Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano
Datos xerais
Ámbito Cidade do Vaticano
Creación1939
TipoUnicameral
Liderado
PresidenteGiuseppe Bertello
Composición
Membros7
Sede(s)
Palacio da Gobernación
00120 Cidade do Vaticano

A Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano (en italiano: Pontificia Commissione por lo Stato della Città del Vaticano, en latín: Pontificia Commissio pro Civitate Vaticana) é o corpo lexislativo da Cidade do Vaticano.[1] Está formada polo Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que é tamén Presidente da Comisión Pontificia, e outros seis cardeais nomeados polo Papa por un mandato de cinco anos.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A Comisión Pontificia foi creada en 1939 por Pío XII. As leis e as regulacións propostas pola Comisión deben ser entregadas ao papa polo Secretariado de estado antes de ser feitas públicas e de que entren en vigor.[1] As leis, regulacións, e instrucións promulgadas pola Comisión son publicadas na Acta Apostolicae Sedis.[2]

Alén da súa función lexislativa, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que dende o 1 de outubro de 2021 é o cardeal español Fernando Vérgez Alzaga, ten realizado funcións executivas pola autoridade que delega nel o Papa.[1][3]

Administración[editar | editar a fonte]

A Comisión está encabezada polo Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano. Como membro maior do curia romana, o presidente é normalmente un cardeal da Igrexa católica. Tamén exerce como xefe de goberno da Cidade do Vaticano, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, un cargo que é distinto do anterior título de Gobernador da Cidade do Vaticano.[4] As administracións e departamentos do goberno da Cidade do Vaticano, como o Corpo della Gendarmeria, o Observatorio do Vaticano, os Museos Vaticanos, e o Departamento das Vilas Pontificias, que administra Castel Gandolfo, responden ante o Gobernador.[5]

Durante unha sede vacante, o mandato do presidente remata, igual que a maioría de cargos da curia. Con todo, o titular do cargo antes da morte ou a dimisión do papa ingresa nunha Comisión, co anterior Cardeal Secretario de Estado e o Camarlengo da Santa Igrexa Romana Santa, para manexar algunhas das funcións do xefe de Estado até que un novo papa sexa escollido.[6]

Actual[editar | editar a fonte]

Dende o 2021, o presidente e os membros son:

Presidentes anteriores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Fundamental Law of Vatican City State" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. "Organi del potere legislativo ed esecutivo". www.vaticanstate.va (en italiano). Consultado o 2019-06-26. 
  5. "Administrations and Central Offices" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  6. "CONSTITUCIÓN APOSTÓLICA UNIVERSI DOMINICI GREGIS DEL SUMO PONTÍFICE JUAN PABLO II" (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]