Gammaproteobacterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gammaproteobacteria
Vibrio cholerae
Vibrio cholerae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Ordes

As gammaproteobacterias ou Gammaproteobacteria (ás veces escrito gamma-proteobacterias ou proteobacterias gamma) son un grupo de bacterias Gram-negativas considerado unha clase dentro do filo Proteobacteria. Comprende bacterias importantes desde o punto de vista médico, ecolóxico e científico, como as Enterobacteriaceae (Escherichia coli), Vibrionaceae e Pseudomonadaceae. Un gran número de patóxenos importantes pertencen a esta clase, como por exemplo, Salmonella (enterites e tifo), Yersinia (peste bubónica), Vibrio (cólera), Pseudomonas aeruginosa (infeccións pulmonares hospitalarias ou que afectan a pacientes de fibrose quística), e Klebsiella pneumoniae responsable de causar pneumonías. Tamén comprende un xénero que leva o nome de Galicia, Gallaecimonas.

Membros do xénero Chromatium son fotosintéticos e utilizan o sulfuro de hidróxeno en troques da auga na súa fotosíntese, expulsando xofre. Algunhas Gammaproteobacteria oxidan metano, e moitas delas viven en simbiose con animais que habitan chemineas oceánicas xeotérmicas. [1]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

As gammaproteobacterias son parafiléticas das betaproteobacterias por culpa de que inclúen o xénero Acidithiobacillus (ver Proteobacteria).

Móstrase a filoxenia das Gammaproteobacteria segundo a Filoxenia de gammaproteobacterias de K.P. Williams et al. [2] Non todas as ordes son monofiléticas (as ordes terminan en -ales). Para as Pseudomonadales, Oceanospirillales e Alteromonadales móstranse as familias (terminación -aceae) e xéneros. Noutras ordes só se indica un xénero.


Acidithiobacillus




Betaproteobacteria




Xanthomonadales




Chromatiales



Methylococcus



Begiatoa




Legionellales



RuthiaVesicomyosociusThiomicrospiraDichelobacterFrancisella





MoraxellaceaeAlcalinovorax




Saccharophagus, Reinekea




Oceanospirillaceae




Marinobacter



Pseudomonadaceae








PseudoalteromonadaceaeAlteromonasIdiomarinaceae




Shewanellaceae




Psychromonadaceae




Aeromonas




Vibrionales




Pasteurellales



Enterobacteriales













Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://comenius.susqu.edu/biol/202/EUBACTERIA/PROTEOBACTERIAE/gammaproteobacteria-frame.htm
  2. Williams KP, Gillespie JJ, Sobral BW, Nordberg EK, Snyder EE, Shallom JM, Dickerman AW. Phylogeny of gammaproteobacteria. J Bacteriol. 2010 May;192(9):2305-14. Epub 2010 Mar 5. PMID 20207755

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Gammaproteobacteria [4]