Gastrectomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gastrectomía
Clasificación e recursos externos
Gastrectomía proximal.
MedlinePlus002945
MeSHD005743
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A gastrectomía (do grego γαστήρ "estómago" e ἐκτομή "escisión") é a intervención cirúrxica que consiste na extirpación ou exérese parcial ou total do estómago. Dito procedemento está indicado en diversas doenzas, como úlceras complicadas (isto é, que cursan con hemorraxia, perforación ou obstrución), tumores gástricos (tanto malignos coma beningnos), doenzas inflamatorias (doenza de Crohn) ou pólipos non cancerosos.

A gastrectomía é unha operación levada a cabo por cirurxiáns xerais. O precedemento realíza baixo anestesia xeral, e consiste na exérese, ben do estómago completo (gastrectomía total), ben dunha porción deste (gastrectomía parcial) e a posterior reparación da continuidade do tubo dixestivo.

A primeira operación deste tipo foi realizada polo cirurxián Theodor Billroth en 1881 para tratar un cancro de estómago.

Na actualidade moitos cirurxiáns empregan a técnica de laparoscopia para operar unha gastrectomía. Na gastrectomía laparoscópica, unha cámara é introducida no abdome do paciente, e a través de pequeñas incisións en diferentes puntos da parede abdominal, prodúcese a extracción do estómago. As vantaxes da gastrectomía laparoscópica fronte a gastrectomía aberta ou tradicional son a menor estancia hospitalaria, menor dor, menor índice de complicacións e cicatrices máis pequenas.[1]

Tipos de gastrectomía[editar | editar a fonte]

Gastrectomía radical[editar | editar a fonte]

Consiste na extirpación de todo o estómago e dos tecidos linfáticos adxacentes. Realízase principalmente en tumores de estómago.

Gastrectomía total[editar | editar a fonte]

Consiste na extracción do estómago dende o cardias até o píloro. Os muñóns resultantes únense entre si, de xeito que o esófago conéctase directamente o íleo ou ao colon.

Dentro da gastrectomía subtotal existen certas variantes que permiten conservar unha parte pequena do estómago. Esta intervención denomínase gastrectomía subtotal, destacando tres técnicas:

  • Gastrectomía en Y de Roux. Após da gastrectomía, realízase un corte no íleo. O polo proximal deste corte é asendido até anastomosalo co cardias. O polo distal do corte ileal únese lateralmente a un segmento inferior do propio ileon. Esta unión lateral proporciónalle á anatomía intestinal unha forma de Y que lle da o nome a esta técnica. Finalmente, o polo do cardias e duodeno fica sen anastomosar.
  • Gastrectomía Bilroth I
  • Gastrectomía Bilroth II. Do mesmo xeito que acontece coa gastrectomía en Y de Roux, o polo duodenar fica libre, sen volver a unirse ao tubo dixestivo. A parte superior do estómago que non se extrpou conéctase coas asas intestinais, dando unha forma de letra omega maiúscula (Ω).

Gastrectomía parcial[editar | editar a fonte]

Consiste na extirpación dunha parte do estómago. Dita extirpación implica case seempre tamén a eliminación do píloro. O tránsito do estómago cara ao intestino prodúcese mediante unha gastroduodenostomía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lee, S I (2006). "Comparative study of laparoscopy-assisted distal gastrectomy and open distal gastrectomy.". J Am Coll Surg. 202 (6): 874–80. PMID 16735200. Consultado o 5 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]