Hibiscus syriacus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hibiscus syriacus chamada vulgarmente hibisco de Siria, rosa de Sharon ou roseira de Siria,[1] é unha especie de planta floral caducifolia. Cultívase como flor ornamental en moitas partes do mundo, sendo común atopala en xardíns de Galiza, incluso coma árbore nas rúas das cidades. 

Ilustración de Louis-Aristide-Léon Constans (fl. 1830s-1860s), placa 106 do terceiro volume de Paxton's Flower Garden (1852-1853) de John Lindley e Joseph Paxton.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta orixinaria de Asia, que pode acadar entre 2 e 4 metros de altura. Xeralmente cultívase en lugares onde os veráns son moi cálidos polas súas atractivas flores. Estas poden ser de varias cores: brancas, rosadas, vermellas, violetas, etc. Cada flor ten unha curta vida (ao redor dun día), mais como a planta produce moitas sempre poden apreciarse varias. O período de floración vai desde a primavera até o outono.[2]

Hibiscus syriacus é a flor nacional de Corea do Sur, aparecendo en diversos emblemas nacionais. No himno nacional deste país compárase a Corea con esta flor.[3] O nome da flor en coreano é mugunghwa (Hangul: 무궁화; Hanja: 無窮花).

Esta planta pódese propagar por esgallos ou sementes.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Hibiscus syriacus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum2: 695. 1753.[5]

Etimoloxía

Hibiscus: nome xenérico que deriva da verba grega: βίσκος ( hibískos ), que era o nome que deu Dioscórides (aC. 40-90) a Althaea officinalis.[6]

syriacus: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Siria.[7]

Sinonimia
  • Hibiscus acerifolius Salisb.
  • Hibiscus floridus Salisb.
  • Hibiscus rhombifolius Cav.
  • Ketmia arborea Moench
  • Ketmia syriaca (L.) Scop.
  • Ketmia syrorum Medik[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ningún dicionario galego recolle polo de agora o nome vulgar (común a todas as linguas romances) por iso a entrada do artigo recolle o nome científico
  2. Hibiscus syriacus en www.centralpark.com Arquivado 02 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. "Símbolos nacionales de Corea". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xuño de 2016. 
  4. Hibiscus syriacus en www.pfaf.org (en inglés)
  5. 5,0 5,1 "Hibiscus syriacus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de novembro de 2014. 
  6. Lawton, Barbara Perry (2004). Hibiscus: Hardy and Tropical Plants for the Garden. Timber Press. p. 36. ISBN 978-0-88192-654-5. 
  7. En Epítetos Botánicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]