Fredric Jameson
Fredric Jameson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de abril de 1934 |
Lugar de nacemento | Cleveland |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Alma máter | Haverford College, Universidade Yale e Moorestown Friends School |
Ocupación | ensaísta, politicólogo, escritor, catedrático, crítico literario, sociólogo, xornalista, editor literario, político, filósofo, teórico literario e mestre |
Coñecido por | Raymond Chandler |
Premios | Prêmio Comemorativo Internacional Holberg, Pilgrim Award, Wilbur Cross Medal e Bolsa de estudos Guggenheim |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fredric Jameson, nado en Cleveland (Ohio) o 14 de abril de 1934, é un crítico e teórico literario de ideoloxía marxista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de licenciarse no Haverford College en 1954, trasladouse a Europa por un breve período, estudou en Aix en Provence, Múnic e Berlín, onde se puxo ao tanto das últimas tendencias en filosofía continental, incluído o estructuralismo. Ao ano seguinte, volveu aos Estados Unidos para facer o doutoramento na Universidade de Yale, baixo a dirección de Erich Auerbach.
Obtivo recoñecemento pola súa análise das tendencias da cultura contemporánea, especialmente despois de publicar o libro Postmodernism, or the cultural logic of late capitalism ('O posmodernismo ou a lóxica cultural do tardocapitalismo', Durham: Universidade de Duke, 1991). Jameson considera o posmodernismo como a claudicación de cultura contra a presión do capitalismo organizado, pensamento que vencella coa súa teoría da posmodernidade.
Notas[editar | editar a fonte]
- Rubín, A. (2011): Entre posmodernidade e utopía. Unha introdución ao pensamento de Fredric Jameson. Santiago de Compostela: Estaleiro Editora.