Vitus Bering

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitus Bering[1]
Vitus Bering.jpg
Nome completo Vitus Jonassen Bering
Alcume Ivan Ivanóvich
Nacemento 12 de agosto de 1681
Lugar Horsens, Dinamarca
Falecemento 8 de decembro de 1741
Lugar Illa de Bering, Rusia
Causa escorbuto
Nacionalidade Dinamarquesa e rusa
Ocupación mariñeiro e explorador de Siberia
Cónxuxe Anna Bering
editar datos en Wikidata ]

Vitus Jonassen Bering, nado en Horsens, XutlandiaDinamarca o 12 de agosto de 1681 e finado na illa de Bering (Rusia) o 19 de decembro de 1741, foi un mariño e explorador danés ó servizo de Rusia, que explorou a costa siberiana dando nome ó estreito de Bering. En Rusia era coñecido como Iván Ivánovich Bering.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Horsens, Dinamarca, e tras unha curta viaxe á India, e por diversos mares, en 1704, en Amsterdam, baixo a guía do almirante ruso de orixe norueguesa Cornelius Cruys, Bering se alistouse na armada rusa, tomando el rango de subteniente[2][3], servindo na frota báltica durante a guerra do Norte. Entre 1710 e 1712 estivo destinado no Mar de Azov, en Taganrog, onde participou na guerra contra os turcos. Casou cunha rusa, e só regresou ó seu país natal en 1715, de forma breve. A exploración da costa norte de Asia, resultado do avance ruso en Siberia, ocupouno a partir de entón.

Viaxes a Kamchatka[editar | editar a fonte]

En 1725 viaxou a Kamchatka, desembarcando en Okhotsk e cruzando a península. Construíu entón o barco Sviatoi Gavriil (San Gabriel en ruso). Nel explorou o norte ata que deixou de avistar terra. Nos anos seguintes investigou o leste, redescubrindo as illas Diomede (en ruso Illas Ratmanov) que Dezhnev xa describira. No verán de 1730 Bering volveu a San Petersburgo. No longo traxecto a través das estepas, enfermou. Cinco dos seus fillos que o acompañaban morreron na viaxe.

Bering volveu á rexión de Kamchatka en 1735. Coa axuda dos artesáns locais Makar Rogachev e Andrey Kozmin construíu dous navíos: Sviatoi Piotr (San Pedro) e Sviatoi Pavel (San Paulo), cos que partiu en 1740. Fundou a cidade de Petropavlovsk en Kamchatka, e desde aí, liderou unha expedición a Norteamérica en 1741. Unha tormenta separou os barcos e Bering acabou na costa sur de Alasca, desembarcando cerca das illas Kayak. O segundo barco, capitaneado por Aleksei Chirikov, desembarcou na illa Príncipe de Gales[4] do Arquipélago Aleksander. Estas travesías son hoxe en día coñecidas como a Gran Expedición do Noreste

Selo da URSS de 1957 cun mapa das exploracións de Vitus Bering.

As duras condicións da rexión obrigaron a Bering a volver. No traxecto descubriu parte do arquipélago das Illas Aleutianas, que chamou Illas Shumagin en honra dun mariñeiro do seu barco que morreu alí. Bering enfermou e tivo que refuxiarse nas Illas Kommander (Komandorskiye Ostrova), ó suroeste do mar de Bering. O 19 de decembro de 1741 Vitus Bering morreu de escorbuto nunha illa, preto de Kamchatka que despois recibiu na súa honra o nome de Illa de Bering, xunto a 28 membros da súa tripulación. Porén, no momento actual dubísase do escorbuto como causa da súa morte.[5]

O Sv. Piotr naufragou por unha tormenta, e unicamente o carpinteiro S. Starodubtsev cos supervivintes logrou regresar tras construír un novo navío, de 12,2 metros, tamén chamado Sv. Piotr. Dos 77 homes que partiron regresaron 46. O Sv. Piotr continuou navegando entre Kamchatka e Okhotsk ata 1755.

A importancia do traballo de Bering non foi recoñecido durante moito tempo, ata que James Cook probou a veracidade dos seus achados. Hoxe en día, o Estreito de Bering, a Illa de Bering, un glaciar en Alasca e o Mar de Bering levan o seu nome.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A imaxe, durante moito tempo, foi tomada coma un retrato de Vitus Jonassen Bering. Tras levar a cabo a exhumación de Bering en 1991 e, posteriormente, unha investigación forense, chegouse a conclusión de que o máis probábel é que se trate dun retrato do escritor dinamarqués Vitus Bering Perdersen (finado en 1675) e tío do explorador
  2. 2,0 2,1 Armstrong, Terence (1982 (publicación on-line 27-10-2009)). "Vitus Bering". Polar Record. Vol. 21 (nº 131): 161–163. doi:10.1017/s0032247400004538. 
  3. Frost (2003); p. 19-23.
  4. 4,0 4,1 Bailón, Francesc (Outubro 2017). "Vitus Bering, el hombre que unió dos continentes.". Historia. National Geographic (nº 166): 16–20. ISSN 1696-7755. 
  5. A expedición ruso-dinamarquesa de 1991 que exhumou os restos de Bering tamén analizou os dentes e os ósos e concluíu que non morrera de escorbuto. Segundo as análises realizadas en Moscova e no informe orixinal de Steller, a causa probábel da morte foi unha insuficiencia cardíaca (Frost, 2003)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cortés, Jordi (2011). Bering, en busca de América. Barcelona: Bambú editorial. ISBN 978-84-8343-177-1
  • Frost, Orcutt William (2003). Bering: The Russian Discovery of America. New Haven, Connecticut: Yale University Press, ISBN 0-300-10059-0

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]