Joel Asaph Allen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de xullo de 1838 Springfield, Massachusetts |
| Morte | 29 de agosto de 1921 Nova York |
| Lugar de sepultura | Woodlawn Cemetery (en) |
| Residencia | Estados Unidos de América |
| País de nacionalidade | estadounidense |
| Educación | Universidade Harvard |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Zooloxía e ornitoloxía |
| Ocupación | zoólogo |
| Empregador | Museo Americano de Historia Natural, conservador (1885–) Museum of Comparative Zoology (en) |
| Membro de | |
| Profesores | Louis Agassiz |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Allen |
| Arquivos en | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, The Biographical Dictionary of America (en) |

Joel Asaph Allen, nado o 19 de xullo de 1838 en Springfield, Massachusetts, e finado o 29 de agosto de 1921 en Nova York, foi un zoólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Allen estudou na Universidade Harvard baixo a dirección de Louis Agassiz. Participou nunha expedición ao Brasil e en varias outras polo interior dos Estados Unidos.
En 1873 estivo á fronte dos naturalistas da expedición da North Pacific Railroad desde Bismarck, Dakota do Norte, a Yellowstone para a Smithsonian Institution.[1]
En 1877 postulou a regra de Allen, que o fixo famoso en bioloxía.
Allen foi o primeiro conservador de aves e mamíferos do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History), de 1885 en adiante e, posteriormente, foi o primeiro director do seu Departamento de Ornitoloxía.
En 1886 foi un dos primeiros en incorporarse á Audubon Society, de Nova York.
Ademais tamén foi membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Mammals and Winter Birds of Eastern Florida, 1871
- The American Bisons, 1876
- Monographs of North American Rodentia (con Elliott Coues), 1877
- History of North American Pinnipedia, 1880
- Mammals of Patagonia, 1905
- The Influence of Physical Conditions in the Genesis of Species, 1905
- Ontogenetic and Other Variations in Musk-Oxen, 1913
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura J. A. Allen emprégase para recoñeer a Joel Asaph Allen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Allen, Joel Asaph". En: Ilse Jahn (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiographien. Hamburgo: Nikol VG Spektrum. ISBN 3-9378-7201-9.