Gayatri Chakravorty Spivak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gayatri Chakravorty Spivak
Gayatri Spivak on Subversive Festival.jpg
Nacemento24 de febreiro de 1942
Lugar de nacementoCalcuta
NacionalidadeRaj Británico, Domínio da Índia e India
Alma máterUniversidade de Calcuta, Universidade de Iowa, Universidade Cornell, Lady Brabourne College, Girton College e St. John's Diocesan Girls' Higher Secondary School
Ocupaciónescritora, filósofa, profesora universitaria, tradutora e crítico literario
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Padma Bhushan, Kyoto Prize in Arts and Philosophy e Doutor honorário da Universidade de Paris 8
editar datos en Wikidata ]

Gayatri Chakravorty Spivak, nada en Calcuta o 24 de febreiro de 1942, é unha pensadora, teórica literaria e feminista crítica india.[1] experta en crítica literaria e en teoría da literatura, autora dun texto fundamental na corrente poscolonialista, "Poden falar os subalternos?", así como dunha famosa tradución ó inglés do libro De la grammatologie, do teórico deconstrutivista Jacques Derrida. É profesora na Universidade de Columbia,[2] nos Estados Unidos, e unha asidua conferenciante en todo o mundo.

Estudos universitarios[editar | editar a fonte]

Graduouse con mención especial en inglés pola Universidade de Calcuta en 1959, despois do cal completou un mestrado na Universidade Cornell, nos Estados Unidos. Acabou a súa tese de doutoramento mentres exercía de profesora na Universidade de Iowa, cunha disertación sobre o poeta irlandés William Butler Yeats dirixida por Paul de Man.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spivak, Gayatri." Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica, 2014.
  2. "Gayatri Chakravorty Spivak". Department of English and Comparative Literature. Columbia University in the City of New York. Consultado o 22 de marzo de 2016.