Gran Premio de Alemaña de 2019
Nome oficial | Formula 1 Mercedes-Benz Großer Preis von Deutschland 2019 |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (de) Formula 1 Mercedes-Benz Grosser Preis Von Deutschland 2019 |
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 |
Distancia do evento | 64 |
Localización e Datas | |
Localización | Hockenheimring (Hockenheim) 49°19′40″N 8°33′57″L / 49.327777777778, 8.5658333333333 |
Lonxitude | 4,574 km |
País | Alemaña |
Data | 28 de xullo de 2019 |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen Red Bull Racing |
Pole position | Lewis Hamilton (01:11,767) |
Volta máis rápida | Max Verstappen (01:16,645) |
O Gran Premio de Alemaña de 2019 (oficialmente o "Formula 1 Mercedes-Benz Großer Preis von Deutschland 2019") foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 28 de xullo de 2019,[1] en Hockenheimring, Hockenheim, no estado alemán de Baden-Württemberg, Alemaña. Será a undécima rolda da tempada 2019, e marca a septuaxésima oitava edición do Gran Premio de Alemaña, e o sesaxésima cuarta vez que a carreira foi disputada como unha proba do Campionato Mundial de Fórmula 1.[2]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Mercedes anunciou que estarían levaran unha librea diferente en homenaxe á herdanza das Frechas de prata no Gran Premio de Alemaña deste fin de semana, xa que Mercedes-Benz celebra o seu 125º aniversario nas competicións de automobilismo, así como a súa carreira número 200 na F1. Racing Point F1 Team anunciou que levarían un paquete de actualización de "dous pasos" para a fin de semana e o equipo Williams en dificultades anunciou que tamén levarían unha actualización. O equipo Haas anunciou que tería que dividir as súas configuracións de coches como resultado dos accidentes na anterior carreira en Gran Bretaña.
Pneus dispoñibles
[editar | editar a fonte]Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C2) | Medios (Tipo C3) | Brandos (Tipo C4) | Intermedios |
Chuvia |
Práctica
[editar | editar a fonte]Sebastian Vettel foi o máis rápido na primeira sesión de adestramentos, seguido do seu compañeiro de equipo Charles Leclerc de Ferrari en segundo lugar con Lewis Hamilton, o terceiro máis rápido. A sesión pasou na súa maioría sen incidentes coa excepción de Kevin Magnussen despois de que o seu coche fallase causando unha breve bandeira vermella.[3]
Cualificación
[editar | editar a fonte]A sesión de cualificación consistiu en tres quendas cun tempo de execución de 45 minutos. No primeiro segmento de clasificación (Q1), os pilotos tiveron 18 minutos para cualificar para a carreira. Todos os pilotos que conseguiron un tempo na primeira sección, co máximo do 107 por cento do tempo de volta rápida, clasificáronse para o Gran Premio. Os 15 mellores pilotos pasaron á seguinte quenda. Leclerc foi o máis rápido. Vettel non fixou un tempo de volta debido a un defecto técnico e non se clasificou para o Gran Premio. Xunto a Vettel quedaron fora os dous pilotos de Williams, Alexander Albon e Lando Norris.
A segunda quenda (Q2) durou 15 minutos. Os dez pilotos máis rápidos se clasificaron para a terceira quenda da cualificación. Bottas, Hamilton e Leclerc cualificáronse co composto medio, todos os outros pilotos cos pneumáticos brandos. Leclerc foi o máis rápido. Lance Stroll, Daniil Kwjat, Daniel Ricciardo, Kevin Magnussen e Antonio Giovinazzi foron eliminados.
A última quenda (Q3) durou doce minutos, durante os cales obtivéronse os dez primeiros postos de partida. Leclerc non puido participar nesta quenda debido a un problema técnico no seu vehículo e quedou sen tempo. Cun tempo de volta de 1:11.767 minutos, Hamilton marcou o mellor tempo fronte a Verstappen e Bottas. Foi a 87ª pole position para Hamilton no Campionato do Mundo de Fórmula 1.
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira estaba programada para 67 voltas. No GP de Alemaña de 2019 empregouse unha regra relevante para unha carreira que foi declarada de "chuvia". A regra afirma que, tras a volta de formación e cero ou máis voltas detrás do coche de seguridade, o director da carreira ten tres opcións para iniciar a carreira, unha saída en parado desde a grella sen o coche de seguridade, un inicio en marcha tralo coche de seguridade cando este se retire ou a suspensión da carreira.[4] Nesta carreira, tras a volta de formación e tres voltas adicionais detrás do coche de seguridade, o director de carreira elixiu comezar o gran premio parados na grella. En consecuencia, a distancia de carreira fixouse en 64 voltas; as catro voltas detrás do coche de seguridade ao comezo da carreira marcáronse oficialmente como voltas de formación.
Inicio da carreira
[editar | editar a fonte]Xa que no tempo da carreira as condicións da pista consideráronse inadecuadas debido ás fortes choivas, os 20 coches estaban obrigados a comezar cos pneumáticos de chuvia. Siaron desde a grella, parados, tras catro voltas de formación. Os Red Bulls pilotados por Max Verstappen e Pierre Gasly foron moi lentos na grella e perderon varios postos cada un. Kimi Räikkönen aproveitou, e estaba na terceira posición ao final da primeira volta. Os dous Ferrari, que sufriron fallos mecánicos na cualificación, tiveron unha primeira volta que os viu mellorar, LeClerc, que comezou no 10º posto, progresou ata o sexto posto, e Vettel mellorou do 20 ao 14. Verstappen, que caeu debido ao seu inicio, pasou a Räikkönen no terceiro inmediatamente antes de que Sergio Pérez trompeara na curva 11. Isto causou a saída do primeiro coche de seguridade da carreira na segunda volta, neutralizando a carreira. Mentres a pista comezou a secarse, Sebastian Vettel e Alexander Albon inmediatamente entraron en boxes para poñer os pneumáticos intermedios, e a maioría dos outros coches da carreira fixérono na súa seguinte volta. O período do coche de seguridade terminou na volta 5.
Os coches de Magnussen, Stroll, Norris, Russel e Kubica, todos os cales quedaron fóra mantendo dos seus pneumáticos de chuvia, rapidamente atopáronse adiantados por aqueles que montaron ppneumáticos intermedios máis rápidos debido ao secado da pista. Finalmente todso cambiaron a intermedios, pero perderon varias posicións por non ter feito isto antes. O motor Renault de Daniel Ricciardo rompeu na volta 14, provocando un coche de seguridade virtual. Na volta 18, Carlos Sainz trompeou co seu McLaren na curva 17 (no último tramo da pista), provocando unha bandeira amarela local antes de que puidese saír polos seus propios medios. O trompo de Sainz sería o primeiro de varios, moitos finalizando a carreira, nesta curva durante o transcurso da carreira.
Volta 22
[editar | editar a fonte]Na volta 22, a pista secouse suficientemente para que os equipos de máis abaixo decidisen arriscarcon pneumáticos de seco. O primeiro en intentalo foi Kevin Magnussen, montando no Haas pneumáticos brandos, seguido pouco despois por Sebastian Vettel. Max Verstappen entrou en boxes cnado estaba na 3ª posición para montar pneumáticos medios. Valtteri Bottas entrou na volta 27 cando era segundo e tamén montou medios. Case inmediatamente despois do pit de Bottas, Verstappen perdeu o control do seu coche e realizou un trompo de 360 graos na pista, pero conseguiu recuperarse.
O coche de Lando Norris perdeu o potenciar na pista na volta 26, provocando un segundo despregamento do coche de seguridade virtual. Moitos equipos aproveitaron a oportunidade para montar pneumáticos de seco, incluíndo Charles LeClerc e Lewis Hamilton. Unha excepción notable foi Carlos Sainz, McLaren colocou un novo conxunto de pneumáticos intermedios no seu coche. Como Hamilton deixaba os boxes con pneumáticos brandos, esperábase que perdería o liderado ante Ferrari e Charles LeClerc. LeClerc neste momento trompeou na barreira de grava e pneumáticos na curva 17 pouco antes da liña de chegada. Isto provocou o seu abnadono e o segundo coche de seguridade do día. Ao final da volta, Hamilton, agora á cabeza detrás do coche de seguridade, tamén perdeu o control na curva 17, pero recuperouse para entrar co seu coche (agora co alerón dianteiro danado) no pit lane. O seu equipo non estaba preparado, e Hamilton soportou unha parada en boxes de 50,3 segundos na que substituíuse o seu alerón dianteiro e finalmente saíu con pneumáticos intermedios. Para todos os equipos quedou claro que os pneumáticos de seco non eran viables e todos os equipos volveron aos pneumáticos intermedios cando o segundo período do coche de seguridade terminou na volta 34.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos de cualificación}} | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:12.852 | 1:12.149 | 1:11.767 | 1 |
2 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda | 1:12.593 | 1:12.427 | 1:12.113 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:13.075 | 1:12.424 | 1:12.129 | 3 |
4 | 10 | Pierre Gasly | Red Bull Racing-Honda | 1:12.991 | 1:12.385 | 1:12.522 | 4 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:13.066 | 1:12.519 | 1:12.538 | 5 |
6 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:13.146 | 1:12.769 | 1:12.851 | 6 |
7 | 55 | Carlos Sainz | McLaren-Renault | 1:13.221 | 1:12.632 | 1:12.897 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Racing Point-BWT Mercedes | 1:13.194 | 1:12.776 | 1:13.065 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:13.186 | 1:12.766 | 1:13.126 | 9 |
10 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:12.229 | 1:12.344 | Sen tempo | 10 |
11 | 99 | Antonio Giovinazzi | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:13.170 | 1:12.786 | 11 | |
12 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:13.103 | 1:12.789 | 12 | |
13 | 3 | Daniel Ricciardo | Renault | 1:13.131 | 1:12.799 | 13 | |
14 | 26 | Daniil Kvyat | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:13.278 | 14 | ||
15 | 18 | Lance Stroll | Racing Point-BWT Mercedes | 1:13.256 | 15 | ||
16 | 4 | Lando Norris | McLaren-Renault | 1:13.333 | 19[5] | ||
17 | 23 | Alexander Albon | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:13.461 | 16 | ||
18 | 63 | George Russell | Williams-Mercedes | 1:14.721 | 17 | ||
19 | 88 | Robert Kubica | Williams-Mercedes | 1:14.839 | 18 | ||
107% tempo: 1:17.285 | |||||||
NSC | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | Sen tempo | 20[6] | ||
Fonte:[7] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "German Grand Prix 2019 - F1 Race". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "German Grand Prix". statsf1. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de xullo de 2019.
- ↑ "German Grand Prix 2019 FP1 report and video highlights: Vettel heads Ferrari at Hockenheim". formula1. 26 July 2019. Consultado o 27 July 2019.
- ↑ "Formula One - Sporting Regulations - 2019". FIA. 2018-10-15. 36.14(c).
- ↑ Lando Norris foi enviado ao fondo da grela despois de cambiar varios compoñentes do motor. Con todo, porque Norris fixo un tempo de volta de clasificación e Vettel non o fixo, só caeu tres posicións ata o 19º posto
- ↑ Sebastian Vettel non logrou establecer un tempo na Q1 dentro do 107%. Correrá a discreción dos comisarios.
- ↑ "Formula 1 Mercedes-Benz Grosser Preis von Deutschland 2019 – Qualifying". F1. 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ 9,0 9,1 Kimi Räikkönen e Antonio Giovinazzi orixinalmente terminaron 7º e 8º respectivamente, pero ambos recibiron 30 segundos de penalización engadidos aos tempos de carreira polo uso de axudas no inicio.
- ↑ Pierre Gasly clasificuo xa que completou máis do 90% da distancia de carreira.
- ↑ "Formula 1 Mercedes-Benz Grosser Preis von Deutschland 2019 – Race Result". F1. 28 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 2019 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2019 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2019 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2019 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 2018 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 2020 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |