Rei (xadrez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Rei. Posicións iniciais dos reis.

O rei (♔♚) é unha das pezas do xogo do xadrez. O obxectivo do xogo (xaque mate) é a súa captura. Cada bando dispón dun rei ao comezo da partida, que debe protexer. En notación alxébrica dise que o rei branco comeza a partida en e1 e o negro en e8.

Xaque e xaque mate[editar | editar a fonte]

O rei móvese en calquera dirección, aínda que só se pode desprazar unha casa en cada movemento, fóra da xogada especial chamada enroque. Cando o rei atópase ameazado dise que se atopa "en xaque".

Rei afogado[editar | editar a fonte]

Exemplo de rei afogado.

O afogado é unha posición que pode ocorrer en certas circunstancias:

  • O rei non está ameazado
  • Todas as xogadas que podería facer o xogador ao que toca mover, deixarían o seu rei nunha casa na que sería capturado

Se isto ocorre, dise que o rei está "afogado" e a partida termina en táboas

O rei durante a partida[editar | editar a fonte]

Rei (diante) e peóns (detrás)

Durante a apertura e o medio xogo, é infrecuente que o rei desempeñe un papel activo no desenvolvemento das pezas ou que participe na acción con carácter ofensivo. Normalmente, os xogadores buscarán protexelo de posibles ataques do adversario situándoo nun dos flancos, en especial mediante o enroque protexido por peóns. Con todo, no final, o rei emerxe como peza activa e ofensiva que normalmente pasa a ocupar o centro do taboleiro.

É difícil asignar un valor ao rei en relación co doutras pezas, xa que é unha peza que non pode ser capturada ou cambiada polas demais. Neste sentido, o seu valor sería infinito. Pero en canto ás súas posibilidades como peza ofensiva no final, adóitaselle considerar lixeiramente superior ao bispo ou o cabalo.

Movementos[editar | editar a fonte]

Movementos e acción do rei.