A derradeira leición do mestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A derradeira lección do mestre»)

A derradeira leición do mestre
ArtistaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
Data1945
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións200 cm × 136 cm
LocalizaciónCentro Galicia (Buenos Aires)

A derradeira leición do mestre[1] é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.[2]

O 2 de outubro de 2018 a pintura chegou a Galicia por vez primeira co gallo da exposición Castelao maxistral da Cidade da Cultura de Galicia, que foi aberta ó público o 5 de outubro.[3] O cadro estivo en exposición en Galicia, xunto con outras 92 pezas de Castelao, até o 3 de marzo de 2019.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]