Lipograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homenaxe á La Disparition de « G org s P r c ».

Un lipograma[1] (en grego: λείπειν γράμμα, ‘abandonar unha letra’) é un texto no que se omite sistematicamente algunha letra (ou varias) do alfabeto. O grao de dificultade deste artificio lingüístico é directamente proporcional á frecuencia da letra omitida no idioma utilizado e á extensión de devandito texto.

Algúns lipogramas particularmente enxeñosos omiten todas as vogais salvo unha, co que se reduce moito o conxunto de palabras que se poden escribir e os textos poden quedar moi forzados.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro autor de lipogramas de quen se ten referencias é o poeta grego do (século VI a. C.) Laso de Herminone [Cómpre referencia] a quen se deben dúas obras nas que suprimiu a letra grega sigma: a «Oda aos Centauros» e o «Himno a Deméter» aínda que desta segunda obra só nos chegou o seu primeiro verso.

No século III, a Néstor de Laranda atribúeselle a reescritura da «Ilíada» en forma de lipograma de forma que en cada un dos 25 cantos se suprimiu unha letra grega: no primeiro canto omitiuse a letra alfa, no segundo a beta, etc. Con todo, non nos chegou ningunha liña deste presunto texto lipogramático. O mesmo ocorre coa presunta obra do poeta grego do século V Trifidoro de Sicilia, a quen se atribúe a reescritura da «Odisea» eliminando unha letra en cada unha das 24 seccións en que dividiu as aventuras de Ulises.

Entre os lipogramáticos europeos destaca Gottlob Burmann (1737-1805), excéntrico poeta romántico alemán que desenvolveu tal fobia á letra R que a omitió por completo nos 130 poemas que escribiu, e durante os últimos 17 anos da súa vida procurou omitirla mesmo da súa fala cotiá. Por iso, probablemente, deixou de pronunciar o seu apelido durante ese tempo porque contén un r.

Jacques Arago, un escritor francés do século XIX, escribiu o seu Voyage autour du monde sans a lettre A (Viaxe ao redor do mundo sen a letra A) en 1853. Con todo, trinta anos despois confesou que unha soa palabra, serait, que se traduce como "sería", estragou o seu lipograma.

Cabe mencionar tamén a Georges Perec, un escritor francés que, xunto con outros escritores, constituíu o grupo de literatura potencial denominado Oulipo, grupo que se caracterizou por adoptar unha multiforme variedade de manierismos formais nos seus escritos, por exemplo a súa novela negra La disparition onde suprime a letra E; nos arquifamosos Exercicios de estilo doutro oulipero, Raymond Queneau, aparecen algúns lipogramas.

É relativamente recente o lipograma do escritor Christian Bök no seu Eunoia, que se divide en cinco capítulos cada cal contén tan soamente unha do cinco vogais. [Cómpre referencia]

No mundo do cine podemos citar á película Misery, na que o escritor secuestrado debe escribir a continuación da novela favorita da súa secuestradora, omitindo a letra "E", que logo sería completada por ela.

Tamén poderiamos considerar como formas lipogramáticas outras eliminacións de elementos, como poden ser as fugas de vogais, substituídas por un punto, e demais textos cifrados, como o soneto sen verbos de Belisario Roldán que recolle Agustín Aguilar y Tejera.

O grupo arxentino Les Luthiers conta con 5 obras cuxos títulos están realizados utilizando soamente unha vogal.[2]

En galego[editar | editar a fonte]

Utilízaos Rexina Vega na súa obra O estado intermedio.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Significado de lipograma no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2021-02-08. 
  2. Obras de una sola vocal, curiosidades de Les Luthiers
  3. "“A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”". Praza Pública. 2021-02-05. Consultado o 2021-02-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]