Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique V
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Entrega dos símbolos de poder de Henrique IV

Reinado11111125
Nacemento11 de agosto de 1086
Goslar, Saxonia
Falecemento23 de maio de 1125
Utrecht
SepulturaCripta da Catedral de Espira (Corpo)
Catedral de San Martiño de Utrecht (Corazón e intestinos)
SucesorLotario II
ConsorteMatilde de Inglaterra
Descendencianon tivo
Casa realSalia
ProxenitoresHenrique IV
Berta de Savoia

Na rede
WikiTree: Salian-11

Henrique V, mado o 11 de agosto de 1086 en Goslar, Saxonia e finado en Utrecht o 23 de maio de 1125, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico entre 1111 e 1125.

Era fillo do emperador Henrique IV e de Berta de Savoia.

Foi o cuarto e último emperador da Dinastía salia.

Foi asociado como rei polo seu pai en 1099. Forzou ao seu pai a abdicar a través da Dieta de Maguncia en 1105. Foi elixido emperador en 1111.

Morreu de cancro menos de un mes antes de cumprir os 39 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guerra contra o reino de Hungría[editar | editar a fonte]

Do mesmo modo que o seu avó Henrique III e seu pai Henrique IV, Henrique V proseguiu as pretensións sobre o Reino de Hungría de mantelo como un Estado vasalo, igual como o facía co Principado de Bohemia (posteriormente Reino de Bohemia a partir de 1212).

Deste xeito Henrique V invadiu Hungría en 1108 apoiando ao príncipe Álmos, irmán máis vello do rei Colomán o Bibliófilo. Álmos desexaba ser coroado rei húngaro e estaba preocupado pola coroación do moi xove Estevo, fillo de Colomán en 1105. Aínda que Álmos pedira anteriormente asistencia ao emperador Henrique IV, este non puidera entregalle os seus exércitos por conflitos con Bohemia, Henrique V si accedeu. A cambio, Álmos lle ofrecrea a vasalaxe de Hungría a Henrique V despois de que houbera sido coroado.

O emperador xermánico sitiou a cidade húngara de Bratislava e Colomán solicitou a axuda de Boleslao III, o duque de Polonia, quen atacou Bohemia, parte dos dominios de Henrique V. En novembro dese ano asirnaron a paz e Colomán permitiu que Álmos regresara á corte húngara, pero non restaurou o ducado de Nitra.

Logo da morte do rei Colomán o Bibliófilo, seu fillo Estevo II de Hungría ocupou o trono en 1116. Así, non só herdaría a coroa húngara, senón tamén a situación tensa que existía entre o emperador Henrique V e o seu pai. Estevo II mantivo a mesma posición que seu pai durante a querela das investiduras, apoiando ao papado e enfrontado ao Sacro Imperio Romano Xermánico. Neste mesmo ano, o exército húngaro sufriu unha terríbel derrota xunto á cidade de Zadar contra a alianza militar composta polas forzas xermánicas de Henrique V, os exércitos venecianos e as tropas bizantinas. Isto motivaríao a asirnar a paz coa República de Venecia en 1118 e ao ataque do margraviado de Austria, contra o marqués Leopoldo III. Dito ataque resultou vitorioso e, tras este, Estevo II regresou a Hungría e acabaría coa ameaza xermánica sobre Hungría.

Continuación da querela das investiduras[editar | editar a fonte]

Selo de Henrique V

Seu pai, Henrique IV, conducira unha longa campaña contra o papado, onde ambos os poderes rivalizaban: a Querela das Investiduras.

Henrique V, nun primeiro momento apoiou ao papado e aos príncipes alemáns fronte ao seu pai por temor a quedar excluído da sucesión pero, xa no trono, tratou de manter a política levada polo seu pai, e continuou así a querela entre el e o papa Pascual II. Obrigou ao papa a que lle recoñecese a potestade de outorgar investiduras pero, un ano máis tarde (en 1112) o papa excomumgouno.

Henrique V, desde ese momento, tivo que enfrontarse tamén cos príncipes saxons e turinxios. En 1118 o emperador fixo nomear o antipapa Gregorio VIII, pero como non contaba con apoios suficientes, firmou co papa Calisto II o Concordato de Worms en 1122, polo que se aceptou como fórmula de compromiso diferenciar a investidura de carácter laico da canónica.

Casamento[editar | editar a fonte]

En 1114 Henrique V casara coa princesa Matilde, filla do rei Henrique I de Inglaterra. Non tiveron fillos.


Predecesor:
Conrado II de Italia
Rei de romanos

1098 - 1111
Sucesor:
Lotario II
(contra Conrado III)
Predecesor:
Henrique IV
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1111 - 1125
Sucesor:
Lotario II
Predecesor:
Conrado II de Italia
Rei de Italia
1098 - 1125
Sucesor:
Lotario II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]