O milagre de Anna Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O milagre de Anna Sullivan
Ficha técnica
Título orixinalThe Miracle Worker
DirectorArthur Penn
ProdutorFred Coe
GuiónWilliam Gibson
Baseado enThe Miracle Worker, de William Gibson
IntérpretesAnne Bancroft
Patty Duke
MúsicaLaurence Rosenthal
FotografíaErnesto Caparrós
MontaxeAram Avakian
EstudioPlayfilm Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea28 de xullo de 1962
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento550 000 dólares
Recadación2,5 millóns de dólares[1]

O milagre de Anna Sullivan (en inglés: The Miracle Worker) é un filme estadounidense de 1962 sobre Anne Sullivan, titora de Helen Keller, dirixido por Arthur Penn. O guión de William Gibson está baseado na súa obra de 1959, orixinada pola emisión en 1957 da serie de televisión Playhouse 90. A fonte orixinaria de Gibson foi The Story of My Life, autobiografía de Helen Keller de 1902.

O filme converteuse nun éxito de crítica cun moderado éxito comercial. Foi candidato a cinco premios Oscar, incluíndo o de mellor director e gañou dous, mellor actriz para Anne Bancroft e mellor actriz secundaria para Patty Duke.

Foi emitido na TVG o 17 de abril de 1992.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

A moza Helen Keller (Patty Duke), cega e xorda dende a nenez debido a un caso grave de febre escarlata, está frustrada pola súa incapacidade de comunicarse e como consecuencia ten frecuentes arrebatos violentos e incontrolables. Incapaz de tratar con ela, os seus proxenitores, aterrados e sen axuda, contactan coa Perkins School for the Blind como asistencia. A institución envía a Anne Sullivan (Anne Bancroft), antiga estudante, para que acuda ao fogar dos Keller e sexa a súa titora. O que sucede é unha batalla de vontades cando Anne rompe os muros de silencio e escuridade de Helen mediante perseveranza, amor e pura tenacidade. No medio da batalla, Anne ensina a Helen a conectar con ela.

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Miracle Worker, Box Office Information". IMDb. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  2. Programación