Provincia de Trieste
| Pokrajina Trst (sl) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión con estatuto especial | Friuli-Venezia Giulia | ||||
| Capital | Trieste | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 240.000 | ||||
| Lingua usada | lingua eslovena lingua véneta | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 211,82 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 1920 | ||||
| Disolución | 30 de setembro de 2017 | ||||
| Sucedido por | UTI Giuliana (en) | ||||
| Organización política | |||||
| • President of the Province of Trieste (en) | Maria Teresa Bassa Poropat | ||||
| Órgano lexislativo | Provincial Council of Trieste (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 34121-34151 (Trieste), 34010-34011, 34015-34016, 34018 (provincia) | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 040 | ||||
| ISO 3166-2 | IT-TS | ||||
| Código NUTS | ITH44 | ||||
| Identificador ISTAT | 032 | ||||
| Sitio web | provincia.trieste.it… | ||||
Trieste (en esloveno Tržaška) é unha provincia da rexión do Friúl-Venecia Xulia, en Italia. A súa capital é a cidade de Trieste.
Ten unha área de 212 km2, (a máis pequena das provincias de Italia) e unha poboación total de 240.000 habitantes (2001). Hai 6 municipios na provincia.
Historia
[editar | editar a fonte]O territorio corresponde a un hínterland de Trieste, que formou parte do Imperio Austrohúngaro e despois da primeira guerra mundial, foi posta baixo administración italiana. Foi capital do Estado libre de Trieste, creado polo tratado de paz de París de 1947, e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo Reino Unido, Francia e os EUA, na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por Iugoslavia. O tratado de Londres de 1954 puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En 1975 Italia e Iugoslavia asinaron preto de Osimo un tratado que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.
Linguas
[editar | editar a fonte]O italiano, lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o triestino, un dialecto veneciano, en Trieste e en Muggia falouse o tergestino, un dialecto arcaico do friulano pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o esloveno [1] que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia[2]. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto cársico nos concellos de Duino-Aurisina e Sgonico e nas localidades de Barcola, Prosecco e Contovello que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de Carniola Interior fálase no concello de Monrupino e nas localidades de Opicina, Trebiciano, Padriciano e Basovizza do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de San Dorligo della Valle na zona rural de Muggia e no sueste do concello de Trieste, especialmente en Servola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Slovenian in Italy". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2006. Consultado o 08 de xullo de 2006.
- ↑ "Decreto del Presidente della Repubblica 12 settembre 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2013.
