Margarida de Austria, duquesa de Savoia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de xaneiro de 1480 Bruxelas, Bélxica |
| Morte | 1 de decembro de 1530 Mechelen, Bélxica |
| Lugar de sepultura | royal monastery of Brou (en) |
| Gobernador dos Países Baixos Países Baixos Habsburgos (pt) | |
| 1517 – 1530 | |
| Gobernador dos Países Baixos | |
| 1507 – 1515 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Mechelen (1507 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano)) París |
| Ocupación | dignitary (en) |
| Outro | |
| Título | Princesa Duquesa |
| Familia | Casa de Habsburgo |
| Cónxuxe | Felisberto II de Saboia (1501 (Gregoriano)–) João, príncipe das Astúrias (1497 (Gregoriano)–1497) |
| Pais | Maximiliano I de Habsburgo |
| Irmáns | Cornelio de Austria Xurxo de Austria Filipe I de Castela |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Маргарита Австрийская) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Margarida de Austria, nada en Bruxelas, Bélxica o 10 de xaneiro de 1480 e finada en Malinas, Bélxica o 1 de decembro de 1530, foi arquiduquesa de Austria, princesa consorte de Asturias e de Xirona e duquesa consorte de Savoia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do arquiduque Maximiliano de Austria (daquela Maximiliano I do Sacro Imperio Romano Germánico) e de María de Borgoña, duquesa de Borgoña.
Casou con Xoán de Aragón e Castela, o fillo dos Reis Católicos, herdeiro ó trono de Castela e Aragón co título de Príncipe de Asturias. Irmá máis nova do arquiduque Filipe o Fermoso, casado con Xoana I de Castela, tamén filla dos Reis Católicos, e desta maneira tía paterna dos fillos destes: Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Germánico, Fernando I de Habsburgo, que tamén chegaría a ser emperador dos xermanos; Leonor de Austria, raíña de Portugal e logo de Francia; Sabela de Austria, raíña de Dinamarca; María de Austria, raíña de Hungría; e Catarina de Austria, raíña de Portugal.