Georg Wilhelm Steller
Nome orixinal | (de) Georg Wilhelm Steller (Stöller) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Georg Wilhelm Stöller 10 de marzo de 1709 Bad Windsheim, Baviera, Sacro Imperio Romano Xermánico |
Morte | 14 de novembro de 1746xul / 12 de novembro de 1746gre Tiumén, Imperio Ruso |
Lugar de sepultura | Tiumén |
País de nacionalidade | bávara, rusa |
Educación | Universidade Martín Lutero de Halle-Wittenberg |
Director de tese | August Hermann Francke (pt) |
Q89547790 | Particioar na Grande expecidión ao norte |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, zooloxía, xeografía e Etnografía |
Ocupación | explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico, xeólogo |
Membro de | |
Participou en | |
1733 | Grande Expedição do Norte (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Steller |
Premios | |
Membro da Academia de Ciencias de Rusia | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стеллер Георг Вильгельм) Larousse Encyclopedia online (pt) Russian Biographical Dictionary (en) |
Georg Wilhelm Steller, tamén coñecido como Georg Steller, ou polo seu nome alemán Georg Wilhelm Stöller, nado en 10 de marzo de 1709 en Bad Windsheim (Sacro Imperio Romano Xermánico) o 10 de marzo de 1709 e finado en Tiumén, Imperio Ruso, o 14 de novembro de 1746, foi un explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico, xeólogo alemán que traballou en Rusia e participou na Segunda expedición a Kamchatka (tamén coñecida como Grande expecidión ao norte), dirixida por Vitus Bering.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Georg Steller naceu o 10 de marzo de 1709 na vila de Windsheim, cerca de Núremberg, daquela situada no Sacro Imperio Romano Xermánico,[1] e estudou na Universidade Martín Lutero de Halle-Wittenberg.[2]
En novembro de 1734 viaxou a Rusia para traballar na Academia de Ciencias de San Petersburgo.[3] Steller foi enviado como naturalista na segunda expedición a Kamchatka, dirixida por Vitus Bering, que tiña como propósito cartografar a costa ártica de Siberia e buscar un paso ao leste cara a América do Norte. Steller deixou San Petersburgo en xaneiro de 1738, alcanzando Okhotsk na costa oriental en agosto de 1740, onde conoñeceu a Bering.[1]
En setembro a expedición partiu cara a península de Kamchatka. Steller pasou o inverno en Bolsheretsk, onde axudou a organizar unha escola local. A continuación incorporouse á expedición de Bering que partiu cara a América a bordo dos barcos Sviatoi Piotr (San Pedro) e Sviatoi Pavel (San Paulo). Ambos os barcos perderon o contacto entre si e o Sviatoi Piotr, comandado polo propio Bering, e a bordo do que ía Steller, chegou ás costas da actual Alasca, en concreto á illa Kayak, en xullo de 1741, parando unicamente coa intención de recoller auga fresca. Esta parada foi aproveitada por Steller para percorrer a illa, sendo o primeiro naturalista europeo en describir numerosas plantas e animais de Norteamérica, entre eles un córvido entón descoñecido para os europeos e que despois sería chamado na súa honra gaio de Steller (Cyanocitta stelleri).
As duras condicións da reción obrigaron a Bering a regresar. No camiño de regreso, Bering enfermou e, ao non poder gobernar seu navío, tivo que refuxiarse nas illas do Comandante, ao suroeste do mar de Bering. O 19 de decembro de 1741, Vitus Bering mórreu de escorbuto na illa que leva agora seu nome, unha illa onde tamén morreron ese inverno 28 dos membros da súa tripulación.
Unha tormenta causou o naufraxio do Sviatoi Piotr, pero o único carpinteiro supervivente, S. Starodubstev, coa axuda do resto da tripulación, logrou construír un pequeno buque cos restos que recuperaran no momento do afundimento. O novo barco tiña só 12,2 m de eslora, e foi tamén chamado Sviatoi Piotr, e nel 46 dos 77 homes do primitivo Sviatoi Piotr conseguiron sobrevivir ás dificultades da expedición, incluído o mesmo Steller.
Durante o inverno pasado na illa de Bering, Steller escribiu De Bestiis Marinus, describindo a fauna da illa que incluía o oso mariño ártico (Callorhinus ursinus), a lontra mariña (Enhydra lutris), o león mariño de Steller (Eumetopias jubatus), a vaca mariña de Steller (Hydrodamalis gigas), o eider de Steller (Polysticta stelleri) e o corvo mariño de Pallas (Phalacrocorax perspicillatus). Tanto a vaca mariña de Steller como o corvo mariño de Pallas extinguíronse pouco despois a causa da caza indiscriminada.
Steller pasou os dous anos seguintes explorando a península de Kamchatka. Foi chamado para regresar a San Petersburgo e na viaxe de regreso morreu a causa dunhas febres en Tiumén. Os seus diarios chegaron á Academia de San Petersburgo e foron publicados polo zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas. Estes foron utilizados por varios exploradores do Pacífico Norte, entre eles o capitán inglés James Cook.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]Hai unha escola secundaria en Anchorage, Alasca, que leva o seu nome.
- Especies vexetais
- Especies animais
- Minerais
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Steller emprégase para recoñecer a Georg Wilhelm Steller como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Evans, Howard Ensign. Edward Osborne Wilson (col.) The Man who Loved Wasps: A Howard Ensign Evans Reader. in: Evans, Mary Alice. Big Earth Publishing, 2005. pp. 169. ISBN 1-5556-6350-8.
- ↑ Nuttall, Mark. Encyclopedia of the Arctic. Routledge, 2012. pp. 1953. ISBN 1-5795-8436-5.
- ↑ Egerton, Frank N. (2008). "A History of the Ecological Sciences, Part 27: Naturalists Explore Russia and the North Pacific During the 1700s". Bulletin of the Ecological Society of America 89 (1): 39–60. doi:10.1890/0012-9623.
- ↑ Bot. Jahrb. Syst. 3(5): 413. 1882 (IF)
- ↑ Nouv. Mém. Soc. Imp. Naturalistes Moscou 3: 79. 1834 (IK)
- ↑ Fl. Ross. i. II. 58 (IK)
- ↑ Linnaea 1: 188. 1826 (IK)
- ↑ Novi Comment. Acad. Sci. Imp. Petrop. 12: 519. 1768 (GCI)
- ↑ Prodr. [A. P. de Candolle] 4: 46. 1830 (IK)
- ↑ Revis. Gen. Pl. 2: 584. 1891 (IK)
- ↑ Kongl. Vetensk. Acad. Handl. 1818 321 (IK)
- ↑ Steller, Georg Wilhelm (1709-1746) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Wilhelm Steller |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Georg Wilhelm Steller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leonhard Stejneger - Georg Wilhelm Steller, the pioneer of Alaskan natural history. Cambridge, Mass., Harvard University Press, 1936.
- G. W. Steller - Reise von Kamtschatka nach Amerika mit dem Commandeur-Capitän Bering : ein Pendant zu dessen Beschreibung von Kamtschatka. St Petersbrug, 1793. Texto completo.
- Georg Steller - Journal of a Voyage with Bering, 1741-1742 editou O. Frost. Stanford University Press, 1993. ISBN 0-8047-2181-5.
- Walter Miller & Jennie Emerson Miller, tradutores - De Bestiis Marinis, or, The Beasts of the Sea) nun apéndice de The Fur Seals and Fur-Seal Islands of the North Pacific Ocean, editou David Starr Jordan, Parte 3 (Washington, 1899), pp. 179–218.
- Andrei Bronnikov (2009). Species Evanescens [Ischezayushchi vid] (edición rusa). Reflections, ISBN 978-9-0796-2502-4 (texto de poesía inspirado en dramáticos eventos da vida de Steller).
- Ann Arnold (2008). Sea Cows, Shamans, and Scurvy Alaska's First Naturalist: Georg Wilhelm Steller. Farrar, Straus & Giroux
- Marcus Köhler: "Völker-Beschreibung". Die ethnographische Methodik Georg Wilhelm Stellers (1709–1746) en Kontext der Herausbildung der "russischen" ėtnografija. Saarbrücken, 2008. (acerca da importancia de Steller no desenvolvemento da moderna etnografía como ciencia).
- Dean Littleton (2006). Steller's Island: Adventures of a Pioneer Naturalist in Alaska. The Mountaineer's Books.
- Barbara e Richard Mearns - Biographies for Birdwatchers ISBN 0-12-487422-3.
- Corey Ford, Where the Sea Breaks its Back, 1966. Anchorage: Alaska Northwest Books, 1992. ISBN 978-88240-394-6.
- Steller's 1741 expedition from Kamchatka is covered in Orcutt Frost's Bering: the Russian discovery of America Yale University Press, 2004.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Commander (Komandorskie) Islands Arquivado 09 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso).
- Steller, Georg WilhelmArquivado 13 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso).
- German National Geographic magazine about the diary of StellerArquivado 29 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en alemán).
- Extractos de De Bestiis Marinis, or, The Beasts of the Sea (1751)
- Bibliografía relacionada con Georg Wilhelm Steller no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña.
- Steller. En: Sebald-Lexikon.
- Stellers Tagebücher entdecktArquivado 31 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en alemán).
- Internationale Georg-Wilhelm-Steller-Gesellschaft e. V. (en alemán).
- Entrada en Große Sowjetische Enzyklopädie (en ruso)