Galicia mártir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia mártir é o título do primeiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1937, no seu labor na defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia.

Características[editar | editar a fonte]

O álbum foi editado en Valencia en febreiro de 1937 polo Ministerio de Propaganda da República, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, en francés e en inglés. Foi reeditado por Akal en 1976, nun facsímile que popularizou o álbum en España.

Está dedicado Aos galegos que andan pol-o mundo e o propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:

Estas estampas, arrincadas da miña propria door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]