Vlissingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVlissingen
Vlissingen (nl)
Vlissienge (zea) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°27′N 3°35′L / 51.45, 3.58Coordenadas: 51°27′N 3°35′L / 51.45, 3.58
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasZelandia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Q111691932 Traducir (1917–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
CapitalVlissingen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación44.358 (2021) Editar o valor em Wikidata (128,57 hab./km²)
Número de fogares22.067 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie345 km² Editar o valor em Wikidata
Auga90,09 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porWestern Scheldt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Ritthem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1247 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Vlissingen (en) Traducir Editar o valor em WikidataBas van den Tillaar (pt) Traducir (2016–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4380–4389 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0118 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Deal (pt) Traducir
Kota Ambon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sitio webvlissingen.nl Editar o valor em Wikidata
Facebook: gemeentevlissingen Twitter: gem_vlissingen Instagram: gemeentevlissingen Editar o valor em Wikidata

Vlissingen é un concello e unha cidade no suroeste dos Países Baixos, na antiga illa de Walcheren. Coa súa estratéxica situación entre o río Escalda e o Mar do Norte, Vlissingen foi un importante porto durante séculos, séndolle concedidos os dereitos de cidade en 1315. No século XVII a cidade foi un dos portos principais para os buques da Compañía Holandesa das Indias Orientais. Tamén é coñecida como o berce do almirante Michiel de Ruyter.

Vlissingen é principalmente coñecida polos peiraos do Escalda onde a maioría dos buques da Mariña Real dos Países Baixos (Koninklijke Marine) se constrúen.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Sint Jacob.

Unha aldea de pescadores no estuario do río Escalda, no ano 620 a.C. medrou ao longo de 1.400 anos até converterse nunha importante atracción turística e no terceiro porto máis importante dos Países Baixos. Debido a súa favorábel situación xeográfica, os Condes de Holanda e Zelandia construíron na vila os primeiros portos, chegando a hoxe en día aos 50.000 buques que atravesan o estuario de Escalda.

Nos séculos do seu crecemento, Vlissingen foi centro da pesca, o comercio e a trata de escravos. A historia da cidade caracterízase pola opresión, os bombardeos e as inundacións, como consecuencia da súa posición estratéxica no río Escalda, o máis importante paso aos peiraos de Antuerpen. Por esta razón os ollos de varias potencias estranxeiras caeron en Vlissingen: os británicos, franceses, alemáns e españois adentáronse dentro dos límites da cidade moito antes da chegada de turistas.

O apoxeo da Idade de Ouro neerlandesa, na que os buques de Vlissingen navegaban por tódolos mares, contribuíu a converter en potencia mundial ás "De Zeven Provincien", foi seguida por unha recesión no século XVIII, sendo especialmente desastroso os efectos das guerras napoleónicas. Despois de 1870, produciuse un período de reactivación como consecuencia da construción de novos peiraos, a canle a través de Walcheren, o ferrocarril e o estabelecemento do estaleiro Scheldt. A segunda guerra mundial interrompeu este crecemento. De novo os bombardeos e as inundacións produciron graves danos nas cidades.

A reconstrución da cidade trala posguerra comezou con moita enerxía, florecendo de novo nos anos 1960 o seu porto e zona industrial de Vlissingen-Oost, o que agora é o motor económico de Zelandia, ofrecendo moitos miles de postos de traballo.

Historia do nome Vlissingen[editar | editar a fonte]

Vista de Vlissingen.

A orixe do nome Vlissingen non está de todo clara, aínda que a maioría dos estudosos pensa que o procede dun modo ou outro da palabra fles (bote).

De acordo coa historia, cando aterrou San Willibrord en Vlissingen cunha botella no século VII, compartiu o seu contido cos esmoleiros que atopou alí tratando de convertelos, e un milagre ocorreu xa que cando o contido da botella non diminuíu. Cando o Bispo veu que os esmoleiros non querían escoitar as súas palabras, deulles a súa botella e, despois diso, supostamente chamou Flessinghe á cidade.

Outra fonte afirma que o nome ten a súa orixe nunha antiga casa de servizos de transbordadores, na que a botella era unha especie de símbolo. O monxe Jacob van Dreischor, quen visitou a cidade en 967, parece ser que chamou a esta casa Aan het veer de Flesse (o transbordador na botella). Máis tarde ao igual que moitas cidades da rexión recibiu o apéndice -inge, evolucionando o nome, de acordo con esta etimoloxía, a Vles-inge. Segundo outra fonte, o nome derívase da palabra dinamarquesa Vles, que significa mareas.

Flushing (o nome da vila en inglés), é ademais unha vila colonial en Nova York, que agora forma parte da Cidade de Nova York.

Transporte[editar | editar a fonte]

A cidade consta de dúas estacións de ferrocarrís, Vlissingen e Vlissingen Souburg. Ademais hai conexións por medio de transbordadores a Breskens, xa que o tunel Western Scheldt foi aberto en marzo de 2003, mais so para peóns e ciclistas. No pasado había tamén servizos de transbordador a Sheerness, mais o pecharon en 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]