Frisinga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFrisinga
Freising (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°24′10″N 11°44′56″L / 48.4028, 11.7489Coordenadas: 48°24′10″N 11°44′56″L / 48.4028, 11.7489
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
RegierungsbezirkAlta Baviera
Rural district of Bavaria (en) TraducirFreising (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Freising (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación49.339 (2022) Editar o valor em Wikidata (556,94 hab./km²)
Número de fogares21.917 (2011) Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo, Protestantismo, luteranismo e Igreja Ortodoxa Grega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie88,59 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Isar e Moosach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude448 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Kirchdorf an der Amper (pt) Traducir
Marzling
Neufahrn (pt) Traducir
Kranzberg
Zolling
Hallbergmoos
Freising (pt) Traducir (1862–1940)
Freising (pt) Traducir (1946–1972) Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Lord Mayor of Freising (en) Traducir Editar o valor em WikidataTobias Eschenbacher (2012–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal85354 e 85356 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico08161 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña091780124124 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán09178124 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webfreising.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: Freising.de Instagram: stadt.freising Editar o valor em Wikidata

Frisinga, en alemán Freising, do latín Frisinga,[1] é unha cidade da Alta Baviera situada a uns 30 km ao norte da capital do estado libre de Baviera, Múnic, en Alemaña, á beiras do río Isar, a tan só 10 km do aeroporto de Múnic.

Ten unha superficie de 88,61 km², unha altitude media de 448 msnm e unha poboación total de 49 126 habitantes en 2020.

Frisnga é a cidade máis antiga situada entre Ratisbona e Bolzano, e está dominada por dous outeiros, o outeiro da catedral, co castelo do bispo e a catedral de Frisinga, e o outeiro Weihenstephan, coa abadía de Weihenstephan e a súa famosa fábrica de cervexa.

Frisinga é unha das cidades con menor índice de paro de Alemaña, debido ao gran número de persoas da cidade que traballan no aeroporto de Múnic.

Frisinga é tamén a sede da cervexaría máis antiga do mundo,[2] fundada no ano 1040 polos monxes beneditinos co nome de Bayerische Staatsbrauerei Weihenstephan. Ademais, foi nesta mesma cidade onde o duque Guillerme IV de Baviera ditou en 1516 a Lei de pureza da cervexa, na que se prohibía aos cervexeiros empregar outros ingredientes que non fosen cebada, lúpulo e auga na produción de cervexa.

Outro personaxe importante da cidade foi o seu bispo Otón de Frisinga, que pontificou de 1138 a 1158, e que durante a época da Querela das Investiduras entrou en conflito coa familia Wittelsbach, pero debido á súa relación co emperador do Sacro Imperio, mediou con éxito nas disputas entre os Hohenstaufen e os güelfos.

Por outra parte, Frisinga foi tamén o primeiro lugar no que se rexistrou un tornado en Europa.in 788.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Descubrimentos arqueolóxicos demostraron que a zona se poboou na Idade de Bronce, aínda que non se atoparon probas que suxiren un asentamento continuo até o século VIII d.C., Frigisinga. Corbiniano de Frisinga, San Corbiniano (ca. 670 - ca. 730) un bispo franco, foi un evanxelizador dos bávaros. Corbiniano foi enviado ao territorio gobernado polo duque franco de Baviera Grimaldo I.[5] Corbiniano probabelmente chegou á daquela capital do Ducado de Baviera, Frisinga, instalándose nun santuario que xa existía alí en 724,[6] onde erixiu unha escola e un mosteiro beneditino, que chegou a ser dirixido polo seu irmán Eremberto, despois da súa morte. Foi o precursor da diocese de Frisinga. O 20 de novembro, conmemorando o traslado da súas reliquias de Merano (Italia) a Frisinga celébrase alí unha gran procesión protagonizada sobre todo por mozos.[7] En 738, cando Bonifacio de Maguncia (San Bonifacio) regulou a estrutura eclesiástica do Ducado de Baviera, mediante a creación de catro dioceses sufragáneas do arcebispado de Maguncia (entre elas o bispado de Frisinga), Eremberto foi elixido primeiro bispo de Frisinga.

Segundo a súa Vita, redatada polo bispo Arbeo de Frisinga, ordenou a un oso que levase a súa equipaxe a través dos Alpes despois de que matara ao seu cabalo. O oso enselado segue sendo o símbolo da cidade, amosado no se escudo de armas. Aínda que a sede da diocese foi trasladada a Múnic en 1821, incluída a elevación a arquidiocese, Freising permaneceu até hoxe como sede da administración da diocese.

Entre 764 e 783, o bispo Arbeo fundou unha biblioteca e un scriptorium na abadía. O asentamento comezou a converterse nun centro relixioso. Dise que os restos mortais do papa Alexandre I foron trasladados a Frisinga en 834.

En 996, Frisinga recibiu ss dereitos como cidade do emperador so Sacro Imperio Otón III. Porén, despois da «... destrución da ponte episcopal, a alfándega, a ceca e as salinas preto de Oberföhring polo duque Henrique o León, que trasladou as casas da alfándega e o lugar da ponte á parte alta de Oberföhring, colocándoas na localidade de Múnic nas beiras do Isar»,[8] en 1158, Frisinga comezou a perder a súa importancia económica. En 1159 construíuse a catedral románica (cunha notábel columna de animais na cripta).

Durante a mediatización e secularización dos territorios soberanos pertencentes a bispados, abadías e ordes relixiosas, proceso que aconteceu en Alemaña entre 1795 e 1814, un período marcado polo final da Revolución francesa, o nacemento e a desaparición do Primeiro Imperio francés e pola subseguinte descomposición (causada poa vitoria deste sobre Austria) do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tivo como consecuencia a creación e desaparición do seu estado substituto, monicreque de Napoleón Bonaparte, a Confederación do Rin.[9][10]

Como consecuencia, en 1803, a Igrexa católica perdeu a maioría das súas propiedades e a autoridade na cidade. Nese ano a comunidade relixiosa de Weihenstephan deixou de existir, e pasou todos os seus dereitos, capitais e propiedades ao Reino de Baviera.

Este transformou a cervexaría de Weihenstephan na "Real Cervecexaría Bávara de Weihenstephan" e nun "Instituto de Agricultura". A cervexaría transformouse nunha escola para cerveceiros en 1919 e, na actualidade, é a "Facultade Cerveceira, de Alimentos e Lácteos da Universidade de Múnic".

Por ouro lado cómpre sinalar que, desde 1946 até 1951, o futuro papa Bieito XVI estudou Teoloxía católica e Filosofía na Universidade de Teoloxía e Filosofía de Frisinga.

Educación[editar | editar a fonte]

En Frisinga están os seguintes centros educativos:

Educación secundaria[editar | editar a fonte]

  • Camerloher-Gymnasium Freising
  • Dom-Gymnasium Freising
  • Josef-Hofmiller-Gymnasium

Edicación universitaria[editar | editar a fonte]

  • Hochschule Weihenstephan-Triesdorf
  • TU-München Weihenstephan

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Frisinga está irmandada con:[11]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arcidiocesi di Monaco e Frisinga (italiano), Archidioecesis Monacensis et Frisingensis (latín), no Dicionario italiano-latín en liña.
  2. "Catholic.net - Weihenstephan, a cervexaría máis antiga do mundo". Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  3. Dr. R. Hennig, Katalog bemerkenswerter Witterungsereignisse. Berlin 1904; Originalquellen: Aventinus (Turmair), Johannes (gest. 1534): Annales Boiorum. Mit Nachtrag. Leipzig 1710; Annales Fuldenses, Chronik des Klosters Fulda. Bei Marquard Freher: Germanicarum rerum scriptores ua Frankfurt aM 1600–1611)
  4. "Tornadoliste Deutschland". Lista meteorolóxica alemá de tornados documentados[Ligazón morta].
  5. Rabenstein, Katherine. "Corbinian of Freising B (RM)". Santo del día(8 de setembro). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 4 de fefreiro de 2021. 
  6. "Freising". Encyclopædia Britannica. 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  7. Jones, Terry. "Saint Corbinian". Patron Saints Index. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  8. Lins, Joseph (1913). "Munich-Freising". Catholic Encyclopedia. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  9. Whaley, J. (2011): Germany and the Holy Roman Empire (1493–1806). Volune I. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1996-8882-1.
  10. John G. Gagliardo (1991): Germany Under the Old Regime, 1600–1790. Harlow, UK: Longman Publishing Group. ISBN 978-0-5824-9106-9.
  11. "Partnerstädte". partnerschaftsverein-freising.de (en alemán). Partnerschaftsverein Freising. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hubert Glaser, ed. (2002): Freising wird bairisch. Regensburg: Schnell & Steiner. ISBN 3-7954-1506-3.
  • Sigmund Benker & Marianne Baumann-Engels (1989): Freising. 1250 Jahre geistliche Stadt, 739-1989. Ausstellung zum Bistumsjubiläum im Diözesanmuseum Freising. Katalog und Schriften. München: Wewel. ISBN 3-879-04162-8.
  • Peter Hacker (2002): Freising Was die Stadt im 20. Jahrhundert bewegte. Passau: Stutz. ISBN 3-8884-9111-8.
  • Joachim Hamberger, ed. (2007): Papst Benedikt XVI. in Freising. Freising: Freisinger Verlag. ISBN 978-3-0002-1226-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]