Saltar ao contido

Western Union (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Western Union
 Título
Western Union Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Inspirado na obra de
Publicación
 Data de publicación
21 de febreiro de 1941 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
75% Rotten Tomatoes (8 de novembro de 2024)
6.6/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 36 minutos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0000-63FE-0000-B-0000-0000-4 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0034384 Filmaffinity: 474757 Allocine: 57620 Rottentomatoes: m/western_union Allmovie: v53913 TCM: 95377 TV.com: movies/western-union Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Western Union é unha película estadounidense, do xénero western, producida en 1941 pola 20th Century Fox e dirixida por Fritz Lang, que foi estreada en España co título Espíritu de conquista. O guión é de Robert Carson, que adaptou unha novela de Zane Grey. O seu elenco integrábano Robert Young, Randolph Scott, Dean Jagger, Virginia Gilmore e John Carradine, entre outros.

En 1861, o ladrón Vance Shaw, que está en fuga polo deserto, encontra un home ferido. Axúdao a conseguir asistencia e despois foxe co cabalo do ferido.

Algún tempo despois Vance, que está tratando de escapar do seu pasado de fóra da lei, busca traballo na compañía de telégrafos Western Union, que estaba construíndo unha liña para conectar as cidades de Omaha e Salt Lake City. Alí descobre que o home ao que axudara (e ao que lle roubara o cabalo), Edward Creighton, é o responsábel da contratación de empregados. Creighton recoñéceo e resolve darlle unha oportunidade a Vance para que este mostre que está verdadeiramente rexenerado. Máis tarde Vance coñece a irmá de Creighton, Sue, da que se enamora.

Edward planifica o traballo, que consiste en colocar os postes e os fíos polas grandes planicies norteamericanas. Nese momento aparece Richard Blake, un mozo fillo dun dos donos da compañía, que tamén se interesa por Sue, provocando a antipatía de Vance. Iniciado o traballo, Edward leva os seus homes, incluídos Blake e Vance, ao territorio salvaxe, enfrontando a indios e pistoleiros. Estes últimos fan que Edward e Blake desconfíen de Vance, que non di que eran da súa antiga cuadrilla.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bogdanovich, Peter (1972): Fritz Lang en América. Madrid: Fundamentos. (Reed. 1984), páxs. 40-45. ISBN 84-245-0013-X
  • Casas, Quim (1991): Fritz Lang. Madrid: Cátedra, páxs. 147-150. ISBN 84-376-1024-9

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]