Conrado II de Italia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1074 (Gregoriano) ![]() Abadía de Hersfeld (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Morte | 27 de xullo de 1101 (Gregoriano) ![]() Florencia (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Lugar de sepultura | Santa Reparata, Florence (en) ![]() ![]() |
Rei dos Romanos | |
1087 – 1098 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Duque de Baixa Lorena (1076–1087) ![]() |
Familia | Dinastía salia ![]() |
Cónxuxe | Costanza de Sicilia ![]() |
Pais | Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico ![]() ![]() |
Irmáns | Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Inês da Alemanha ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() |
Conrado de Lorena, ou Conrado de Franconia ou Conrado de Italia, nado na Abadía de Hersfeld o 12 de febreiro de 1074, e finado en Florencia o 27 de xullo de 1101, foi duque da Baixa Lorena (Lotarinxia), de 1076 a 1087, Rei de romanos (xunto co seu pai) de 1087 a 1098 e Rei de Italia de 1093 a 1098.
Conrado foi o segundo fillo varón do rex romanorum e futuro emperador do Sacro Imperio Henrique IV, tanto segundo os Annales Diibodi («Cuonradus filius imperatoris»),[1] como segundo o Bernoldi Chronicon («Chonradus rex filius Heinrici»),[2] e a súa primeira esposa, Berta de Savoia, segundo confirman os Annales Diibodi («Bertha imperatrix»).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O irmán máis vello de Conrado morreu en agosto de 1071 e, como herdeiro de seu pai foi investido co ducado da Baixa Lorena e o marquesado de Turín en 1076. Foi llevado a Italia, onde permaneceu ao coidado de Teobaldo de Castiglione, arcebispo de Milán. O 30 de maio de 1087 foi coroado en Aquisgrán como rei de Alemaña o que o convertía en herdeiro do seu pai. Foi deposto polo seu pai en 1098, debido ao seu enfrontamento con el.
Baixo a influencia da marquesa Matilde de Toscana,[3] Conrado adheriuse ao bando papal en contra de seu pai na Querela das Investiduras, e en 1093 foi coroado como Rei de Italia en Milán polo seu arcobispo Anselmo III.[4][5]
En 1095, despois do Concilio de Piacenza, prestou xuramento de lealdade ao Papa Urbano II en Cremona, e á su vez, o Papa lle prometeu a coroa imperial, así como o arranxo do su enlace matrimonial con Costanza, filla de conde de Sicilia Roxerio I de Sicilia.
A reacción de seu pai culminou na Dieta de Maguncia en abril de 1098, na que depuxo a Conrado e designou ao seu outro fillo Henrique como seu sucesor. Desde este momento, menguou a influencia de Conrado en Italia e, finalmente, morreu en 1101 á idade de vinte e sete anos, en Florencia.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]Segundo o Bernoldi Chronicon, Conrado (Chonradus rex), casou en Pisa (Tusciam Pisas) coa filla do conde de Sicilia Roxerio I de Sicilia (filiam Rogerii ducis de Sicilia), engadindo que aínda era moi nova (admodum parvulam) e tiña unha notoria dote (cum inaudita pecunia).[2] Non se menciona o nome da filla de Roxerio pero a maioría dos historiadores cren que foi Costanza de Sicilia, filla de Roxerio I e da súa segunda esposa, Eremburga de Mortain,[6], mentres que, segundo Hubert Houben, era Maximilla, filla de Roxerio I e da súa terceira muller, Adelaida del Vasto.[7]Da súa muller, Conrado non tivo fillos.
Predecesor: Godofredo III da Baixa Lotarinxia |
Duque da Baixa Lorena 1076 - 1087 |
Sucesor: Godofredo de Bouillon |
Predecesor: Henrique IV |
Rei de Alemaña (formamente Rei de romanos) ![]() 1087 - 1098 |
Sucesor: Henrique V |
Predecesor: Henrique IV |
Casa de Hauteville 1093 - 1098 |
Sucesor: Henrique V |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Monumenta Germaniae Historica, p. 9[Ligazón morta].
- ↑ 2,0 2,1 Monumenta Germaniae Historica, p. 463.
- ↑ Robinson 2000, p. 288.
- ↑ Gawlik 1980, p. 496.
- ↑ Robinson 2000, pp. 286–87.
- ↑ Konrad of Franconia en Medieval Lands
- ↑ Hubert Houben 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conrado II de Italia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- I. S. Robinson (2003): Henry IV of Germany, 1056–1106. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-4590-7.
- Hubert Houben (2002): Roger I of Sicily. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-5208-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]