Ácido metilmalónico
Ácido metilmalónico | |
---|---|
Outros nomes PIN: Ácido metilpropanodioico | |
Identificadores | |
Número CAS | 516-05-2 |
PubChem | 487 |
ChemSpider | 473 |
UNII | 8LL8S712J7 |
Número CE | 208-219-5 |
KEGG | C02170 |
MeSH | Methylmalonic+acid |
ChEBI | CHEBI:30860 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H6O4 |
Masa molar | 118,09 g mol−1 |
Densidade | 1,455 g/cm3 |
Punto de fusión | 134 °C; 273 °F; 407 K |
Acidez (pKa) | pKa1 = 3,07[1] pKa2 = 5,76[1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido metilmalónico (MMA) é un ácido dicarboxílico que é un derivado C-metilado do ácido malónico. A súa base conxugada é o metilmalonato.
A forma ligada ao coencima A do ácido metilmalónico, o metilmalonil-CoA, convértese en succinil-CoA por acción da metilmalonil-CoA mutase, nunha reacción que require vitamina B12 como cofactor. Deste modo, entra no ciclo de Krebs e contribúe a unha das reaccións anapleróticas.
Patoloxía
[editar | editar a fonte]Un incremento dos niveis de ácido metilmalónico pode indicar unha deficiencia de vitamina B12. Porén, é un test sensible (os que teñen a deficiencia case sempre dan positivo no test) pero non específico (nos que non teñen deficiencia de vitamina B12 poden detectarse niveis elevados de ácido metilmalónico).[2] O ácido metilmalónico está elevado nun 90–98 % dos pacientes con deficiencia de vitamina B12. Ten unha especificidade máis baixa, xa que o 20–25 % dos pacientes de máis de 70 anos teñen niveis elevados de ácido metilmalónico, pero o 25–33 % deles non teñen deficiencia de vitamina B12. Por esta razón, os tests de ácido metilmalónico (MMA) non se recomendan como unha rutina en persoas vellas.[3] Ademais, a acumulación de ácido metilmalónico no sangue co aumento da idade foi ligado á progresión de tumores en 2020.[4]
Un sobrecrecemento de bacterias no intestino delgado pode tamén orixinar niveis elevados de ácido metilmalónico debido á competición das bacterias no proceso de absorción de vitamina B12. Isto é certo para a vitamina B12 procedente dos alimentos e a suplementación oral e pode ser sorteado por medio de inxeccións de vitamina B12. Tamén se hipotetizou a partir de estudos de casos de pacientes de síndrome do intestino curto que o sobrecrecemento de bacterias intestinais causa un incremento na produción de propionato, o cal é un precursor do ácido metilmalónico.[5][6] Observouse que neses casos, os niveis de ácido metilmalónico volveron ao normal coa administrción de metronidazol.[5][7]
Un exceso está asociado coa acidemia metilmalónica.
Se os niveis elevados de ácido metilmalónico van acompañados de niveis elevados de ácido malónico, isto pode indicar que se padece a enfermidade metabólica aciduria metilmalónica e malónica combinada (CMAMMA nas súas siglas en inglés). Calculando a proporción de ácido malónico respecto do ácido metilmalónico no plasma, a CMAMMA pode distinguirse da acidemia metilmalónica clásica.[8]
As concentracións de ácido metilmalónico no sangue mídense por espectroscopia de masas cromatográfica de gas ou espectrometría de masas-cromatografía líquida (LC-MS) e os valores esperados de ácido metilmalónico en persoas sas están entre 73 e 271 nmol/L.[9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dissociation Constants Of Organic Acids And Bases". zirchrom.com.
- ↑ "Sensitivity and Specificity". www.med.emory.edu.
- ↑ "B12 Deficiency and Dizziness". www.dizziness-and-balance.com.
- ↑ Gomes, Ana P.; Ilter, Didem; Low, Vivien; Endress, Jennifer E.; Fernández-García, Juan; Rosenzweig, Adam; Schild, Tanya; Broekaert, Dorien; Ahmed, Adnan; Planque, Melanie; Elia, Ilaria (2020-09-10). "Age-induced accumulation of methylmalonic acid promotes tumour progression". Nature (en inglés) 585 (7824): 283–287. ISSN 0028-0836. PMC 7785256. PMID 32814897. doi:10.1038/s41586-020-2630-0.
- ↑ 5,0 5,1 Sentongo, Timothy A; Azzam, Ruba; Charrow, Joel (2009). "Vitamin B12 Status, Methylmalonic Acidemia, and Bacterial Overgrowth in Short Bowel Syndrome". Journal of Pediatric Gastroenterology & Nutrition (en inglés) 48 (4): 495–497. ISSN 0277-2116. PMID 19322060. doi:10.1097/MPG.0b013e31817f9e5b.
- ↑ Giannella, R.A.; Broitman, S.A.; Zamcheck, N. (1972). "Competition Between Bacteria and Intrinsic Factor for Vitamin B12: Implications for Vitamin B12 Malabsorption in Intestinal Bacterial Overgrowth". Gastroenterology 62 (2): 255–260. ISSN 0016-5085. PMID 4629318. doi:10.1016/s0016-5085(72)80177-x.
- ↑ Jimenez, Lissette; Stamm, Danielle A.; Depaula, Brittany; Duggan, Christopher P. (2018). "Is Serum Methylmalonic Acid a Reliable Biomarker of Vitamin B12 Status in Children with Short Bowel Syndrome: A Case Series". The Journal of Pediatrics (en inglés) 192: 259–261. PMC 6029886. PMID 29129351. doi:10.1016/j.jpeds.2017.09.024.
- ↑ de Sain-van der Velden, Monique G. M.; van der Ham, Maria; Jans, Judith J.; Visser, Gepke; Prinsen, Hubertus C. M. T.; Verhoeven-Duif, Nanda M.; van Gassen, Koen L. I.; van Hasselt, Peter M. (2016). Morava, Eva; Baumgartner, Matthias; Patterson, Marc; Rahman, Shamima, eds. A New Approach for Fast Metabolic Diagnostics in CMAMMA. JIMD Reports, Volume 30 30 (Berlin, Heidelberg: Springer Berlin Heidelberg). pp. 15–22. ISBN 978-3-662-53680-3. PMC 5110436. PMID 26915364. doi:10.1007/8904_2016_531.
- ↑ Isber, Sonia (2007). "The role of poor nutritional status and hyperhomocysteinemia in complicated pregnancy in Syria" (PDF). doi:10.22028/D291-20838.
- ↑ "Methylmalonic Acid, Serum or Plasma (Vitamin B12 Status)". ltd.aruplab.com.