Friúl-Venecia Xulia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Friuli-Venezia Giulia")
Friúl-Venecia Xulia
Friuli-Venezia Giulia
Friaul-Julisch Venetien
Furlanija-Julijska krajina
Friûl-Vignesie Julie
Friul-Venèthia Jułia
Bandeira de Friúl-Venecia Xulia Escudo de Friúl-Venecia Xulia
Bandeira Escudo
 
Friuli-Venezia Giulia in Italy.svg
 
Estado Italia Italia
Capital
 • Poboación
Trieste
205.374 (2009)
Linguas
 • Oficiais
Italiano, alemán, esloveno, friulano, véneto
Italiano
Estatus
 • Presidente
Rexións de Italia
Renzo Tondo

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 17º
7.856 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 15º
1.229.992
156,6 hab./km²
Xentilicio Friulano
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .it
Código ISO
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Italia

Friúl-Venecia Xulia (en italiano: Friuli-Venezia Giulia, en friulano: Friûl-Vignesie Julie, en alemán: Friaul-Julisch Venetien, en esloveno: Furlanija-Julijska krajina, en véneto: Friul-Venèthia Jułia) é unha das vinte rexións que compoñen Italia, sendo a súa capital Trieste. Esta composta por catro provincias: Gorizia, Pordenone, Trieste e Udine. Limita ao leste con Eslovenia, ao norte con Austria, ao oeste co Véneto e ao sur está bañada polo mar Adriático.

Trátase dunha rexión autónoma con estatuto especial, formada polo Friúl (que abrangue aproximadamente o 90% do territorio, con capital histórica en Udine) e pola Venecia-Xulia, que permanece en territorio italiano dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Porén, aínda non se pode establecer unha fronteira precisa entre estas dúas zonas; mentres que para algún a fronteira estaría delimitada polo río Timavo (fronteiras do Friuli histórico), para outros, sobre todo habitantes da marxe esquerda do río Isonzo, a fronteira sería este último río.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Friúl-Venecia Xulia é a rexión máis nororiental de Italia. Cunha área de 7.856 km² é a quinta rexión máis pequena do país. Limita con Austria ao norte e Eslovenia ao leste, sendo ademais bañada ao sur polo Mar Adriático. A pesar da súa dimensión relativamente pequena, a rexión conta cunha gran variedade de climas e paisaxes (así como das culturas e tradicións). O 42,5% da súa superficie está formada por montañas, o 19,3% por outeiros e o restante 38,2% polas chairas situadas nas zonas central e costeira.

Morfoloxicamente a rexión pódense dividir en catro áreas principais:

  • A área montañosa do norte. Esta parte da rexión inclúe Carnia e a sección final da Alpes (Alpes Cárnicos e Alpes Xulianos), dos cales os máis altos picos superan os 2.700 m sobre o nivel do mar (Jof dei Montasio 2.754 m). As súas paisaxes caracterízanse por grandes bosques de piñeiros e pastos, lagos de montaña (por exemplo o Sauri ou o Barcis) e numerosos arroios e pequenos ríos que descenden das montañas. A zona é tamén coñecida polos seus destinos turísticos, especialmente durante a tempada de inverno.
  • A zona de outeiros, situada ao sur das montañas xa o longo da sección central da fronteira con Eslovenia. O principal produto da agricultura nesta zona é sen dúbida o viño, cuxa calidade, especialmente o branco, é coñecida en todo o mundo.
  • A chaira central e superior caracterízanse por chans pobres, áridos e permeables que, con todo, foron transformados en fértiles cun extenso sistema de rego e a adopción de novas técnicas de agricultura intensiva.
  • A zona costeira pódese dividir en dúas seccións separadas pola desembocadura do río Isonzo. Ao oeste a costa é areosa, con numerosos centros turísticos e as lagoas de Grao e Marano Lagunare, ao leste a costa convértese en alta e rochosa até chegar a Trieste e Muggia. Ao longo desta parte da costa atópase a meseta de Carso.
Lago Volaia.

A rexión de Friuli-Venezia Giulia ten un clima tépedo, con todo, debido á diversidade do seu territorio, varía considerablemente dunha zona a outra. Protexida polos Alpes no lado norte, a rexión está exposta a masas de aire procedentes de Oriente e Occidente. A rexión tamén está aberta aos ventos do mar (siroco), traendo consigo fortes choivas. Ao longo da costa o clima é suave e agradable, mais vólvese máis continental na zona de montaña, onde, nalgúns lugares, pódense atopar as temperaturas máis frías de inverno en Italia. A meseta do Kras tamén ten o seu propio o clima, influenciado, principalmente durante o outono e o inverno, polas masas de aire frío provenientes do Norte-Este. Estas xeran unha característica moi especial do clima local: o vento de nordeste (coñecido como Bora), que sopra sobre o Golfo de Trieste de cando en vez con refachos cunhas velocidades superiores a 150 km/h.

Historia[editar | editar a fonte]

Friúl-Venecia Xulia é unha rexión creada sobre un taboleiro nos anos da posguerra, despois do definitivo retorno de Trieste a Italia. O 10 de febreiro de 1947 firmouse en París o Tratado de Paz entre Italia e as potencias aliadas.

O 15 de setembro de 1947 constitúese o TLT (Territorio Libre de Trieste, en italiano: Territorio Libero di Trieste), que comprendía os territorios de Trieste e Capodistria. Isto estaba destinado a ser un novo Estado baixo o directo control do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Este proxecto foi botado abaixo por Italia e Iugoslavia e nunca chegou a materializarse.

O 26 de outubro de 1954 a zona A (territorio de Trieste) do TLT retornará a Italia e a zona B (Capodistria) permanecerá en Iugoslavia. O Estado italiano decide, en 1963, unir a parte do TLT asignada a Italia ao Friuli, dando unha certa autonomía á nova rexión, en parte porque se encontraba próxima á celebre cortina de ferro ou telón de aceiro. A unión de territorios con poboacións moi diversas por historia, cultura e tradicións causou friccións internas e reivindicacións, que teñen a súa máxima expresión na rivalidade entre Udine e Trieste.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Friúl-Venecia Xulia é unhas das máis desenvolvidas do estado. O núcleo da súa economía está baseada en pequenas e medianas empresas (o chamado Modelo do nordeste), en agricultura especializada e en turismo de alta calidade. A agricultura mantén unha función esencial na economía da rexión e empregado en 2001 ao redor de 95.000 persoas. Os seus produtos de calidade altos son exportados non só dentro do estado ou Europa, senón mundialmente debido a súa famosa calidade, destacando viños,especialmente brancos e xamón curado.

Porto de Trieste

Como se mencionou anteriormente, a economía da rexión baséase nun amplo mosaico de pequenas e medianas empresas, de particular importancia son o catro distritos industriais onde se concentra un gran número desas empresas moi especializadas. Estes distritos están ao redor das localidades de Manzano (cadeiras), San Daniele del Friuli (xamón curado), Maniago (coitelos) e Brugnera (mobles). Un número de grandes empresas tamén están presentes na rexión tanto na industria e os servizos. Algunhas destas empresas son líderes mundiais nos seus sectores pertinentes, como por exemplo Fincantieri (con sede en Trieste e en Monfalcone), que é a compañía para a construción de buques de cruceiro máis grande do mundo, Zanussi-Electrolux (Pordenone) líder en produción de aparellos eléctricos e Assicurazioni Generali en Trieste, unha das compañías de seguros máis importantes no mundo.

No sector dos servizos, a cidade de Trieste desempeña un papel preponderante (turismo que se estende en consecuencia sobre o resto de capitais provinciais). Destacar ademais que o porto de Trieste, é hoxe o centro máis importante de todo o mundo para o comercio de café, desempeñando un papel crave estratéxico no comercio co norte e o leste de Europa.

Administración e política[editar | editar a fonte]

Goberno[editar | editar a fonte]

Provincias de Friúl-Venecia Xulia

A capital de Friuli-Venezia Giulia é Trieste. A rexión está divida en catro provincias: Gorizia, Pordenone, Trieste e Udine.

A política da rexión ten lugar nun marco dunha democracia representativa presidencial, mediante o cal o Presidente do Goberno Rexional é o xefe de goberno, e dun multi-pluriforme sistema de partidos. O poder executivo é exercido polo Goberno Rexional. O poder lexislativo reside no goberno e o Consello Rexional.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

A rexión está dividida en catro provincias autónomas e 218 concellos. Das catro provincias a de Udine, á vez que a máis extensa. En canto á densidade de poboación destaca con moita diferencia a provincia de Trieste, con todo a densidade da rexión é inferior, aínda que moi semellante á media italiana.

Provincia Area (km²) Poboación Densidade
Provincia de Gorizia 466 142.392 305,5
Provincia de Pordenone 2.273 311.931 137,2
Provincia de Trieste 212 236.445 1.115,3
Provincia de Udine 4.905 539.224 109,9

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

Sinal bilingüe en italiano e friulano
Graffiti coa inscrición Friuli Ceibe en friulano
Artigo principal: Lingua friulana.

Ademais do italiano, o friulano fálase na maioría da rexión, con algunhas excepcións, sobre todo Trieste, onde se falan ademais o esloveno e o alemá.

A lingua eslovena fálase en toda a provincia de Trieste, así como na parte oriental da provincia de Gorizia. Nestas dúas provincias, o esloveno ten un status de cooficialidade en varios municipios, e a educación pública en esloveno leva en funcionamento dende o final da Segunda Guerra Mundial. Na provincia de Udine, fálanse dialectos eslovenos na zona coñecida como a Venecia Eslovena, que comprende o val de Resia e os vales altos dos ríos Torre e Natisone, onde moitos vilas teñen nomes italianos e eslovenos. Unha pequena comunidade eslovena de Carintia tamén existe no Val Canale, na fronteira con Austria, sobre todo nos municipios de Malborghetto Valbruna e Tarvisio. Na provincia de Udine, o esloveno só foi recoñecido oficialmente como unha lingua minoritaria dende 2001 e hai poucas escolas bilingües públicas, situadas principalmente na zona sur, preto da provincia de Gorizia. O número total de eslovenos na rexión estímase en 61.000.

O número de falantes nativos de alemán en Friuli-Venezia Giulia, estímase en ao redor de 2.000. Viven no Val Canale (municipios de Tarvisio, Malborghetto Valbruna e Pontebba), que se atopa xunto a Austria, e no municipio de Sauri e a fracción de Timau (Tischlbong na lingua xermánica local), que cada forma un enclave idioma.

Ademais na rexión tamén se fala a lingua véneta, sobre todo na provincia de Trieste, na parte oriental da de Gorizia e na parte occidental de Pordenone. Os dialectos vénetos estaban moi estendidos dentro da burguesía urbana das cidades de Gorizia, Udine e Palmanova, mais a partir da Segunda Guerra Mundial practicamente desapareceron en Udine e Palmanova, aínda que en Gorizia aínda presentan unha certa vitalidade.

Placa en tódolos idiomas rexionais no Consello Rexional en Trieste

En resumo a distribución de falantes axustase ao seguinte:

Lingua [1] Porcentaxe
Italiano 53,5%
Friulano 43 %
Esloveno 4,7 %
Alemán 0,4 %

A distribución por provincias sería a seguinte:

Provincia Italiano Friulano Esloveno
Pordenone 53,8 % 37 % 2,5 %
Udine 21,7% 74,9% 3,3%
Gorizia 70,3 % 24,6% 7,4%
Trieste 91 % 1,7 % 7,1 %

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Entre os persoeiros que tiveron a o seu berce na rexión pódemos destacar a:

Notas[editar | editar a fonte]