Guillerme II de Orange-Nassau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir con Guillerme II dos Países Baixos.
Guillerme II de Orange-Nassau
Willem II van Oranje-Nassau
Príncipe de Orange
Workshop of Gerard van Honthorst 001.jpg
Estatúder das Provincias Unidas
PredecesorFederico Henrique de Orange-Nassau
SucesorGuillerme III de Orange-Nassau

ReinadoFilipe IV de España
Nacemento27 de maio de 1626
A Haia, Provincias Unidas dos Países Baixos
Falecemento6 de novembro de 1650 (24 anos)
A Haia, Provincias Unidas dos Países Baixos
Casa realCasa de Orange-Nassau
ProxenitoresFederico Henrique de Orange-Nassau
Amalia von Solms-Braundels

Escudo de Guillerme II de Orange-Nassau

Guillerme II de Orange-Nassau, príncipe de Orange, nado na Haia o 27 de maio de 1626 e finado na mesma cidade surholandesa o 6 de novembro de 1650, foi estatúder das Provincias Unidas (Holanda, Zelandia, Utrecht, Güeldres, Overijssel, Groninga e Drenthe) do 14 de marzo de 1647 ata a súa morte.[1][2]

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo do estatúder Federico Henrique de Orange-Nassau e de Amalia von Solms-Braundels, tivo como preceptores os matemáticos Jan Stampionen e Christian Huygens.

O 2 de maio de 1641, na capela real do pazo de Whitehall, en Londres, Guillerme casou con María Henriqueta Estuardo, princesa real, a filla maior do rei Carlos I de Inglaterra e de Henriqueta María de Francia.

Dese matrimonio naceu Guillerme, futuro rei de Inglaterra, oito días despois da morte do seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1648, Guillerme II de Orange-Nassau opúxose ao tratado de Münster, malia o recoñecemento que este facía da independencia das Provincias Unidas. Secretamente, Guillerme abriu negociacións con Francia co obxectivo de compartir con ese país os Países Baixos católicos, aínda que non puido chegar a levar isto á práctica. Ademais, Guillerme traballou para a restauración do seu sogro Carlos I no trono de Inglaterra.

En 1650, viuse involucrado nunha disputa entre a provincia de Holanda e os poderosos comerciantes.

Guillerme II de Orange-Nassau opúxose á redución do seu exército que diminuíu o seu poder, seguida dun grande número de encarceraientos de membros da asemblea provincial, que foron recluídos no castelo de Loevestein. Enviou o seu curmán Guillerme Federico de Nassau-Dietz ao mando dun exército de dez mil homes para se apoderar de Ámsterdam pola forza, aínda que o mal tempo frustrou o éxito desta campaña.[3]

Durante o seu período viviu a independencia das Provincias Unidas, recoñecida por Europa en 1648 polos tratados de Westfalia. Logo de tres anos de goberno, Guillerme morreu de varíola o 6 de novembro de 1650. Á súa morte, o cargo de estatúder quedou vacante e confióuselle ao gran pensionario Johan de Witt.

Guillerme II de Orange-Nassau, pertenceu á segunda rama da Casa de Nassau, procedente da liñaxe Nassau-Dillenbourg, pertencente á liña otoniana da que saíron varios estatúders e un rei de Inglaterra e de Escocia. Esta rama de Orange-Nassau extinguiuse en 1702.[4]

Títulos[editar | editar a fonte]

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muller, Pieter Lodewijk. "Wilhelm II. (Generalstatthalter der Niederlande)". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Nº 43. Duncker & Humblot. Leipzig 1898. Páxinas 155–159. (en alemán)
  2. "William II Prince of Orange". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  3. Russel Shorto. The Island at the Centre of the World. ISBN 0-552-99982-2 (en inglés)
  4. Bouillet, Marie-Nicolas; Chassang, Alexis (dir.), "Guillaume II d'Orange-Nassau". En Dictionaire Universel d'Histoire et de Géographie. 1878 (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)