Saltar ao contido

Gianfranco Comotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGianfranco Comotti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Brescia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 1963 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Bérgamo, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Maria Peduzzi Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8913416 Editar o valor en Wikidata

Gianfranco "Franco" Comotti, nado en Brescia o 24 de xullo de 1906 e finado en Bérgamo o 10 de maio de 1963, foi un piloto de carreiras italiano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 3 de setembro de 1950. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fora do campionato da Fórmula Un.

Andaina nas carreiras

[editar | editar a fonte]

Apareceu por primeira vez no Gran Premio de Italia de 1928 nun dos Talbot da Scuderia Materassi. Logo desta carreira Comotti desapareceu da escena das carreiras pero regresou en 1931 cando gañou a carreira de ciclocoches no Circuíto de Alessandria en Salmson. Entón, trouxo un coche deportivo Alfa Romeo Monza a Scuderia Ferrari en Módena e converteuse no piloto oficial do equipo en 1932. Na tempada de 1934 Comotti gañou o Grand Prix du Comminges para Ferrari. Máis tarde ese ano terminou terceiro no Gran Premio de Italia de 1934 xunto a Carlo Felice Trossi. Comotti continuou a pilotar para Ferrari ata o final da tempada de 1935.[1]

En 1937 Comotti mudouse a Francia e uniuse ao equipo Talbot como piloto de probas. Probou coches para os clientes e foi o piloto de reserva do equipo de carreiras. Ese ano gañou o RAC Tourist Trophy en Donington Park.[2] Comotti abandonou o equipo ao final da tempada e uniuse á Ecurie Bleue de Laurie e Lucy Schells en 1938, pilotando un Delahaye. Ese ano correu o seu primeiro Gran Premio no Gran Premio de Alemaña de 1938 e tamén fixo a súa única saída en Le Mans. Pero retirouse cedo nas dúas carreiras.

Logo da guerra Comotti converteuse no piloto de probas do novo Talbot-Lago T26C. Tamén participou en varios Grandes Premios con este coche en 1948. Na tempada de Fórmula Un de 1950, Comotti converteuse no piloto de probas da Scuderia Milano e tamén participou no seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un no Gran Premio de Italia de 1950. correu o seu segundo e último Gran Premio do Campionato do Mundo no Gran Premio de Francia de 1952, pilotando un Ferrari para a Scuderia Marzotto.[1]

Comotti foi un dos nove fundadores do Club international des anciens pilotes de Grand Prix F1 (1962).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Creceu en Bérgamo. Traballou no negocio do petróleo durante toda a súa vida. Na década de 1930 casou con Anna Maria Peduzzi, que foi unha das mellores mulleres piloto de Italia. A súa carreira durou aínda máis que a do seu marido.[1] Logo da súa retirada das carreiras, traballou para BP en ​​África do Norte.

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. Clase
1938 Francia Ecurie Bleue Francia Albert Divo Delahaye 145 5.0 7 Ret Ret
fonte:[3]

Resultados completos no Campionato de Europa

[editar | editar a fonte]

(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 Pos. Pts
1938 Ecurie Bleue Delahaye 145 Delahaye 4.5 V12 FRA ALE
Ret
SUI ITA 31º 31
Fonte:[4]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts
1950 Scuderia Achille Varzi Maserati 4CLT/48 Maserati 4CLT 1.5 L4s GBR MON 500 SUI BEL FRA
NCG
NC 0
Scuderia Milano Maserati 4CLT/50 Milano 1.5 L4s ITA
Ret
1952 Scuderia Marzotto Ferrari 166 Ferrari 125 1.5 V12 SUI 500 BEL FRA
12
GBR ALE NED ITA NC 0
Fonte:[5]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Gianfranco "Franco" Alessandro Maria Comotti (I)". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  2. "RAC TOURIST TROPHY". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  3. "All Results of Gianfranco Comotti". racingsportscars.com. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  4. "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  5. "Franco Comotti - Involvement". statsf1.com. Consultado o 21 de outbro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]