Saltar ao contido

Aviva Premiership 2011-2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaAviva Premiership 2011-2012
Imaxe
Nome oficial2011-12 Aviva Premiership Editar o valor en Wikidata
TipoAviva Premiership Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorPremiership Rugby Limited (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorAviva Editar o valor en Wikidata
Liña de metaLondres Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónInglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O / 53, -1 Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 2011-2012 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo3 de setembro de 2011 – 26 de maio de 2012 Editar o valor en Wikidata
Número de edición25 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoHarlequin FC (1º) Editar o valor en Wikidata
Ascenso e descenso
DescendidoNewcastle Falcons Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos135 Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores1.755.073 Editar o valor en Wikidata

2010 Editar o valor en Wikidata
2012 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2011-2012 da Aviva Premiership foi a vixésimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante compañía de seguros.

Formato da competición

[editar | editar a fonte]

O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 3 de setembro de 2011, e rematou o 26 de maio de 2012 coa gran final.

Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2011/12
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Harlequins 7522171441
Leicester 7422151693
Saracens 7322161534
Northampton 6522140854
Exeter 59221201038
Sale 49221001227
Irish 4622811339
Bath 4422901326
Gloucester 4422811319
10º Worcester 3622711406
11º Wasps 3322601618
12º Newcastle 3222621404

<<<< 2010/11 — Tempadas — 2012/13 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En rosa      o equipo descendido (12º).

Semifinais e final

[editar | editar a fonte]
Final
CompeticiónAviva Premiership
Tempada2011-12
EstadioTwickenham (Londres)
Capacidade81.779
CampiónHarlequins
FinalistaLeicester
Resultado30 - 23
Campión


Finalista


  Semifinais Final
             
12 de maio, Londres
 1º. Harlequins 25  
 4º. Northampton 23  
 
26 de maio, Londres
     1º. Harlequins 30
   2º. Leicester 23
12 de maio, Leicester
 2º. Leicester 24
 3º. Saracens 15  

Na final da edición 2011-12 enfrontáronse inéditamente os Harlequins de Londres e os Tigers de Leicester. Para o equipo londiniense, que viña de rematar primeiro na táboa clasificatoria, era a primeira final da súa historia na liga inglesa de rugby, despois de 24 participacións. Para os Tigers, porén, era a oitava final consecutiva, e tiña a opción de acadar o seu décimo título de liga en 25 edicións disputadas.

O resultado final do encontro, disputado en Twickenham, foi de 30 a 23 a prol do conxunto arlequinado. Deste xeito o Harlequin FC fíxose co seu primeiro título de campión de liga.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]