Giuseppe Bertello
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1942 ![]() Foglizzo, Italia (pt) ![]() ![]() |
Afiliado | |
13 de abril de 2013 – 7 de marzo de 2023 | |
Cardeal | |
18 de febreiro de 2012 – | |
Presidente Governorate of Vatican City State (en) ![]() | |
1 de outubro de 2011 – 1 de outubro de 2021 ← Giovanni Lajolo – Fernando Vérgez Alzaga (pt) ![]() | |
Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano | |
1 de outubro de 2011 – 1 de outubro de 2021 ← Giovanni Lajolo – Fernando Vérgez Alzaga (pt) ![]() | |
Apostolic Nuncio to Italy (en) ![]() | |
11 de xaneiro de 2007 – 1 de outubro de 2011 ← Paolo Romeo – Adriano Bernardini → | |
Apostolic Nuncio to San Marino (en) ![]() | |
11 de xaneiro de 2007 – 1 de outubro de 2011 ← Paolo Romeo – Adriano Bernardini → | |
Apostolic Nuncio to Mexico (en) ![]() | |
27 de decembro de 2000 – 11 de xaneiro de 2007 ← Leonardo Sandri (pt) ![]() | |
Observador Permanente da Santa Sé junto às Nações Unidas em Genebra (pt) ![]() | |
marzo de 1995 – 27 de decembro de 2000 ← Paul Fouad Tabet (pt) ![]() | |
Apostolic Nuncio to Rwanda (en) ![]() | |
12 de xaneiro de 1991 – marzo de 1995 ← Giovanni Battista Morandini – Juliusz Janusz (pt) ![]() | |
Arcebispo católico | |
28 de outubro de 1987 – | |
Apostolic nuncio in Ghana (en) ![]() | |
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991 ← Ivan Dias – Abraham Kattumana (en) ![]() | |
Apostolic Nuncio to Togo (en) ![]() | |
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991 ← Ivan Dias – Abraham Kattumana (en) ![]() | |
Arcebispo titular | |
17 de outubro de 1987 – 18 de febreiro de 2012 ← José Roberto López Londoño (en) ![]() Diocese: Urbs Salvia (en) ![]() | |
Apostolic nuncio to Benin (en) ![]() | |
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991 ← Ivan Dias – Abraham Kattumana (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1987–), sacerdote católico (1966–) ![]() |
Membro de | |
Consagración | Agostino Casaroli (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 ![]() |
Premios | |
Giuseppe Bertello, nado en Foglizzo (provincia de Turín) o 1 de outubro de 1942, é un cardeal italiano da Igrexa católica, presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano e presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano dende outubro de 2011. Traballou no servizo diplomático da Santa Sé de 1971 a 2011, converteuse en arcebispo en 1987, ostentou o cargo de Nuncio en varios países como Ruanda, México, e Italia, e foi o representante da Santa Sé ante varias organizacións internacionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bertello foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966 polo bispo Albino Mensa. Licenciouse en teoloxía pastoral e obtivo un doutoramento en lei canónica. Estudou diplomacia na Academia Eclesiástica Pontificia.
Servizo diplomático
[editar | editar a fonte]Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1971, e traballou até 1973 na nunciatura no Sudán, que era tamén a delegación apostólica para a rexión do Mar Vermello. Dende 1973 a 1976, foi secretario da nunciatura en Turquía, converténdose en Capelán da Súa Santidade o 9 de febreiro de 1976. Foi secretario da nunciatura en Venezuela de 1976 a 1981, e exerceu o rango de auditor da Oficina da Organización das Nacións Unidas en Xenebra de 1981 a 1987. En 1987, encabezou a delegación de observadores da Santa Sé na Conferencia de Ministros Estranxeiros do Movemento de Países Non Aliñados en Pyongyang, onde foi o primeiro sacerdote católico en visitar a pequena comunidade católica daquel país, illada dende a Guerra de Corea.
O 17 de outubro de 1987, o Papa Xoán Paulo II nomeouno Arcebispo Titular de Urbs Salvia e nomeouno nuncio apostólico en Ghana, Togo e Benín. Foi consagrado o 28 de novembro polo cardeal Agostino Casaroli, cos bispos Albino Mensa e Luigi Bettazzi como principais co-consagradores. O 12 de xaneiro de 1990, foi transferido a Ruanda, onde apoiou organizacións de dereitos humanos e animou a bispos católicos a se unir aos que avogaban polo fin da guerra civil.[1] Ficou no seu posto e viaxou por rexións perigosas onde foi testemuña do xenocidio tutsi en 1994.[2] En marzo de 1995, Xoán Paulo II nomeouno Observador Permanente da Santa Sé ante as Nacións Unidas en Xenebra e coa mesma función na Organización Mundial do Comercio. En 1997 Bertello negociou o status da Santa Sé como observador permanente na Organización Mundial do Comercio, converténdose no seu primeiro representante aquel ano.[3]
O 27 de decembro de 2000, Xoán Paulo nomeouno nuncio apostólico en México.[4] O 30 de xullo de 2002, recibiu ao Papa que relizou unha visita apostólica ao país para a canonización de Juan Diego Cuauhtlatoatzin. O 11 de xaneiro de 2006, Bertello foi nomeado Nuncio Apostólico en Italia e a República de San Marino polo papa Bieito XVI.[5]
En 2007, Bertello recibiu a Cruz Espléndida da Orde Mexicana da Aguia Azteca e o 4 de outubro de 2008 otorgóuselle a Gran Cruz de Cabaleiro da Orde do Mérito da República Italiana.[6]
Traballo na curia
[editar | editar a fonte]O 3 de setembro de 2011, Bieito XVI nomeou a Bertello Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano e Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, nomeamento que se fixo efectivo o 1 de outubro de 2011, no seu 69 aniversario.[7] O 6 de xaneiro de 2012, o papa Bieito anunciou que Bertello sería ordenado cardeal.[8] Foi nomeado cardeal-diácono de Santi Vito, Modesto e Crescenzia o 18 de febreiro.[9] O 21 de abril Bieito nomeouno para un mandato de cinco anos como membro da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, a Congregación de Bispos, e o Consello Pontificio para a Xustiza e a Paz.[10]
Foi un dos cardeais electores que participaron no conclave papal de 2013 que elixiu o papa Francisco.[11]
O 13 de abril de 2013 foi asignado ao Consello de Asesores Cardeais estabelecido por Francisco para aconsellarlle un plan para reestruturar a Curia Romana.[12] Francis fíxoo membro da Administración do Patrimonio da Sé Apostólica o 10 de novembro de 2014 e membro da Congregación para as Causas dos Santos o 3 de decembro de 2016.[13][14] Francisco tamén renovou o seu nomeamento na Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano ata 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linden, Ian (2009). "The Church and Genocide". En Baum. The Reconciliation of Peoples: Challenge to the Churches (en inglés). p. 53.
- ↑ "Giuseppe Bertello, l’homme de confiance" (en francés). 29 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "LO STATO VATICANO ENTRA NEL WTO" (en italiano). 1997. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "RINUNCE E NOMINE, 27.12.2000" (en italiano). 27 de decembro de 2000. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "RINUNCE E NOMINE, 11.01.2007" (en italiano). 11 de xaneiro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Cavaliere di Gran Croce Ordine al Merito della Repubblica Italiana". www.quirinale.it (en italiano). Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "RINUNCE E NOMINE, 03.09.2011" (en italiano). 3 de setembro de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Pope names 22 new cardinals, including Dolan and O'Brien" (en inglés). 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "ASSEGNAZIONE DEI TITOLI E DELLE DIACONIE AI NUOVI CARDINALI". www.vatican.va (en italiano). Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "RINUNCE E NOMINE, 21.04.2012" (en italiano). 21 de abril de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "List of Cardinal Electors" (en inglés). 12 de marzo de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "COMUNICATO DELLA SEGRETERIA DI STATO, 13.04.2013" (en italiano). 13 de abril de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Rinunce e nomine, 10.11.2014". 20 de novembro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Rinunce e nomine, 03.12.2016" (en italiano). 3 de decembro de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2019.