Hibisco
Hibiscos (xénero Hibiscus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do hibisco | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Os hibiscos[2] son plantas pertencentes ao xénero Hibiscus , un amplo xénero cunhas 150 especies aceptadas, das máis de 1.000 descritas[3], da familia Malvaceae, típicas de ambientes cálidos, en rexións tropicais e subtropicais.
En Galiza úsanse coma ornamentais.
Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero inclúe dende plantas herbáceas, anuais ou perennes, até pequenos arbustos e arboriñas. As follas son alternas, simples, de ovadas a lanceoladas, a miúdo coa marxe serrada ou lobulada. As flores son longas, conspicuas, con forma de trompeta, con cinco pétalos, de tons brancos a rosas, vermellos, morados ou amarelos, de 4 a 15 cm de tamaño. O froito é unha cápsula que contén varias sementes en cada lóculo.
Distribución
[editar | editar a fonte]É un xénero de zonas temperadas, subtropicais e tropicais de todo o mundo, cunha orixe centrada principalmente no sueste de Asia. Introducido e cultivado dende tempos inmemoriais para usos ornamentais, alimentarios e medicinais.
Usos
[editar | editar a fonte]Moitas especies cultívanse polas súas flores rechamangueiras ou se utilizan coma arbustos en paisaxismo (a especie Hibiscus syriacus, a rosa de Siria, é moi común). Tamén son un ingrediente principal en tés de herbas ou infunsións.
Unha das especies, coñecida coma kenaf (Hibiscus cannabinus) úsase amplamente na elaboración de papel.
A rosa de Xamaica (Hibiscus sabdariffa), úsase coma verdura e para elaborar infusións de herbas e marmeladas (en especial no Caribe). En Latinoamérica, é bastante popular a bebida coñecida coma auga de Xamaica, elaborada a partir dos cálices desta especie. En Exipto e no Sudán utilízanse os pétalos para facer unha infusión chamada carcad
- A especie Hibiscus rosa-sinensis ten usos médicos na fitoterapia chinesa.[4]
- A casca, moi fibrosa, emprégase na Polinesia.
- A Cidade do Hibisco é o alcuma da vila de Chengdu, na China.
Pragas
[editar | editar a fonte]As especies de hibisco son substento de larvas dalgúns lepidópteros, coma Chionodes hibiscella ou Hypercompe hambletoni. Ademais atácana os pulgóns.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 693, polo ano 1753. A especie tipo é Hibiscus syriacus L.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hibiscus L.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 05-10-2007. Arquivado dende o orixinal o 28-05-2010. Consultado o 16-02-2010.
- ↑ Nome vulgar das plantas deste xénero no Dicionario da Real Academia Galega e en Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Hibiscus en The Plant List
- ↑ Plants for a Future: Hibiscus rosa-sinensis. Arquivado 01 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (accessed 07/05/2009)
- ↑ "Hibisco". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 7 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fryxell, P. A. 1992. Malvaceae. Fl. Veracruz 68: 1–255.
- Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Standley, P. C. & J. A. Steyermark 1949. Malvaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - P art VI. Fieldiana, Bot. 24(6): 324–386.
- Stevens, W. D., C. Ulloa U., A. Pool & O. M. Montiel 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii, 1–2666.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hibisco |