burns.2014.06.001. 
  4. "Hydroxocobalamin 1mg in 1ml solution for injection - Summary of Product Characteristics (SPC) - (eMC)". www.medicines.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  5. "Hydroxocobalamin Use During Pregnancy | Drugs.com". www.drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  6. Bullock, Shane; Manias, Elizabeth (2013). Fundamentals of Pharmacology (en inglés). Pearson Higher Education AU. p. 862. ISBN 9781442564411. Arquivado dende o orixinal o 2016-12-31. 
  7. 7,0 7,1 "Office of Dietary Supplements - Dietary Supplement Fact Sheet: Vitamin B12". ods.od.nih.gov. 11 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  8. Eitenmiller, Ronald R.; Landen, W. O. (2010). Vitamin Analysis for the Health and Food Sciences (en inglés). CRC Press. p. 467. ISBN 9781420050165. Arquivado dende o orixinal o 2016-12-31. 
  9. World Health Organization (2019). World Health Organization model list of essential medicines: 21st list 2019. Geneva: World Health Organization. hdl:10665/325771. WHO/MVP/EMP/IAU/2019.06. License: CC BY-NC-SA 3.0 IG. 
  10. "Vitamins, 6. B Vitamins". Ullmann's encyclopedia of industrial chemistry. Weinheim: Wiley-VCH. 2011. ISBN 9783527303854. 
  11. Thakkar K, Billa G (xaneiro de 2015). "Treatment of vitamin B12 deficiency-methylcobalamine? Cyancobalamine? Hydroxocobalamin?-clearing the confusion". European Journal of Clinical Nutrition 69 (1): 1–2. PMID 25117994. doi:10.1038/ejcn.2014.165. 
  12. Carethers M (marzo de 1988). "Diagnosing vitamin B12 deficiency, a common geriatric disorder". Geriatrics 43 (3): 89–94, 105–7, 111–2. PMID 3277892. 
  13. Shepherd G, Velez LI (maio de 2008). "Role of hydroxocobalamin in acute cyanide poisoning" (PDF). The Annals of Pharmacotherapy 42 (5): 661–9. PMID 18397973. doi:10.1345/aph.1K559. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  14. Lista tomada da etiqueta de prescrición de fármacos da FDA norteamericana
  15. Qudsiya, Zainab; De Jesus, Orlando (2022). Subacute Combined Degeneration of the Spinal Cord. StatPearls (StatPearls Publishing). PMID 32644742. 
  16. Forsyth JC, Mueller PD, Becker CE, Osterloh J, Benowitz NL, Rumack BH, Hall AH (1993). "Hydroxocobalamin as a cyanide antidote: safety, efficacy and pharmacokinetics in heavily smoking normal volunteers". Journal of Toxicology. Clinical Toxicology 31 (2): 277–94. PMID 8492341. doi:10.3109/15563659309000395. 
  17. Riou B, Berdeaux A, Pussard E, Giudicelli JF (1993). "Comparison of the hemodynamic effects of hydroxocobalamin and cobalt edetate at equipotent cyanide antidotal doses in conscious dogs". Intensive Care Medicine 19 (1): 26–32. PMID 8440794. doi:10.1007/BF01709274. 
  18. Koratala A, Chamarthi G, Segal MS (xuño de 2018). "Not all that is red is blood: a curious case of chromaturia". Clinical Case Reports 6 (6): 1179–1180. PMC 5986001. PMID 29881591. doi:10.1002/ccr3.1514. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Bertram G. Katzung, Basic and clinical pharmacology, 1989.
  20. Hardman, J.G., Limbird, L.E. and Gilman, A.G. (2001) Goodman & Gilman’s The Pharmacological Basis of Therapeutics. 10th Edition, McGraw-Hill, New York.
  21. Savage, D. G., Lindenbaum, J., Stabler, S. P., & Allen, R. H. (1994). Sensitivity of serum methylmalonic acid and total homocysteine determinations for diagnosing cobalamin and folate deficiencies. The American journal of medicine, 96(3), 239–246. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]