Artur Tudor
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de setembro de 1486 Winchester Cathedral Priory, Reino Unido (en) |
| Morte | 2 de abril de 1502 (Gregoriano) Castelo de Ludlow, Reino Unido (pt) |
| Causa da morte | sudor anglicus (pt) |
| Lugar de sepultura | Catedral de Worcester (pt) |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | realeza |
| Outro | |
| Título | Conde de Chester (1489–) Príncipe de Gales (1489–) Duque de Cornualla (1486–1502 (Gregoriano)) |
| Familia | Casa de Tudor |
| Cónxuxe | Catarina de Aragón (1501 (Gregoriano)–1502), morte da persoa |
| Pais | Henrique VII de Inglaterra |
| Irmáns | Margarida Tudor María Tudor Katherine Tudor Elizabeth Tudor Edmundo Tudor, Duque de Somerset Henrique VIII de Inglaterra Edward Tudor |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henrique VII deu a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales. Un ano antes do seu nacemento publicárase Le Morte d'Arthur ou A Morte de Artur en galego, é a versión de Sir Thomas Malory sobre a historia do Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda baseada en varias lendas inglesas e francesas e que tivo unha gran repercusión.
Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.