Helen Keller
Helen Keller | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Helen Adams Keller |
Nacemento | 27 de xuño de 1880 |
Lugar de nacemento | Tuscumbia |
Falecemento | 1 de xuño de 1968 |
Lugar de falecemento | Easton |
Causa | doenza |
Soterrada | Catedral Nacional de Washington |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | The New Church |
Alma máter | Radcliffe College, Universidade Harvard, The Cambridge School of Weston e Perkins School for the Blind |
Ocupación | escritora, oradora, ensaísta, activista política, sindicalista, activista pola paz, suffragette, lingüista e autobiógrafa |
Pai | Arthur Henley Keller |
Nai | Catherine Adams |
Coñecida por | The Story of My Life e The Frost King |
Premios | Medalla Presidencial da Liberdade, National Women's Hall of Fame, Alabama Women's Hall of Fame, Connecticut Women's Hall of Fame, Labor Hall of Honor, Cabaleiro da Lexión de Honra, Order of St. Sava, Knight of the Order of the Southern Cross, Cavaleiro da Ordem do Mérito da República Italiana, Order of Bernardo O'Higgins, Ordem do Tesouro da Felicidade Sagrada, Order of Merit, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul e Ordem do Mérito da República Italiana |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Helen Adams Keller, nada en Tuscumbia (Alabama) o 27 de xuño de 1880 e finada en Westport (Connecticut) o 1 de xuño de 1968, foi unha escritora, conferencista e activista social estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Helen Keller quedou cega e xorda, desde pícara, debido a unha doenza diagnosticada na época como febre cerebral (posiblemente foi escarlatina ou sarampelo). Superou todos os obstáculos, tornándose unha das máis notábeis personalidades do século XX. Ela sentía as ondulacións dos paxaros a través das copas e pólas das árbores dalgún parque onde ela paseaba.
Deveu unha famosa escritora, filósofa e conferenciante, cun extenso traballo que desenvolveu en favor das persoas portadoras de eivas. Anne Sullivan foi a súa profesora, compañeira e protectora.
Formación e recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1904 graduouse como bacharel en filosofía polo Radcliffe College, institución que a agraciou co premio Alumno Destacado no 50 aniversario da súa formación. Falaba os idiomas francés, latín e alemán.
Ao longo da vida foi agraciada con títulos e diplomas honorarios de diversas institucións, como a universidade Harvard e universidades da Escocia, Alemaña, India e Suráfrica. En 1952 foi nomeada Cabaleiro da Lexión de Honra da Francia. Foi condecorada coa Orde do Cruceiro do Sur, no Brasil, coa do Tesouro Sagrado, no Xapón, entre outras.
Foi membro honorario de varias sociedades científicas e organizacións filantrópicas nos cinco continentes.
En 1902 estreouse na literatura publicando a súa autobiografía The Story of my Life. Despois iniciou a súa carreira no xornalismo, escribindo artigos no Ladies Home Journal. A partir de entón non parou de escribir.
Obra[editar | editar a fonte]
Nunca se debe gatear cando o impulso é voar.Helen Keller
- Optimism: An Essay
- Out of the dark: essays, letters, and addresses on physical and social vision
- The world I live in
- Light in My Darkness (publicado como My religion en 1927)
- The miracle of life
- The Story of my Life
- Peace at eventide
- The Song of the Stone Wall
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Helen Keller ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Helen Keller - Lions Club
- Helen Keller international (En inglés)
- Museu online (En inglés)
- Obras dixitalizadas: en OpenLibraryGutemberg Project e Open MLOL