Saltar ao contido

Gaviformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gavia (xénero)»)

Os gaviformes (Gaviiformes), chamados movellas[1] ou mobellas, son unha orde de aves acuáticas mergulladoras, cos pés situados moi atrás no corpo. Esta característica fainas moi torpes en terra. Viven no hemisferio norte en altas latitudes. Todas as especies de movella son membros do xénero Gavia, familia Gaviidae e orde Gaviiformes. Reciben tamén o nome de patoulas.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
Movella grande (Gavia immer) co pito no lombo.
Silueta da movella en voo.

Son aves de tamaño bastante grande. Nadan afundidos (coma os corvos mariños, non coma os patos). Cando descansan sobre a auga a súa liña de flotación é máis alta cá dos corvos mariños. Ao mergullarse non dan o chimpo característico sacando o corpo fóra da auga, como adoitan facer os corvos mariños. Diferéncianse destes, ademais, por silueta, forma do peteiro (que non é ganchudo) e rabo máis curto, o que lles dá un aspecto como de ausencia da mesma. Cando voan, a parte inferior da á é clara, non escura coma a do corvo mariño. Teñen distintas plumaxes, tanto os novos coma os adultos. Estes últimos teñen unha plumaxe estival, na época de cría, moi colorista e que diferencia as especies claramente, e unha plumaxe invernal máis sinxela, onde todas as especies se asemellan bastante a primeira vista. Aniñan principalmente en charcas e lagos, en terreos arborados ou tundra, de latitudes norteñas (non máis ao sur de Escocia ou Suecia no referido a Europa).

O niño da movella non é máis ca un burato en forma de cunca. Está situado sempre preto da auga. Necesítase un nivel de auga estable en torno ao niño. Invernan nas costas, baías ou, ás veces, en lagos, xeralmente en solitario ou en pequenos grupos. Raramente en grandes bandadas. Migran cara ao sur en primavera, de abril a xuño e cara ao norte no outono, de setembro a novembro, xeralmente sobre o mar. Cando voan fano máis alto sobre a auga cós corvos mariños, con batidos de ás rápidos e continuos. O corpo, ao voar, forma unha especie de carrumba.

Aliméntanse principalmente de peixe, que atrapan mergullándose. Son grandes mergulladoras, desprazándose a grandes distancias baixo a auga.

Hai catro especies coñecidas:

Existe unha subespecie do movella ártica (Gavia arctica), chamada movella do Pacífico (Gavia arctica pacifica), que é considerada coma especie por algúns autores.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para movella.
  2. "Dicionario de dicionarios Corpus lexicográfico da lingua galega". Consultado o 20-1-2017.