Francisco II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco II de Francia
FrancoisII.jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1544 e 1543
 Fontainebleau
Falecemento5 de decembro de 1560
 París
Causameninxite
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiHenrique II de França
NaiCatarina de Medici
CónxuxeMaría I de Escocia
IrmánsHenrique III de França, Francisco, Duque de Anjou, Luís III de Orleães, Henri d'Angoulême, Victoria of Valois, Diane de France, Isabel de Valois, Rainha de Espanha, Margarida de Valois, Cláudia de Valois, Joan of Valois, Carlos IX de França e Henri de Saint-Rémi
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
editar datos en Wikidata ]
Francisco II de Francia

Francisco II de Francia (Fontainebleau, 19 de xaneiro, 1544 - Orleáns, 5 de decembro 1560), rei de Francia de 1559 a 1560)

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo maior de Henrique II e de Catarina de Medici e neto xa que logo de Francisco I.

Comprometido desde os cinco anos a María Estuardo, raíña de Escocia, sobriña (por parte da súa nai) de Carlos I de Lorena, duque de Guisa, casou con ela en 1558 converténdose, por matrimonio, en rei de Escocia. Cando contaba 16 anos sucedeu ao seu pai, Henrique II, morto accidentalmente o 19 de xullo de 1559.

Tiña 16 anos e, polo tanto, era maior de idade e podía reinar. Pero a súa saúde, tanto física como psíquicamente era tan débil que foi manexado pola súa muller e os seus tíos os Guisa partidarios dunha política represiva contra os protestantes. Francisco deixou nas súas mans o goberno. Os dous irmáns maiores desta familia tiñan entón todo o poder: Francisco I de Lorena e de Guisa dirixe os exércitos e Carlos de Guisa, cardeal de Lorena, dispón das finanzas e dos asuntos da Igrexa.

O 21 de setembro de 1559, Francisco II é consagrado en Reims por Carlos de Guisa. Os príncipes Antón de Borbón, rei de Navarra e o seu irmán Luís I de Borbón, príncipe de Condé, están ansiosos por alcanzar un trono que eles consideran perténcelles por herdanza e que é ocupado por ambiciosos estranxeiros.

O reinado de Francisco II está inmerso nos disturbios relixiosos. Os católicos (á súa cabeza os Guisa), e os protestantes (dirixidos por Antón de Borbón, Luís de Condé e Gaspar de Coligny), reúnen os exércitos ante a posibilidade dunha guerra declarada. En marzo de 1560, os líderes protestantes dirixidos por La Renaudie organizan a Conxuración de Amboise, pensada para levar ao rei e subtraelo da influencia dos Guisa outorgando o poder a Luís de Condé. Pierre des Avenelles traizoounos e os principais xefes foron arrestados e executados (a excepción do príncipe de Condé).

Tras uns poucos meses de reinado Francisco II faleceu o 5 de decembro de 1560 por mor dunha otite que lle produciu un abceso. A trepanación levouna a cabo Ambroise Parei. Ao morrer sen descendencia, o seu irmán, o duque Carlos de Orleáns, con dez anos, sucedeuno. María Estuardo volveu a Escocia.

Predecesor:
Henrique II
Coat of Arms of France & Navarre.svg
Rei de Francia

15591560
Sucesor:
Carlos IX